O pasado venres celebrouse en Noia a proba de campo a través
correspondente á fase intercomarcal, organizada pola Secretaría Xeral
para o Deporte. Unha cita á que acudían centros educativos e clubes de
atletismo que clasificaron nas fases comarcais da Costa da Morte e do
Barbanza.
Do noso colexio estaban clasificados os equipos benxamín
feminino e masculino, alevín masculino, e da categoría alevín feminino,
a alumna Lucía Ramos Pose.
Comezou a proba coa carreira de
categoría benxamín feminino, na que as nenas destas idades correron unha
distancia de 500 metros.
De
esqerda a dereita están as nosas participantes, que finalizaron a proba
nos seguintes postos: Ana (44), Xulia (43), Daniela (49), Helena (34) e
Noa (65). Na clasificación por equipos remataron no 8º posto.
A
continuación, e despois dunha pausa na que agardamos pola chegada dos
participantes dun colexio, foi a quenda dos benxamíns masculinos, que
efectuaron a mesma carreira que as nenas da súa categoría.
Neste
caso, os nosos corredores foron, de esquerda a dereita: Pedro (36),
Brais (38), Iago (35), Iker (50) e Gael (56). Na clasificación por
equipos remataron no 7º posto.
Logo participou como
única alumna do centro da categoría alevín feminina, Lucía, que
percorreu unha distancia de 1.000 metros e finalizou a proba no posto
29.
Os
nosos derradeiros participantes foron os nenos de categoría alevín
masculino, que realizaron a mesma carreira que as nenas da súa idade,
1.000 metros.
De
esquerda a dereita: Saúl (34), Lois (4), Félix (59), Iker (29) e Xoel
(24) quedaron clasificados no 2º posto por equipos e acudirán o vindeiro
venres 6 de febreiro á fase provincial para centros educativos que terá
lugar en Carballo.
Destacar
coma sempre a ilusión e o esforzo que cada participante pon na
carreira, e que serve para pasalo ben, coñecer novos compañeiros e
compañeiras, ter unha nova experiencia, competir sabendo das nosas
capacidades intentando facelo o mellor posible á vez que conscientes da
distancia para rematar correndo, asi coma comparar o noso nivel persoal
co doutros nenos e nenas da nosa idade.
E o máis importate de todo, facer grupo e pasalo ben cos nosos compañeiros e compañeiras do cole. Noraboa a todos e todas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario