23 de mar. de 2018

ESO- 6º

 Alumnado de 1º da ESO, contándo as súas experiencias, cambios e pareceres nesta etapa.

21 de mar. de 2018

CASA DA CULTURA

O xoves, 22 de marzo de 2018, na Casa da Cultura, haberá unha charla impartida por  Desiré Kouakou, da ONG Egueire. Ás 11 horas,  dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

20 de mar. de 2018

21 de marzo

Cinco motivos para ler poesía
1 A POESÍA É UNHA BARRICADA DE PALABRAS REBELDES  que ilumina o camiño da vida e deita luz sobre o mundo.  A poesía non morde , non manca e, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, nin cursi, nin difícil. E hai moitos tipos de poesía para que elixamos. 
2 A POESÍA SERVE PARA LER, CANTAR, DISCREPAR, BERRAR, RECITAR, rapear, musicar, declararse, rebelarse contra o mundo ou unicamente para falar suave á orella. Tamén é un somnífero para durmir ben, unha pastilla sen química que mellora a saúde e o benestar e aguiza o pensamento. Serve, sobre todo, para explicar as razóns e as emocións que non veñen no dicionario.
3 OS POEMAS SON COMO CAIXAS DE FERRAMENTAS, VALEN PARA TODO: para sentilos, manosealos, lelos, cheiralos, gardalos nun armario, ensucialos, para ligar, para poñelos enriba da cabeza, penduralos na parede, limpalos, recortalos, reescribilos, merendalos nun bocadillo de papel, ordenalos, metelos na neveira e lelos coa cabeza máis fría, ou deixalos sobre a cama para devoralos á noite, clandestinamente, cando todos se deitaron. A poesía cura enfermidades  como a impaciencia, os nervios, os granos da cara, os pés planos, a dor de cabeza, as feridas imprevistas, as dores de amor, as indixestións, os enfados, a ansiedade e as gripes.
4 A POESÍA PODE ESTAR NAS COUSAS QUE NOS RODEAN A DIARIO, nas letras das cancións, no graffiti da parede do barrio, na soidade, no supermercado, nun sorriso inesperado, na moto, nas causas xustas, no váter, na esperanza, no calexón sen saída, no mar contaminado, na tristura, no ceo cuberto, no ordenador, nun berro, na paisaxe, na conversa e nas rúas. Onde ti queiras .
5 O IMPORTANTE DA POESÍA NON É OBSESIONARSE CON DESCIFRALA senón saber sentila, gozala e intuíla. Na poesía reconforta sentir a forza das súas palabras, o seu ritmo, a súa musica, a súa sonoridade, as chiscadelas que por veces nos deslumbran, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas. Poetizarse. En definitiva, facer da poesía un pracer.
Fran Alonso

         Forman un trío  tres instrumentos.
          Uns son de corda, outros de vento.
 Un cuarteto  catro amores.
Un quinteto  cinco flores.
Un sexteto, seis olores.







17 de mar. de 2018

NA CASA DA CULTURA

O luns   19  de marzo, co alumnado de  5º e 6º de primaria ás 12:00h na casa de cultura. "ALBORADA"

13 de mar. de 2018

Carla Martínez na selección galega



 Carla Martínez Castreje, de 6º, forma parte da Selección Galega sub-12 feminino.                               A selección galega xogará en Murcia, esta fin de semana, con Andalucía, Castela-León, Castela A Mancha e Baleares.


Orgullosas de lucir esas cores!!!

ALERTA LARANXA

Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento durante o día 14 de marzo en Galicia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores aos 100 km/h, que comezará nas primeiras horas do mércores día 14.03.2018 e prolongarase ata a tarde/noite de dito día. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña, provincia de Pontevedra, sur de Ourense, noroeste de Ourense, montaña de Ourense, A Mariña lucense, centro de Lugo e montaña de Lugo.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
- A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas, con seguimento das condicións climáticas.
- Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.
A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna)

12 de mar. de 2018

Chega a primavera


Neste caderno poderás atopar preguntas sobre reciclaxe
dirixidas ao 2º ciclo.
Preme nesta ligazón: cadernoverde

11 de mar. de 2018

Na aula de música

Contacontos: Iago López, sobre o libro de Mª Victoria Moreno "Eu conto, ti cantas"
O mércores 14 de marzo 
A actividade terá lugar na aula de música
De 11:00  a 11:30  : O alumnado de  Educación Infantil 
De 11:30  a 12:00  : O alumnado de 1º e 2º curso 

9 de mar. de 2018

Na casa da cultura

 O luns 12 de marzo ás 12:00h temos unha cita na casa de cultura co alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria. "O SOÑO DOS CONTOS"


O mércores   14  de marzo, co alumnado de  5º e 6º de primaria ás 12:00h na casa de cultura. "ALBORADA"

Noticias de última hora!

            
      Hoxe, 9 de marzo de 2018, veu á nosa Biblioteca unha libreira de Santiago a lernos uns contos e a ensinarnos os libros que a ela máis lle gustan da súa librería.

Con ela, recordamos que fan a autora/or  e o ilustrador. Tamén nos explicou de que se encargan o deseñador gráfico e o editor.
Recomendounos que léramos moito.

                                                                                   Alumnas e alumnos de 2º C

8 de mar. de 2018

Jessica Mouzo Quintáns,

JESSICA MOUZO QUINTÁNS, foi alumna nosa, da promoción de 2001. Periodista, traballa para El PAÍS, Barcelona.

6 de mar. de 2018

Educar na igualdade...dende a familia, dende a escola, dende todos os ámbitos da sociedade.



Esta semana recomendamos, para os máis pequenos,  "Unha feliz catástrofe"




Para os, non tan pequenos " O maltrato Sutil "








Para o máis maiores, vídeos para a reflexión .

Está nas nosas mans, que non sexa un soño imposible:









Somos conscientes da influencia da publicidade ?

Historias en papel, na nosa biblioteca.