30 de nov. de 2015

Sara Vieites Ferreiro

Unha princesa que nunca se rinde (preme aquí)
Al poco de nacer se le diagnosticó una parálisis cerebral de los miembros inferiores -Leucomalacia periventricular-. Siete años después a Sara Vieites Ferreiro (Cee, 2008) el deporte le ha cambiado radicalmente su vida. El pasado día 11 de abril tomó parte en su primera Carreira Popular. Fue en Carballo. Lo hizo en silla de ruedas con la ayuda de su padre. Recorrió 800 metros. La sonrisa y la emoción que vivió son indescriptibles.

20 de nov. de 2015

Cuestionarios convivencia

A consellería de educación está facendo unha recollida masiva de datos sobre convivencia escolar no marco do proxecto EduconvivesEstratexia galega sobre a convivencia escolar. Todos os sectores da comunidade educativa deben participar cubríndoa de forma anónima para recabar datos. Aquí colocamos as url para os alumnos e alumnas de educación obrigatoria, para os docentes e para as familias, que en cada caso recibiron unha clave de acceso por parte do equipo directivo do centro.
Prazo ata o 30 de novembro.
Nota: Non usar o navegador Chrome e co Mozilla a UAC invita a entender os riscos e aceptar conexión non segura.

18 de nov. de 2015

Parabéns para ti!

Parabéns para ti!  (pulsa)
Para facilitar que nenas e nenos, e tamén maiores, celebren e feliciten os aniversarios en galego, impulsouse desde Carballo a gravación dunha canción co seu correspondente videoclip. Trátase dunha proposta da Mesa pola Normalización Lingüística promovida conxuntamente co concello carballés a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, e que contou coa colaboración do Coro Vagalume.

28 de out. de 2015

A mensaxe do mar.

A mensaxe do mar
La Sexta noticias

Unha ducia de cativos da Costa da Morte veñen de descifrar, nunha tarde, a mensaxe que nos envía o mar. Unha mensaxe que nos chega en forma de milleiros de botellas de plástico que destrozan o noso entorno natural, o noso meirande tesouro.
Así o descubriron tras unha nova actividade da Asociación Galega de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar – Armega) coa colaboración da Plataforma Low Impact Fishers of Europe (Life). Unha iniciativa no marco dunha campaña medioambiental na que os rapaces costeiros son protagonistas dun vídeo no que transmiten a necesidade de actuar de inmediato ante a contaminación mariña. Mozos que piden unha maior implicación da sociedade civil e política na protección do medio mariño.

17 de out. de 2015

Homenaxe a d. Manuel Canosa

D. Manolo


Homenaxe de amigos e docentes a Manuel Canosa, director honorífico do Eugenio López de Cee


Medio centenar de profesores acompañárono o sábado nunha comida no Recreo
Carballo / La Voz, 19 de outubro de 2015. 



De Manuel Canosa din que era (e é) un home de paciencia infinita. O sábado ao mediodía recibiu o cariño dos seus compañeiros do colexio Eugenio López ceense, e tamén de excompañeiros e excompañeiras, algúns xa xubilados e chegados desde Alfoz ou A Coruña a propósito. Para estar con el. Manuel foi profesor e director do Eugenio López durante un cuarto de século ininterrompido e en todo ese tempo gañouse a pulso o respecto e a amizade dos demais. O que de que ten unha paciencia infinita dio Xosé Cañizo, docente que o relevou na dirección, tamén coa súa xa longa traxectoria no centro. Conta Cañizo que á comida celebrada ao amparo dos bos fogóns do restaurante O Recreo -onde Canosa tomaba o café todos os días, xa que está diante do colexio- acudiron medio centenar de docentes, «coma unha piña». E algún máis habería ir, de non ser por motivos de saúde. Manuel merécello.
«É alguén admirable e eu comprobeino ducias de veces, todos nos preguntamos de onde sacaba este home esa capacidade humana, sempre tratando de razoar, estando sempre aí cando alguén tiña algunha dificultade...», di Cañizo. Carmen López, outra compañeira, destacou del a capacidade conciliadora, o temple para pór orde aos problemas e achar unha solución. O actual director cre que esa actitude, sen buscar nunca un lugar destacado, xa lle vén de familia. «Aínda o comentabamos o sábado. Manuel vive para, por e case no colexio», chancea Xosé. Di que na comida o viu renovado porque, quixese ou non, a dirección xera preocupacións, «e Manolo sempre estaba». E segue estando, aínda que agora poida dedicar máis tempo a pescar ou ás súas afeccións. Si o chaman, Manuel contesta ao teléfono ou incluso aparece polo colexio. «É algo extraordinario», afirma Cañizo. Canosa ten 69 anos cumpridos e en setembro xa lle renderon outra homenaxe coincidindo co inicio de curso: nomeárono director honorífico do colexio. Estar á fronte dun centro require dedicación, asume agora Xosé, pero el séntese ben apoiado polo seu equipo, do que eloxia o traballo á fronte de moitos asuntos, como pode ser o comedor (nada menos que 300 nenos):María José Rodríguez Pérez é a xefa de estudos e Ana María Sánchez Castro, a secretaria. Saben, ademais, que Manuel, Manolo, sempre estará aí. Un bo mestre e amigo nunca deixa de selo.


