31 de maio de 2017

Día do libro

O 23 de abril  celebramos o  día internacional do  libro. Dende a Biblioteca preparamos  a actividade dos apadriñamentos lectores, unha actividade  moi especial, que gusta tanto aos padriños coma os afillados.
Podes ver o video no blogue da Biblioteca

HORARIO XORNADA CONTINUA XUÑO 2017

Estimados pais, nais e titores legais:

O Centro comunica que a partir do XOVES, 1 DE XUÑO E ATA O VENRES, 23 DE XUÑO DE 2017 o horario lectivo será:

ENTRADA: 9:15 H.
SAÍDA:____14:15 H.
SAÍDA DE COMEDOR (SEN TRANSPORTE): 15 H.
SAÍDA DE COMEDOR (CON TRANSPORTE): 15:15 H.

26 de maio de 2017

Mercado solidario.

La Voz de Galicia

Éxito total do mercadillo solidario no colexio Eugenio López de Cee.Os produtos esgotáronse enseguida.  26/05/2017 

Volveu ocorrer, un ano máis. Foi un éxito absoluto e os produtos esgotáronse rapidamente. Escolares de infantil e primeiro do colexio Eugenio López de Cee puxeron en marcha onte un mercadillo solidario, como xa fixeran tamén no 2016. Entón, para Cáritas; agora, para axudar ao tratamento dunha compañeira. Foron meses de traballo nas aulas, onde os nenos elaboraron desde colares ata pergamiños, xogos ou marcos.

23 de maio de 2017

FONDO SOLIDARIO CURSO 2017/2018

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018.
Prazo: dende o martes, 23 de maio ata o venres, 23 de xuño de 2017 (incluído)

18 de maio de 2017

Formalización de matrícula

O documento de formalización de matrícula para o novo alumnado de Educación Infantil e Primaria pode cubrirse e imprimir accedendo a esta ligazón Premer nesta ligazón (anexo III-1).
Lembramos que a matrícula para o novo alumnado terá lugar durante todo o mes de xuño na Secretaría do Centro.

9 de maio de 2017

Biblioteca Francisco Mayán

Relación de alumnado premiado nos concursos da Biblioteca Municipal de Cee "Francisco Mayán"

Concurso de Achegamento ao Libro:

IRENE GONZÁLEZ MARCOTE, accésit. (1º curso). DAVID SANTABAYA PAZ, gañador (4º curso). CARLA MARTÍNEZ CASTREJE, accésit (5º curso)

En busca do noso marcapáxinas: RUBÉN CAAMAÑO VELO, gañador (6º curso)

Na procura do noso cómic: CARLA MARTÍNEZ CASTREJE, gañadora (5º curso), MARINA CALO BUJEIRO, accésit, (5º curso), ANDREA LÓPEZ LAGO, accésit, (5º curso)