15 de mar. de 2020

Recollida de material

Despois de coñecer as medidas adoptadas nas últimas horas polo goberno do Estado e o goberno da Xunta de Galicia, e consultadas as autoridades pertinentes, segue en pé a recollida de material nas franxas establecidas:
10:00 a 11:00 horas: 1º ciclo (1º e 2º)
11:00 a 12:00 horas: 2º ciclo (3º e 4º)
12:00 a 13:00 horas: 3º ciclo (5º e 6)

A nosa proposta é que acuda un membro de cada familia e agarde no patio cuberto mantendo a separación dos demais para evitar posibles contaxios; accedendo á aula de dúas en dúas persoas.

Confírmannos que podedes desprazarvos ata o colexio porque é unha causa xustificada e que non ides a ser multados por este motivo.

As novas vanse producindo cada pouco tempo, e de haber calquera modificación, faremos a publicación no blogue e informaremos á ANPA (como xa fixemos) porque ten capacidade para chegar a un maior número de pais e nais.

Esperamos que todo transcurra con normalidade, apelamos á responsabilidade e por riba de todo queremos preservar a saúde vosa e dos vosos fillos e fillas.

Pero entendo que para o traballo deste período de suspensión de clases é preciso dispor de cadernos e libros tralo traballo proposto por cada mestre/mestra, e pretendemos facilitar a recollida deste.


Rubén Pérez Trigo,  director.

Ningún comentario:

Publicar un comentario