Quixo a comunidade do CEIP Eugenio López de Cee brindarlle unha fermosa homenaxe ao seu director. Xubílase Manuel Canosa, e unhas 55 persoas, compañeiros actuais e antigos, quixeron celebrar unha comida en familia este pasado sábado 17 de outubro para agredecer os seus 25 anos de dedicación ao centro ceense.
“Foi un encontro donde tivo lugar un cúmulo de sentimientos e recordos de tódolos anos de servizo abnegado para co centro e con toda a súa comunidade educativa”, cóntanos Montse Canosa, a secretaria da ANPA. Todos saben das numerosas horas adicadas ao centro, mesmo en sábados e domingos, o que unido ao seu bo talante, fanlle un home tremendamente querido por compañeir@s, nen@s e pais e nais.

  quepasanacosta.gal
Homenaxe da Anpa

11 de set. de 2015

Director honorífico, don Manolo.

 Manuel Canosa é xa director honorífico do Eugenio López
O profesor, despois de 25 anos á fronte do colexio ceense, recibiu un sentido e máis que merecido homenaxe onte
Cee / La Voz, 11 de setembro de 2015.   O nomeamento simbólico como director honorífico do colexio Eugenio López de Cee puxo a guinda á homenaxe que recibiu onte pola mañá na Casa dá Cultura o profesor Manuel Canosa, que despois de 25 anos ininterrompidos á fronte do centro, e con 68 cumpridos, xubilouse.
O acto, que serviu ademais de abrir de xeito oficial o curso escolar, unha cerimonia que levaba dous anos aparcada, destilou emoción e recoñecemento, por parte dun pobo e unha comunidade educativa, na que moitos non coñeceron a outro director. Ademais, a sinxeleza de Canosa e a dedicación absoluta ao seu traballo foi tema recorrente de conversación.
Tocoulle presentar a Xosé Cañizo, o profesor que toma a vez na dirección, e que non é precisamente un novato porque xa estivo 12 anos de xefe de estudos con Canosa, pero os momentos máis sentidos correron a cargo do antigo secretario, Juan López Aljarilla. O profesor andaluz desfíxose en eloxios cara ao homenaxeado, o seu «compañeirismo» e, sobre todo, reivindicou a figura do mestre, incluso en verso, coa lectura dun poema.
Pola súa banda, o alcalde, Ramón Vigo, aproveitou estas referencias para facer un chamamento a «dignificar a figura do docente». Utilizou como exemplo a utilización de figuras de respecto como don ou señor, que aínda seguen presentes na forma en como coñecen os alumnos do Eugenio a moitos dos seus profesores desta época e púxoo en contraste con «a docencia como unha profesión de risco, case tanto como a minería ou a pesca» na que, por pouco, teñen que aprender «defensa persoal para ir ao seu traballo».
As exprofesoras Dona Maruja (Castro) e Dona Yolanda (Vázquez), como as nomean os escolares, foron as encargadas de entregarlle o diploma de director honorífico e un ramo de flores, en mostra do agradecemento de toda a comunidade educativa.
Canosa, pola súa banda, tivo unha breve intervención, na que puxo de relevo o compañeirismo, antes de que Fernando Fraga e os alumnos da Escola de Música que tamén o foron do Eugenio desen un recital.
Xa despois do acto, o profesor explicaba que se sente «liberado de tanta preocupación» como supón dirixir un centro educativo no que sempre lle guio a máxima de que «existise un clima de convivencia adecuado». De feito, considera que o conseguiron porque case sempre lograron resolver os conflitos pola vía do diálogo.
Respecto da situación educativa en xeral, mostrouse crítico cos políticos que «interfiren moito cos seus cambios» cando moitos non coñecen o que é unha aula e dificultan a tarefa docente.

