Continuamos traballando as
EMOCIÓNS e para estes días nos que estar na casa nalgún momento, “pode facerse algo
pesado” (permitídeme unha expresión coloquial). Propoñemos un exemplo de
exercicios de relaxación para TODAS AS IDADES, e traballando a INTELIXENCIA
EMOCIONAL, mediante o control emocional. Unha IDEA:
despois de realizar as tarefas da clase ou mesmo,
antes de ir para a cama.
Son varios os estudos que
demostran os BENEFICIOS da
relaxación. Entre eles destacamos:
-mellora a calidade do
sono.
-incrementa a memoria e a
concentración.
-favorece na intervención
de tics.
-diminúe o estrés muscular
e mental.
-lograr un estado de
tranquilidade e benestar físico e mental, despois de realizar unha actividade
física.
-mellora o autocontrol.
-reduce a ansiedade.
-aumenta a confianza nun
mesmo.
É esencial que o momento de relaxación vaia acompañado dunha
respiración pausada e controlada porque ao mesmo tempo, estamos desenvolvendo a
capacidade pulmonar e ter elasticidade nos músculos faciais. Importante isto
último, para pronunciar ben os sons.
Partirase dun ambiente
relaxado e empregarase un ton de voz pausado e doce. As sesións serán curtas
para que non haxa despistes.
A proposta dende
Orientación, está baseada nunha publicación de ADN Girona. Un Centro de intervención especializado nos Trastornos
do Espectro Autista (TEA) e outros trastornos do desenvolvemento.
Por último, propoñémosvos que
visitedes este enlace https://www.adngirona.com/es/extra/recursos/ens-quedem-a-casa/
no que contaredes con
ideas interesantísimas, como aprender a practicar IOGA, que tamén axuda a relaxarnos; e outras moitas actividades que
podedes incluír FAMILIAS, para ese horario.
Recordade, XOGANDO tamén APRENDEMOS E
RELAXÁNDONOS COMPLEMENTAMOS O APRENDIDO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario