15 de mar. de 2020

Cancelada a recollida de material

Sentíndoo moito, e esgotando tódalas posibilidades, non é posible realizar a recollida de material coma tiñamos establecida.
Ó longo da tarde contactamos coas administracións autonómica e local e, finalmente, non son posibles as garantías sanitarias para poder acudir a buscar os libros e libretas.
Sabemos que hai grupos de washap (incluso sen grupos)  e seguramente de cada curso haxa algún neno que teña na casa libros dos que podedes facer foto e enviar ó resto de compañeiros e compañeiras de aula para que poidan realizar as tarefas propostas.
De ser posible intentaremos buscar outras opcións, das cales iremos informando no blogue.

Rogo disculpedes por ir cambiando a información ó longo do día polo motivo antes exposto e sexades avisados a esta hora.

Rubén Pérez Trigo, director

Ningún comentario:

Publicar un comentario