16 de maio de 2015

Letras Galegas 2015

A FESTA DOS MAIOS Este ano as letras galegas dedícase a Xosé Filgueira Valverde, e como bo etnógrafo escribiu sobre unha delas, “Os Maios”. Os Maios son festas de orixe ancestral que celebran a fin do inverno e o comezo da primavera. Estes Maios represéntanse mediante símbolos naturais como árbores, obxectos que as representan e tamén persoas cubertas por pólas e flores. Os nenas e nenos do Eugenio López, quixemos facer unha recreación do "Maio" en honor a Filgueira Valverde.
Deixamos tamén algunhas das cantigas para celebrar o "O Maio".
Principiamos a cantar todo o millor que poidamos para ver si deste xeito algo pró Maio quitamos. (Escomenzos. Santiago)
Escoiten as fatigas d’este probe Maio que ó chegar á calle quedouse estrangoado. (Escomenzos. Ourense)
A canta-lo Maio
señores acá vimos
e para canta-lo
licencia pedimos. (Petición de licencia. Pontevedra)
Cantar cantaremos
do Maio o redor
ó señor Alcalde
e ó Gobernador. (Saúdo. Ourense)
Aquí ven o Maio
e traio estas flores;
ehí ven San Xohan
que as traerá mellores. (Alusión ao Maio. Vilagarcía)

2 de maio de 2015

Queres saber que pasou no teu Centro durante o mes do Libro ?
 
 
 
Ven a vernos ao blog da túa biblioteca