31 de mar. de 2020

Domingo de Andrade

O 1 de abril conmemórase o Día das Artes Galegas. 
Este ano está dedicado ao arquitecto   ⇒ Domingo Antonio de Andrade
(Cee, A Coruña, 1639 - Santiago de Compostela, 1712)

Monumento a Domingo Antonio de Andrade na vila de Cee- Foto-Victor Castineira
               Monumento a  Antonio de Andrade, na vila de Cee  



Educación 3.0

Nesta páxina web Educación 3.0 tedes ideas para traballar na casa, manualidades e actividades de ocio para facer en familia.

30 de mar. de 2020

Axudas para beneficiarios de bolsas de comedor escolar

Estimadas familias:
Hoxe sae publicado no Diario Oficial de Galicia a Orde do 27 de marzo de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento.

Orde do 27 de marzo de 2020   

Segundo esta Orde, poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias con un ou máis fillos escolarizados en centros públicos xestionados pola Consellería que teñan a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro.

O prezo público de comedor por menú e día é de 4,50 euros, incluíndo os custos de materia prima, consumos e mantemento das instalacións, persoal, …
Determínase que o prezo máximo a satisfacer é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 euros) no caso de gratuidade total e de un euro con cincuenta céntimos (1,50 euros) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 euro) pola prestación do servizo.

Esta orde compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xuta. Inclúen tamén os 15 días de prórroga autorizados polo Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00:00 horas do día 12 de abril. Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma calcúlanse os días lectivos ata o 1 de maio.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/ 
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 https://sede.xunta.gal/chave365

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo no que se escolarizan as súas fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os centros con comedor escolar habilitarán un horario específico que anunciarán ás familias.

O prazo de presentación de solicitudes para atender o pagamento das compensacións comezará ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o 6 de abril, ambos os dous incluídos.

Para que as familias que precisen que o centro colabore na formalización da solicitude, o horario será de 09:00 a 13:30 horas. Realizade a chamada ó número de teléfono 881880456
Debedes aportar a seguinte información:
         a)      DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a).
         b)      Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería.
         c)       Nome e apelidos do titor/a: nome, apelidos e curso dos fillos/fillas.
         d)      Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

Considérase que as respostas correctas a estas preguntas serán suficientes para acreditar que estamos a falar cos auténticos titores do alumnado beneficiario e que non se levanta suspicacias pola petición deste tipo de datos.

 Rubén Pérez Trigo, director

Cociñamos xunt@s













 “Dimo e esquézoo, ensíname e recórdoo, involúcrame e apréndoo”
Benjamin Franklin

Para estes días na casa propoñémosvos facer actividades en FAMILIA e a cociña pode ser unha delas. Son varios os BENEFICIOS de pasar tempo na cociña xuntos. Isto que algúns consideran arte, será positivo:


Para aqueles que rexeitan certos alimentos, poida que sexa unha boa ocasión. E manipulándoos  perda o medo a probalos. NON HAI NADA MELLOR QUE PROBAR UN PRATO FEITO POR TI.... E QUE SE CHE ABRA O APETITO!!!


PRIMEIRO: ACORDÁDEVOS DAS NORMAS DE HIXIENE.
SEGUNDO: Propoñémosvos unha PIZZA CASEIRA, neste enlace atoparedes a RECEITA CON PICTOGRAMAS, que ARASAAC publica na súa web:
E outras moitas receitas con diferente nivel de dificultade: http://www.arasaac.org/materiales.php?id_material=1447
Esperamos que esta sexa unha das moitas actividades que fagades xuntos e esas receitas en FAMILIA saian DELICIOSASSSSSSSSSSS!




 

Avaliación

Estimadas familias:
Seguindo as instruccións dictaminadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o 27 de marzo, ó longo desta semana o profesorado procederá a realizar a avaliación correspondente ó segundo trimestre. Para realizar esta avaliación terase en conta o período lectivo comprendido entre os días 8 de xaneiro e o 13 de marzo, data na que se suspenderon as clases. Formalizarase o peche da avaliación antes do 3 de abril.
Para acceder ás calificacións debedes descargar no móbil a aplicación AbalarMóbil e a partir da fin de semana poderedes consultar as notas.

Rubén Pérez Trigo, director

29 de mar. de 2020

GaliciaLe

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Durante este período de cuarentena podedes rexistrarvos de balde e se accededes á plataforma disporedes de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico clasificados en dous catálogos: catálogo galego e catálogo en castelán.
Para acceder premede no seguinte enlace: GaliciaLe

Actividades de banda deseñada

 Podes ver más imaxes pinchando neste enlacea teca dos libros