26 de maio de 2014

Excursión a Madrid

O pasado mes de maio partiamos rumbo a Madrid coa a fin de sumar unha experiencia máis no noso paso polo colexio, e sin dúbida un recordo inesquecible... Vivimos múltiples experiencias, tivemos a oportunidade de ver museos, palacios, catedrais... e incluso o musical "O REY LEÓN", pero sobre todo, compartimos unha semana cos nosos compañeiros, unha semana de convivencias, aventura e sobre todo complicidade cos compañeiros cos que compartimos algo máis que un curso escolar, unha parte importante da nosa vida, o noso paso por primaria.


  
































Letras galegas

Aínda arrecende a letras por Cee. I é que o pasado venres 23 de maio, o CEIP Eugenio López de Cee, artellaba as últimas citas relacionadas co programa das Letras galegas. Os máis pequenos disfrutaron toda a tarde en compañia de varios contacontos.
Pola súa parte, os máis maiores tiveron unhas charlas moi interesantes coa presenza da escritora e antiga mestra do colexio Concha Blanco. Ao final do dia fixose entrega dun ramo de flores por parte da ANPA. Estos actos foron promovidos pola ANPA Uxio coa colaboracion do profesorado do colexio.