4 de set. de 2020

Estimadas familias :

Dámoslle a despedida ao O Blogue do Eugenio López.

A partir de agora, poderedes consultar toda a información na web do Ceip Plurilingüe Eugenio López, á que podedes acceder no seguinte enlace:



19 de xul. de 2020

Información xeral

Estimadas familias:
Ao longo da vindeira semana os pais/nais que o desexen poderán acudir ao centro en horario de 10:00 ás 13:00 horas e recoller os vales de material de 1º a 6º de Educación Primaria.De non ser así, poderán recollelo no mes de setembro.
Así mesmo lembrar ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria que ten os vales dos libros pendentes de recoller ,o fagan nas mesmas datas e horario.
Un saúdo.
 A directora

13 de xul. de 2020

Vales 1º e 2º

Estimadas familias:
A partir do mércores día 15 de xullo os pais/nais do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria beneficiarios do vale para adquisición de libros poderán vir ao centro en horario de 10:00 a 13:00 horas a recollelo finalizando o prazo o venres 17 de xullo.

Equipo directivo

11 de xul. de 2020

Listaxe provisional fondo libros

Estimadas familias:

Poden consultar a listaxe provisional de fondo libros ( periodo de reclamación ata o martes día 14 de xullo)
 Os medios para consultar a listaxe son os seguintes:
* Enviando un correo electrónico a ceip.eugenio.lopez@edu.xunta.es
* Chamando por teléfono ao centro, ao número 881880455
* Acudindo ao centro, en horario de 10:00 a 13:00.
* A través da aplicación fondo libros, no menú "cidadáns". Para iso cómpre contar coa chave 365 ou con certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).
Poden consultar as instruccións premendo aqui
A listaxe definitiva publicarase o mércores día 15 de xullo.

Recordamos que as familias que reciben 6 libros do fondo (lengua castelá, lingua galega, matemáticas, ciencias da natureza, ciencias sociais e inglés), deben mercar o activity book de inglés, e os libros de relixión e música, de ser o caso.
As familias que reciben 4 libros do fondo (lengua castelá, lingua galega, matemáticas e ciencias da natureza), deben mercar os libros de ciencias sociais,  inglés (class book e activity book), relixión e música, de ser o caso.

30 de xuño de 2020

Información centro

HORARIO SECRETARÍA MES DE XULLO: DENDE ÁS 10.00 ATA AS 13.00 HORAS.

A formalización de matrícula para o novo alumnado no curso 2020/2021 realizarase na Secretaría do CEIP Eugenio López dende o mércores día 1  ata o venres día 10 de xullo .
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
- Documento de formalización de matrícula ( modelo Anexo III-1 ).
- Autorización de imaxe.
- Lingua materna.
- Fotocopia cotexada da folla do libro de familia.
- Fotocopia do boletín de vacinas.
- Fotocopia da tarxeta de atención sanitaria.
- Certificado de empadroamento colectivo expedido para os efectos,polo Concello.
- Catro fotos tamaño carné.



Lembrar que estamos en prazo de solicitude de uso do comedor escolar e que dito plazo remata o vindeiro 15 de xullo.

Almudena Feal Díaz.  Directora Ceip Eugenio López



19 de xuño de 2020

Comedor

Segundo a Instrucción 2/2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 16 de xuño, sobre funcionamentos dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020-2021, para ser usuario do servizo de comedor escolar debedes entregar cuberto o modelo de autodeclaración.



 A diferenza do que sucedía coa solicitude de vales e préstamo do fondo de libros, no caso do comedor, para a unidade familiar tal e como se recolle no artigo 6.2.5. :
1. No caso de matrimonio:  a unidade familiar estará integrada polos cónxuxes non separados legalmente, e se os houber:
     a) Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes.
    b) Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
2. En ausencia de matrimonio ou nos casos de separación legal: a unidade familiar estará integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior (os supostos a) ou b) do apartado 1).


As persoas que desexen colaborar no comedor escolar deberán cumprimentar o anexo III e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentenza firme por delitos sexuais.

O prazo para presentar as solicitudes tanto de usuario coma de colaborador de comedor comeza o vindeiro luns 22 de xuño. 

