27 de xan. de 2020


                               
   
Esta semana celebraremos no cole o Día da Paz.



No blog de Música tedes a canción que imos cantar este ano.


Para acceder , podes pinchar aquí:


                            👇


                           TOC TOC!




                      


                                                  
                     
                      
                                           













19 de xan. de 2020

As árbores

As árbores son amigas

dos homes nos seus traballos
e son a pequena historia 
de cada vila e lugar.




Limpan o ar, dannos sombra,
defenden o noso chan.
Para os paxaros son niño,
casa para os animais.

Dannos madeira, cortiza,
resina, froitos e leña,
sombra, quentura , agarimo,
e un cento de cousas máis (bis)

Intercomarcal de campo a través

O pasado venres celebrouse en Noia a proba de campo a través correspondente á fase intercomarcal, organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte. Unha cita á que acudían centros educativos e clubes de atletismo que clasificaron nas fases comarcais da Costa da Morte e do Barbanza.
Do noso colexio estaban clasificados os equipos benxamín feminino e masculino, alevín masculino, e da categoría alevín feminino, a alumna Lucía Ramos Pose.
Comezou a proba coa carreira de categoría benxamín feminino, na que as nenas destas idades correron unha distancia de 500 metros.

De esqerda a dereita están as nosas participantes, que finalizaron a proba nos seguintes postos:  Ana (44), Xulia (43), Daniela (49), Helena (34) e Noa (65). Na clasificación por equipos remataron no 8º posto.

A continuación, e despois dunha pausa na que agardamos pola chegada dos participantes dun colexio, foi a quenda dos benxamíns masculinos, que efectuaron a mesma carreira que as nenas da súa categoría.
Neste caso, os nosos corredores foron, de esquerda a dereita: Pedro (36), Brais (38), Iago (35), Iker (50) e Gael (56). Na clasificación por equipos remataron no 7º posto.

Logo participou como única alumna do centro da categoría alevín feminina, Lucía, que percorreu unha distancia de 1.000 metros e finalizou a proba no posto 29.

Os nosos derradeiros participantes foron os nenos de categoría alevín masculino, que realizaron a mesma carreira que as nenas da súa idade, 1.000 metros.
De esquerda a dereita: Saúl (34), Lois (4), Félix (59), Iker (29) e Xoel (24) quedaron clasificados no 2º posto por equipos e acudirán o vindeiro venres 6 de febreiro á fase provincial para centros educativos que terá lugar en Carballo.



Destacar coma sempre a ilusión e o esforzo que cada participante pon na carreira, e que serve para pasalo ben, coñecer novos compañeiros e compañeiras, ter unha nova experiencia, competir sabendo das nosas capacidades intentando facelo o mellor posible á vez que conscientes da distancia para rematar correndo, asi coma comparar o noso nivel persoal co doutros nenos e nenas da nosa idade.
E o máis importate de todo, facer grupo e pasalo ben cos nosos compañeiros e compañeiras do cole. Noraboa a todos e todas!

5 de xan. de 2020

A visita dos Reis Magos

O último día de colexio visitáronnos as súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente, convidados pola ANPA Uxío. Recibiron as cartas e peticións do alumnado para, de ser posible, facer realidade os seus desexos. 
No seguinte enlace podedes ver as fotos dos grupos de alumnos nesta visita:   Reis Magos