24 de xuño de 2015

19 de xuño de 2015

Festival 2015

 Sextos!!!  Quintos!  Infantil!!! 1º,2º,3º,4º
                                         Pulsando podes ver cada unha das imaxes.
                                                      FELICES VACACIÓNS!!!

16 de maio de 2015

Letras Galegas 2015

A FESTA DOS MAIOS Este ano as letras galegas dedícase a Xosé Filgueira Valverde, e como bo etnógrafo escribiu sobre unha delas, “Os Maios”. Os Maios son festas de orixe ancestral que celebran a fin do inverno e o comezo da primavera. Estes Maios represéntanse mediante símbolos naturais como árbores, obxectos que as representan e tamén persoas cubertas por pólas e flores. Os nenas e nenos do Eugenio López, quixemos facer unha recreación do "Maio" en honor a Filgueira Valverde.
Deixamos tamén algunhas das cantigas para celebrar o "O Maio".
Principiamos a cantar todo o millor que poidamos para ver si deste xeito algo pró Maio quitamos. (Escomenzos. Santiago)
Escoiten as fatigas d’este probe Maio que ó chegar á calle quedouse estrangoado. (Escomenzos. Ourense)
A canta-lo Maio
señores acá vimos
e para canta-lo
licencia pedimos. (Petición de licencia. Pontevedra)
Cantar cantaremos
do Maio o redor
ó señor Alcalde
e ó Gobernador. (Saúdo. Ourense)
Aquí ven o Maio
e traio estas flores;
ehí ven San Xohan
que as traerá mellores. (Alusión ao Maio. Vilagarcía)

2 de maio de 2015

Queres saber que pasou no teu Centro durante o mes do Libro ?
 
 
 
Ven a vernos ao blog da túa biblioteca
 


                                                  
 


 

 

25 de abr. de 2015

Letras Galegas 2015

Nesta ligazón podemos indagar mais acerca de vida de Xosé Filgueira Valverde 
 Letras galegas 2015


Tamén podemos xogar o pasapalabra, e saber mais acerca de Filgueira Valverde!!!!

 Pasapalabra


Ademais, aquí temos unhas ligazóns para realizar unhas actividades dixitais sobre Filgueira Valverde. Pincha sobre a imaxe da idade que corresponda.









23 de abr. de 2015

23 de abril

Día do Libro
Este xoves 23, Pavillón de Cee celebraba a data da man da ANPA Uxío, ca iniciativa dos pais e nais dos alumnos. Os libros foron doados por alumnos do colexio e os cartos recaudados ca súa venda, son para actividades dos propios alumnos.

17 de mar. de 2015

Día de Pi

Enlace
O Día de Pi

O  momento Pi que non se repetirá ata dentro dun século!   The Pi Day Clock - 3.14.15 9:26:53

One day every century, the numbers of the current month, day, year, hour, minute and second line up to match the first 10 digits of the mathematical constant pi: 3.14.15 9:26:53. On this page you can watch this rare event occur in real time. Only 100 years until the next time!            http://time.is/pi_day/Spain
http://faimatematicas.blogspot.com.es/p/el-20-de-noviembre-de-2005-mientras-una.html

13 de mar. de 2015

PREMIOS DE POESÍA



PREMIO DE POESÍA.
 O concurso de poesía sobre o mar, a pesca artesanal, foi creado pola Confraría de Pescadores de Corcubión. Participamos o colexio PRAIA DE QUENXE e o noso centro.
Os gañadores foron: CARLOS PAIS COSTA, ZAIRA DOMÍNGUEZ DOMÍNGUEZ e MANUEL IGLESIAS PÉREZ,  de quinto curso do Eugenio López.
Os premios foron entregados polo xurado, nun acto celebrado na Casa de Cultura de Corcubión.

NORABOA!!!