17 de xuño de 2020

Consulta de notas

Estimadas familias:
Para consultar as calificacións dos vosos fillos e fillas, tedes que facelo a través da aplicación abalar móbil, tal e como fixéchedes no segundo trimestre.
As calificacións estarán á vosa disposición a partir da tarde do venres 19 de xuño.


MOITA SORTE ALUMNADO DE 6º

Hoxe toca rendir unha pequena homenaxe ao alumnado de 6º de Primaria que deixa o noso cole para adentrarse nunha nova etapa educativa. 

De parte de todo o profesorado que nalgún momento formou parte da andaina destes nenos e nenas no colexio, queremos desexarlle a maior das sortes e un futuro brillante que seguro serán capaces de alcanzar con esforzo e dedicación.

As portas do CEIP Eugenio López estarán sempre abertas para vós!



Concurso: "Que é para ti a Costa da Morte"?

Concurso de vídeo e fotografía dirixido a alumnado de Primaria e Secundaria.

Se estades intersad@s en participar, podedes consultar as bases do concurso premendo no seguinte enlace: Que é para ti a Costa da Morte?

16 de xuño de 2020

Thank you Krista, you are a great artist


 Krista  fue nuestra auxiliar de conversación este curso y nos ayudó mucho durante nuestras clases de Arts & Crafts. Krista ahora ya está en su casa en Ayr (Ontario, Canadá) pero podrá ver este video.  Esperamos que te guste Krista❤

10 de xuño de 2020

Thank you, Krista!

Este ano tivemos ao mellor de Canadá nas nosas clases de inglés.
Se queredes ver a homenaxe que lle fixemos a Krista pasade polo noso blog! 




9 de xuño de 2020

MOITAS GRACIAS

Dende o Equipo de Biblioteca queremos agradecer a colaboración dos axudantes de Biblioteca de este ano. Tanto os axudantes de 5ºA, 5ºB e 5ºC, como os de 6ºA e 6ºB.
 Os axudantes serán obsequiados cun agasallo.  Si  eres axudante de Biblioteca sigue lendo na ⇒  Teca dos libros 




Fondo de libros

Recordamos que dentro de dez días, o 19 de xuño  remata o prazo para a realizar a solicitude de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso académico.

Tal e como publicamos anteriormente, este procedemento está recollido na Orde de 12 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020-2021.

No colexio a participación no fondo solidario de libros de texto está dirixida ao alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º cursos de Educación Primaria. En 3º e 5º curso procederase á substitución de libros; e en 4º e 6º cursos manterase o préstamo de libros de anos anteriores.
Nesta mesma orde, convócanse as axudas para adquirir libros de texto: destinada a alumnado de 1º e 2 de Educación Primaria; alumnado con discapacidade igual ou superior ó 65 % ; e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Por último  o alumnado de Educación Primaria pode solicitar o vale para adquirir material escolar.

Documentación necesaria para tramitar a solicitude:
-          Solicitude (anexo I)
-          Comprobación dos membros computables da unidade familiar (anexo II)
-       Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

Para ser beneficiario do préstamo de libros é condición indispensable devolver os libros de préstamo deste curso escolar. (No vindeiro mes poñeremos as datas para a devolución dos libros de préstamo de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria).

Presentación da solicitude:
-     - Pode cada familia acceder á aplicación fondolibros onde se fai a solicitude. Unha vez feita a solicitude pode: presentarse por sede electrónica da xunta ou presentala de xeito presencial no centro.
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no centro educativo.

O prazo para presentar solicitudes abrangue desde o día 20 de maio ata o día 19 de xuño.

3 de xuño de 2020

SORTEO DA TELEVISIÓN EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 6º EP

Sendo as 12: 15 h. do mércores, 3 de xuño de 2020, reúnense no CEIP Plurilingüe Eugenio López de Cee as seguintes persoas:


Blanca Arias Vizcaíno-auxiliar administrativa
Rubén Pérez Trigo-director
Verónica Blanco Mouzo-titora 6º B EP
Mª Reyes Abuelo de Noriega-titora 6º A EP

Procedemos a  sortear a televisión das rifas do 2 de abril de 2020 para a excursión de fin de curso de 6º EP.

