30 de nov. de 2019

OS VENDEDORES DE 6ºA

Chegou o Black Friday á clase de 6ºA, os seus membros ofrécennos uns productos que non encontrarás nas tendas, serán capaces de vendelos?


29 de nov. de 2019

NÓS TAMÉN SOMOS XORNALISTAS


"Un día coa radio"


O xoves 28 de novembro, veu ao CEIP Eugenio López un locutor de Radio Nordés a explicarnos como funciona a radio. Deu dúas charlas, unha para os 6ºs e a outra para 1º B e para nós, que somos 4º C.

Josiño, que así se chama, falounos de distintos tipos de programas : noticias, deportes, música...
Pareceunos unha experiencia moi interesante.
                                                                                  O alumnado de 4º C

28 de nov. de 2019

SEMANA DO AUDIOVISUAL

Esta semana comezou no colexio a semana do audiovisual organizada pola ANPA Uxío adicada á fotografía, radio, prensa escrita, prensa dixital e redes sociais.
Cada ponente realiza dúas sesións dunha hora de duración con distintos cursos de Educación Primaria.
Onte foi o turno do xornalista de La voz de Galicia Juan Ventura Lado, que deu dúas charlas de prensa escrita dirixidas ó alumnado de 3º A e 3º B (a primeira delas), e a continuación ó alumnado de 4º A e 4º B.



Hoxe foi o turno de José Manuel Mira (Josiño), periodista de radio Nordés, quen veu a falarnos da radio. Neste caso a actividade foi dirixida en primeiro lugar ó alumnado de 6º A e 6º B e posteriormente ó alumnado de 1º B e 4º C.
Ponencia de Josiño 

A vindeira semana continuarán as ponencias.

CAMIÑANDO CARA A IGUALDADE


Unha pequena mostra das actividades realizadas no noso centro con motivo da celebración do 25 de Novembro, día internacional contra a violencia de xénero. Dende pequenos queremos dar pasos cara a igualdade entre homes e mulleres, queremos que non haxa ningún tipo de violencia na nosa sociedade e ser libres.
As mensaxes que escribiron os nosos nenos e nenas nos seus zapatos  deben ser os valores e as formas de actuar que fagan que a nosa sociedade sexa máis xusta e igualitaria.

CONTRA AS VIOLENCIAS, EDUCACIÓN.


25 de nov. de 2019

TINGUIDOS DE MORADO

Esta é unha pequena mostra do que se estivo a traballar nas aulas a pasada semana.
No seguinte vídeo podedes escoitar queixas,protestas...pero tamén desexos e ilusións por camiñar cara a unha sociedade máis igualitaria.


24 de nov. de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTURA 25N

No blogue da Biblioteca, subimos unha lista de recomendacións de lectura para traballar nas titorías a conmemoración do 25 N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Se pinchades neste enlace accederedes directamente ao noso blogue 

👇

Recomendacións lectura 25N

18 de nov. de 2019

CAMPAÑA DE INVERNO 2020

O próximo 4 de Decembro remata o prazo de solicitude para a campaña de esquí que promove o concello de Cee en colaboración coa Deputación da. Coruña. Para máis información botade un ollo a páxina web do concello https://cee.gal/es/actualidade/campana-de-esqui-2020/5294/ ou na oficina do servizo de deportes.


14 de nov. de 2019

VOZ NATURA NO EUGENIO LÓPEZ

Este ano o noso centro sumouse ao Proxecto Voz Natura. Este programa consiste nunha serie de actividades e propostas dende os centros educativos para a concienciación e implicación da comunidade educativa na recuperación e defensa da natureza. É un proxecto que impulsa La Voz de Galicia dende o curso 1997/98 e que consiguiu numerosos premios, non só a nivel nacional se non tamén internacional.

Na páxina http://www.voznatura.com/ podedes atopar máis información sobre o mesmo.

Dende o noso centro  vanse plantexar diversas actividades e accións para a defensa e coidado do medioambiente, pouco a pouco iremos informando das mesmas.

Unha das primeiras medidas e que xa se están implementando nas aulas son as merendas sen plástico, a utilización das cantimploras inox para a auga, os tappers reutilizables ou a separación de restos orgánicos, plástico e de papel nas papeleiras de reciclaxe.



10 de nov. de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS



Raposín, a mascota da nosa Biblioteca, quere comentaros que en breve comenzará a actividade das mochilas viaxeiras.

En total, serán este curso  6 mochilas viaxeiras que viaxarán  nas aulas de  2ºA, 3ºA, 3ºB, 4ºA, 4ºB, 4ºC
Dentro delas  van distintos libros e tamén o caderno viaxeiro,
 no cal podedes escribir os vosos comentarios.

7 de nov. de 2019

O MES DA FUNDACIÓN NOVEMBRO 2019

No mes de Novembro a Fundación Fernando Blanco organiza unha serie de actividades culturais para os centros educativos da comarca así como para o público en xeral.

Onte o alumnado de 1º e 2º de Primaria asistiu a primeira das actividades, o concerto de Pakolas no que aprenderon cancións e moveron o esqueleto demostrando o rock and roll que levan dentro. 

Aquí tendes as diferentes actividades que nos propoñen, animámosvos a participar! 


4 de nov. de 2019

VISITA DE LAURA SUÁREZ


Moitas  gracias a Laura Suárez por visitar a nosa biblioteca e presentar ao alumnado de 5º e 6º de primaria  o seu primeiro comic "Los cuentos de la niebla".
Laura Suárez
Esperamos vela moi pronto  presentándonos o seu novo traballo "Conexión Macarrón", da autora Ledicia Costas, e ilustracións de  Laura Suárez.    


"Los cuentos de la niebla"
                                          
                                                               

   

                                                


SAMAÍN NO COMEDOR DO EUGENIO LÓPEZ

Preme no enlace