Estes días atopámonos nunha situación nova e
diferente para os nosos cativos e cativas. Non ir ao colexio, non facer as
rutinas de todos os días pode nalgúns casos ver alterada a convivencia.
Por iso, propoñemos algunhas recomendacións para
levar do mellor modo esta situación:
--Os nenos e nenas teñen que
saber o que pasa. Para iso:
Xestionar a información: evitar
escoitar todo o día noticias sobre o Coronavirus. Non é necesario ter a
televisión todo o día. Ollo! As fontes que manexemos, que sexan oficiais.
Escoitar as opinións dos
nenos e nenas da casa, as súas preocupacións e darlles respostas PERO SEN
ALARMALOS. NÓS SOMOS OS QUE TEMOS QUE DARLLES PROTECCIÓN E SEGURIDADE.
--Manter viva a comunicación é
esencial para a CONVIVENCIA:
-favorecerase a flexibilidade e a escoita activa.
-non comunicarse de maneira agresiva.
-respectaremos os silencios.
-evitaremos as comparacións.
--Organizar o espazo todos/as
xuntos:
Con esta nova situación é necesario planificar e
xestionar os tempos para non desencadear situacións conflitivas. Para iso:
--Planificar as
tarefas do día:
...A que hora nos imos levar?
...Horario de aseo persoal
...A que hora realizaremos as tarefas da
clase?
...Realizar as tarefas da casa. OS CATIVOS E CATIVAS TAMÉN PODEN
AXUDAR!
...Tempo de ocio e descanso, que pode ser en familia con xogos de mesa, puzzles
de 1000 pezas que estaban sen acabar, películas en familia, escoitar música,
bailar (por que non inventamos unha coreografía?)...
...NON esquecer o EXERCICIO FÍSICO (na casa): Todos/as xuntos pode
ser moi divertido.
“A CREATIVIDADE É A INTELIXENCIA DIVERTÍNDOSE”
(Albert. Einstein)
--XESTIONAR OS ESPAZOS DA CASA
Ao pasar moito máis tempo xuntos/a nun mesmo espazo
é aconsellable respectar as costumes dos que conviven na mesma, os seus
horarios e os seus ESPAZOS. Será recomendable que cada un respecte o espazo
privado de cada membro, que servirá para desconectar cando nos sintamos
irritados. É necesario respectar este refuxio.
As NOVAS TECNOLOXÍAS
vannos ser moi útiles para manternos conectados cos nosos familiares,
amigos/as...Aínda así, é importante non caer en realizar tarefas pouco
enriquecedoras e estar conectado/a continuamente: as redes sociais, aos
videoxogos, mensaxería...
Esperemos que estas recomendacións sexan de axuda e
para poñelas en práctica, deixámosvos unha proposta divertida: Arquivador personalizado de cartón que
podedes seguir neste enlace: https://youtu.be/R3uLTAzNXdE (ou ben en YOUTUBE:
“Archivadores personalizados de cartón. Ideas de reciclaje y manualidades con
cartón”)
Recordade, DESFRUTADE DO TEMPO EN FAMILIA porque:
O TEMPO
QUE SE DESFRUTA É O VERDADEIRO TEMPO VIVIDO (J. Bucay)
Ningún comentario:
Publicar un comentario