29 de abr. de 2012

                                  OS AWAS, coñece a vida dunha tribu do Brasil
 
  
Os awás, a tribu máis ameazada do planeta,  extínguese sen remedio. Os pouco máis de 350 integrantes intentan sobrevivir por todos os medios nos últimos redutos vírxes dunha selva, ao noreste do Brasil, no estado de Maranhao, que unha vez foi totalmente súa.
Agora, a organización Survival Internacional pon en marcha unha campaña mundial para intentar salvar as últimos awás dos invasores que ocupan ilegalmente as súas terras e os matan, ademais, sen contemplacións cando se encontran con eles.
Son algo menos de 360 e dependen por completo da selva.As súas vidas, cuando os deixan, transcurren en contacto íntimo coa desbordante natureza do Amazonas. Cazan, pescan, recolectan froitos e, cando viaxan, levan con eles as brasas encendidas da súa última fogueira para encender o lume en cada novo campamento.

Moitos son nómades, e móvense rápidamente pola selva en pequenos grupos de vinte ou trinta persoas. Viaxan en familia, unha familia da que tamén forman parte os animais salvaxes, que toma como mascotas pero non as privan da súa liberdade. Así ven sendo desde fai incontables xeracións, e así debería ser durante moitas xeracións máis. Mais, eso non ocurrirá. 

Os awás están a punto de desaparecer en medio da indiferencia xeral. Son, hoxe por hoxe, a tribu máis ameazada do mundo e viven literalmente rodeados e asediados por madereiros ilegais que talan a  súa selva; por gandeiros que invaden o seu territorio; por colonos que se establecen sen permiso e que van recortando pouco a pouco, inexorablemente, as súas tierras. Moitos dos invasores, ademais, van armados. Nunha  loita desigual de pistolas e rifles contra arcos e frechas, os exterminan sen contemplacións.


26 de abr. de 2012

17 de abr. de 2012

Sorteo dun Tablet Pc 10,1" Video HD

Por só 1 euro pode ser teu!
Boleto premiado nº 511 
O alumnado de Sexto está a vender papeletas para sortear un Tablet PC ARNOVA 10bG2 DT. Pode almacenar ata 8 horas de vídeo e 32 horas de música.
O sorteo terá lugar o vindeiro día 24 e a persoa posuidora do  boleto gañador será notificada desde o Colexio.