4 de mar. de 2015

Susana Gómez Castiñeira


"la ilusión mueve mis piernas es la expresión de los sueños de una mente infantil que se imaginó hace muchos años que era posible luchar por lo que uno realmente quiere… Cualquiera de nosotros puede ser el protagonista de esta página.
En mi caso, les diré que me llamo Susana Gómez Castiñeira y que tras ocho años acelerando mi frecuencia cardíaca por las montañas y tras haber practicado multitud de disciplinas deportivas, he llegado a la siguiente conclusión: Me apasiona correr pisando tierra, sobre rocas, subir, bajar y descubrir perspectivas nuevas de paisajes. Soy corredora de montaña y caza horizontes. La Ilusión mueve mis piernas es el camino que me ayuda a expresar mis andanzas y mi forma de dejar huella en el recorrido. Encantada de encontrarte en mi web, ahora también tuya. Gracias por soñar que es posible. Gracias por leerme.

Unha ceense participa nunha aventura de 350 millas a pé por Alaska.  Susana Gómez comezou esta semana a súa aventura, da que contaba os detalles no seu blogue.A ceense Susana Gómez Castiñeira iniciou esta semana nas xeadas terras de Alaska (Estadosu Unidos) unha proba deportiva e de aventura só ao alcance dos máis fortes, como ela, xa que implica correr entre a neve de xeito autónomo -con todo o necesario para sobrevivir- e ininterrompida durante 350 millas, uns 563 quilómetros.

Gómez Castiñeira, que corre patrocinada polo Cabildo de Lanzarote e o concello de Faría, onde reside, ademais de por varias marcas comerciais, se ha enfrontando xa antes a retos extremos, como a Transgrancanaria, de 125 quilómetros; Revaniemi (150), en Finlandia; Lavaredo (118), en Italia ou o Camiño dous Faros, que une as dúas puntas da Costa da Morte. Ningún deles chega á magnitude e dureza da cita norteamericana, á que a deportista ceense, de 40 anos, participa como novata, entre un selecto grupo de corredoras de todo o mundo.
Aínda que xusto antes de iniciar a proba, recoñecía a través do seu blogue lailusionmuevemispiernas.com que ten «medo», tamén deixaba clara que o vai utilizar como forma de manter a concentración e non como un inimigo que poida paralizala. A través desta web, que recolle as súas experiencias persoais, e na que se capta ao momento o seu carácter aventureiro.
http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2015/03/04/ceense-participa-aventura-350-millas-pie-alaska/0003_201503C4C7992.htm

3 de mar. de 2015

Ana Oca, actriz

Ana está gravando para a nova serie Hospital Real, producida por Ficción Producciones ambientada no antigo Hospital Real de Santiago de Compostela.
Unha experiencia que nace despois de gravar con Sara Casasnovas a súa última curtametraxe. “La chica del maletero”, na que a actriz de raíces costeiras fai de directora e protagonista, grávabase en Moraime, e contaba coa pequena Ana no reparto.
O seu desparpaxo natural gustou tanto que a produtora lle propuxo participar na serie, que leva unha semana de rodaxe.
A primeira tempada consta de 15 capítulos que van ser rodados ata maio, ambientados no século XVII. O papel de Ana parece que será pequeno, pero de moita intensidade, e seguro que dá que falar. Ademais, estará arroupada por un reparto de luxo e unha ambientación coidadísima.
Esperamos o comezo desta serie na tele!!  


25 de feb. de 2015

5º B

XA TEMOS A NOVA REVISTA DO REMUIÑO EXPRESS!!! ESTA VEZ DA MAN DA CLASE DE 5B!!! REPLETA DE INFORMACIÓN DO ENTROIDO E DOS AMORIOS DE SAN VALENTIN!



31 de xan. de 2015

26 de xan. de 2015

REMUIÑO 6ºA!!!

REMUÍÑO 6ºA: DA MAN DOS NENOS E NENAS DE 6ºA CHEGA A NOVA EDICIÓN DO REMUÍÑO CHEO DE NOVAS ESTUPENDAS! FELICIDADES POLO TRABALLO
http://issuu.com/leticiadominguezdominguez/docs/6__a

7 de xan. de 2015

Ana Oca



BRAVO POR ANA!!!
                                                                                                        Ana Oca, La Voz de Galicia