A proposta de hoxe vai
dirixida ás CURTAMETRAXES ANIMADAS. Trátase
dun recurso excelente para que os cativos e cativas reflexionen sobre os
VALORES e a súa importancia.
Educar en valores non
soamente é transmitir bos modais, en todos os momentos, lugares e situacións;
tamén o é en ensinarlles a distinguir as boas das malas actitudes, é dicir,
desenvolver unha actitude crítica en determinadas situacións.
Para desfrutar destes
momentos na casa, seleccionamos unha serie de curtametraxes.
·
The Present. Hai regalos cariñosos e
inesperados que son capaces de facernos aceptar con cariño. Permite reflexionar
sobre a capacidade de superación, a AUTOACEPTACIÓN e o respecto aos
demais.
·
El cazo de Lorenzo. Unha curtametraxe sobre
o libro de Isabelle Carrier. Con Lorenzo aprenderemos a superar as dificultades
do día a día.
·
Cuerdas. Unha
historia dunha bonita amizade e a importancia da CONVIVENCIA en idades temperás.
·
El viaje de María. Unha
viaxe ao mundo interior dunha adolescente con autismo. Contado polos seus pais,
que ven como a súa filla se comporta dunha maneira especial.
·
La oveja esquilada. A
verdadeira beleza reside no interior das persoas e non na aparencia e nas
posesións.
·
The easy life (A vida fácil): invita a reflexionar sobre a importancia do
ESFORZO na vida para poder aprender, madurar e superarse.
·
For the birds: Trata
o tema da exclusión e a discriminación.
·
Piper: unha
curtametraxe dirixida para os máis pequenos, para axudarlles a vencer as
adversidades e SUPERAR OS MEDOS.
E... Por cuatro esquinitas de nada, neste caso trátase dunha montaxe audiovisual
para os de infantil, do conto de Jérôme Ruillier. Este ensínanos valores
importantes como a solidariedade, a busca de solucións, a aceptación, a
integración e o TRABALLO EN EQUIPO. Cadradiño non pode entrar na casa cos seus amigos
Redondiños. Cómo tratan de resolver entre todos este problema?
Despois desta proposta,
FAMILIAS non esquezades que para aproveitar ao máximo o poder educativo destas
curtametraxes, é importante que os NENOS e NENAS os COMPRENDAN. Polo que, despois de velos poden compartir as súas
impresións, que reflexionen sobre os comportamentos dos protagonistas.
Dende Orientación propoñemos? Despois
de pasar uns minutos de aprendizaxe coa curtametraxe que elixiron, que pensen
que podían haber feito os protagonistas. A clave está: BUSCAMOS OUTRO FINAL? Debater entre os irmáns,
tamén é outra opción.
E para despedirnos,
propoñémosvos un segundo reto:
E... como non unha
REFLEXIÓN:
“O segredo, querida Alicia, é rodearse de persoas que che fagan
sorrir o corazón. É entonces e só entonces que estarás no País das Maravillas”
Alicia no País das Maravillas
Ningún comentario:
Publicar un comentario