O número agraciado foi o 50, vendido por un alumno de 6º B EP.

Unha vez localizada telefonicamente a persoa agraciada, ésta xa pasou polo colexio a recoller o seu premio e dando o proceso por finalizado.



Entrega libros de texto

A continuación establecemos as datas para facer a entrega de libros de texto do fondo de libros (requisito indispensable para poder ser beneficiarios do fondo no próximo curso escolar); asi como para recoller material escolar ou roupa que quedou na aula.

1 de xuño de 2020

NÓS NON PARAMOS, CONTINUAMOS FACENDO ACTIVIDADE FÍSICA 🏀🏃⚽🏊🏄

O alumnado do Eugenio López continúa facendo actividade física e deporte, sobre todo agora que ven o bo tempo e podemos saír máis da casa. 

Aquí vos traemos un mural con todas as fotos que nos foron mandando os nenos e nenas xogando e realizando actividade física ao aire libre.

Non vos esquezades de visitar o blogue de Educación Física, todas as semanas publicamos actividades e retos para o alumnado e familia:  https://faideporte.blogspot.com/


Hecho con Padlet

Tarefa de PROA

Proposta das tarefas de PROA para a semana do 1 ao 5 de xuño.

28 de maio de 2020

Aprendendo sobre Banda Deseñada

O alumnado de 4º C estivo a traballar o cómic este trimestre  e queren compartir con vós os seus traballos. A actividade consistía en elaborar unha tira cómica a partir de algún chiste curto que coñecesen. Mañá  publicaremos outros poucos
A ver se vos gustan!

Autores :
                                                                         NOA





                                                                           LUCÍA



                                                                      MARÍA
                                                     

                                                                           MARTA
                                                                           

                                                                           ALONSO




                                                                          DANI M.


                                                                            ANTÍA
                                                                 

                                                                          CARLA


                                                                              BREIXO


27 de maio de 2020

Listaxe provisional de admitidos curso 2020-2021

Publicación das listaxes provisionais de admitidos no proceso de solicitude de admisión para o vindeiro curso escolar 2020-2021.
Tódolos solicitantes figuran como admitidos, polo tanto, cando sexa o prazo publicaremos as listaxes definitivas, pero ata que comece o período de formalización de matrícula ninguén ten que presentar ningún tipo de documentación.

20 de maio de 2020

19 de maio de 2020

Fondo solidario de libros de texto


Hoxe sae publicada no DOG a Orde de 12 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020-2021.

No colexio a participación no fondo solidario de libros de texto está dirixida ao alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º cursos de Educación Primaria. En 3º e 5º curso procederase á substitución de libros; e en 4º e 6º cursos manterase o préstamo de libros de anos anteriores.
Nesta mesma orde, convócanse as axudas para adquirir libros de texto: destinada a alumnado de 1º e 2 de Educación Primaria; alumnado con discapacidade igual ou superior ó 65 % ; e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Por último  o alumnado de Educación Primaria pode solicitar o vale para adquirir material escolar.

Documentación necesaria para tramitar a solicitude:
-          Solicitude (anexo I)
-          Comprobación dos membros computables da unidade familiar (anexo II)
-       Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

Para ser beneficiario do préstamo de libros é condición indispensable devolver os libros de préstamo deste curso escolar. (No vindeiro mes poñeremos as datas para a devolución dos libros de préstamo de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria).

Presentación da solicitude:
-       Pode cada familia acceder á aplicación fondolibros onde se fai a solicitude. Unha vez feita a solicitude pode: presentarse por sede electrónica da xunta ou presentala de xeito presencial no centro.
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no centro educativo.

O prazo para presentar solicitudes abrangue desde o día 20 de maio ata o día 19 de xuño.



18 de maio de 2020

Tarefas PROA

Estas son as tarefas propostas para esta semana:

Ficha para 3º e 4º:




Ficha para 5º e 6º:

15 de maio de 2020

Pago de taxas de comedor

A partir do luns da vindeira semana podedes pasar polo colexio para recoller os impresos de pago de taxas de comedor correspondente ó mes de marzo, en horario de 09:30 a 14:30.
Debemos extremar as precaucións para evitar posibles contaxios, asi que pregamos respetar as medidas de seguridade.