21 de dec. de 2019

Visitounos o apalpador

O pasado xoves recibimos a visita do apalpador, que estivo con todo o alumnado do centro e regalou unhas chuches.


20 de dec. de 2019

Comida Nadal 2019


BO NADAL 2019!

Chegaron as vacacións de Nadal, tempo de pasar bos ratos cos nosos seres queridos e tempo de celebracións. O espíritu navideño tamén estivo presente no noso colexio, decoración e adornos de Nadal nas aulas e nos corredores, visita do Apalpador e dos Reis Magos, chocolatada, actividades de convivencia entre o alumnado de diferentes cursos...

Dende todos os que formamos parte da comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Eugenio López desexávosvos un Bo Nadal e que pasades unhas boas festas! Vémonos o 8 de Xaneiro!


19 de dec. de 2019

NADAL NO COMEDOR ESCOLAR

O noso comedor xa está preparado para o Nadal. Dende todos os que formamos parte do comedor escolar, BO NADAL!


17 de dec. de 2019

GUÍA DO NADAL 2019

Xa temos listas as guías coas lecturas recomendadas para este Nadal. Preparamos unha para a etapa de Educación Infantil e outra para a etapa de Educación Primaria (dividida por ciclos).

Que non falte un libro na nosa lista de peticións a Papá Noel ou aos Reis Magos! E por se se lles olvida, á volta de vacacións visita a nosa biblio para levar os teus libros preferidos.

Boas vacacións lectoras!




16 de dec. de 2019

SEMANA DO AUDIOVISUAL

Continuando coa semana do audiovisual organizada pola ANPA, o pasado venres visitounos o xornalista Ubaldo Cerqueiro, de Que pasa na Costa, para facer un relatorio sobre prensa dixital en dous talleres dirixidos ó alumnado de 4º de Educación Primaria A e a 1º de Educación Primaria B.
Aqui deixamos un vídeo cedido pola ANPA:


10 de dec. de 2019

ADORNAMOS A ÁRBORE DO MERCADO

Os nenos e nenas de 1ºB foron hoxe pola mañá colgar os seus adornos da árbore do Mercado municipal. Elaboraron unha bola de Nadal con materiais de reciclaxe, fomentando a reutilización de materiais para outros usos. 
Non marcharon de baleiro do mercado, algún agasallo tamén recibiron! Moitas grazas polo trato recibido!


8 de dec. de 2019

FOTOGRAFÍAS CAMPO A TRAVÉS

No seguinte enlace Fotografías campo a través podedes ver unha escolma de fotografías cedidas pola ANPA Uxío da proba de campo a través celebrada o pasado xoves.

5 de dec. de 2019

XORNADA LOCAL CAMPO A TRAVÉS

Na mañá de hoxe xoves, celebrouse no campo municipal de Cee, a fase local do campionato escolar de campo a través. Esta competición organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte dentro do programa deportivo XOGADE, conta coa colaboración e axuda do Concello de Cee e da Agrupación Deportiva As Rías.

O noso colexio leva varios anos asistindo a esta actividade, fomentando a práctica deportiva nunha xornada lúdica e de convivencia con outros centros da zona, sendo un total de preto de 1000 rapaces e rapazas dos centros educativos da Costa da Morte.

Este ano asistimos a esta xornada con 75 nenos e nenas e varios máis do noso cole que competiron co clube de atletismo Olimpia. Levamos equipos nas categorías benxamín, alevín e infantil (tanto masculino como feminino) e un rapaz na categoría cadete.
Aínda que non é o obxectivo fundamental da actividade, varios nenos e nenas acadaron medallas e alcanzaron a clasificación tanto individual como por equipos para a seguinte fase da competición que terá lugar no concello de Noia o próximo 17 de Xaneiro.

BENXAMÍN FEMININO

BENXAMÍN MASCULINO

ALEVÍN FEMININO

ALEVÍN MASCULINO

INFANTIL FEMININO

INFANTIL MASCULINO

CADETE MASCULINO

2 de dec. de 2019

APRENDENDO NOVAS FORMAS DE DESPRAZAMENTO

Na nosa canle de Youtube podedes ver un pequeno resume das actividades que realizaron os nenos e nenas de 4º de Primaria na unidade didáctica de desprazamentos.


Para máis información sobre as actividades de Educación Física e noticias sobre deporte e actividade física visitade o noso blogue http://faideporte.blogspot.com/