21 de dec. de 2019

Visitounos o apalpador

O pasado xoves recibimos a visita do apalpador, que estivo con todo o alumnado do centro e regalou unhas chuches.


20 de dec. de 2019

Comida Nadal 2019


BO NADAL 2019!

Chegaron as vacacións de Nadal, tempo de pasar bos ratos cos nosos seres queridos e tempo de celebracións. O espíritu navideño tamén estivo presente no noso colexio, decoración e adornos de Nadal nas aulas e nos corredores, visita do Apalpador e dos Reis Magos, chocolatada, actividades de convivencia entre o alumnado de diferentes cursos...

Dende todos os que formamos parte da comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Eugenio López desexávosvos un Bo Nadal e que pasades unhas boas festas! Vémonos o 8 de Xaneiro!


19 de dec. de 2019

NADAL NO COMEDOR ESCOLAR

O noso comedor xa está preparado para o Nadal. Dende todos os que formamos parte do comedor escolar, BO NADAL!


17 de dec. de 2019

GUÍA DO NADAL 2019

Xa temos listas as guías coas lecturas recomendadas para este Nadal. Preparamos unha para a etapa de Educación Infantil e outra para a etapa de Educación Primaria (dividida por ciclos).

Que non falte un libro na nosa lista de peticións a Papá Noel ou aos Reis Magos! E por se se lles olvida, á volta de vacacións visita a nosa biblio para levar os teus libros preferidos.

Boas vacacións lectoras!




16 de dec. de 2019

SEMANA DO AUDIOVISUAL

Continuando coa semana do audiovisual organizada pola ANPA, o pasado venres visitounos o xornalista Ubaldo Cerqueiro, de Que pasa na Costa, para facer un relatorio sobre prensa dixital en dous talleres dirixidos ó alumnado de 4º de Educación Primaria A e a 1º de Educación Primaria B.
Aqui deixamos un vídeo cedido pola ANPA:


10 de dec. de 2019

ADORNAMOS A ÁRBORE DO MERCADO

Os nenos e nenas de 1ºB foron hoxe pola mañá colgar os seus adornos da árbore do Mercado municipal. Elaboraron unha bola de Nadal con materiais de reciclaxe, fomentando a reutilización de materiais para outros usos. 
Non marcharon de baleiro do mercado, algún agasallo tamén recibiron! Moitas grazas polo trato recibido!


8 de dec. de 2019

FOTOGRAFÍAS CAMPO A TRAVÉS

No seguinte enlace Fotografías campo a través podedes ver unha escolma de fotografías cedidas pola ANPA Uxío da proba de campo a través celebrada o pasado xoves.

5 de dec. de 2019

XORNADA LOCAL CAMPO A TRAVÉS

Na mañá de hoxe xoves, celebrouse no campo municipal de Cee, a fase local do campionato escolar de campo a través. Esta competición organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte dentro do programa deportivo XOGADE, conta coa colaboración e axuda do Concello de Cee e da Agrupación Deportiva As Rías.

O noso colexio leva varios anos asistindo a esta actividade, fomentando a práctica deportiva nunha xornada lúdica e de convivencia con outros centros da zona, sendo un total de preto de 1000 rapaces e rapazas dos centros educativos da Costa da Morte.

Este ano asistimos a esta xornada con 75 nenos e nenas e varios máis do noso cole que competiron co clube de atletismo Olimpia. Levamos equipos nas categorías benxamín, alevín e infantil (tanto masculino como feminino) e un rapaz na categoría cadete.
Aínda que non é o obxectivo fundamental da actividade, varios nenos e nenas acadaron medallas e alcanzaron a clasificación tanto individual como por equipos para a seguinte fase da competición que terá lugar no concello de Noia o próximo 17 de Xaneiro.

BENXAMÍN FEMININO

BENXAMÍN MASCULINO

ALEVÍN FEMININO

ALEVÍN MASCULINO

INFANTIL FEMININO

INFANTIL MASCULINO

CADETE MASCULINO

2 de dec. de 2019

APRENDENDO NOVAS FORMAS DE DESPRAZAMENTO

Na nosa canle de Youtube podedes ver un pequeno resume das actividades que realizaron os nenos e nenas de 4º de Primaria na unidade didáctica de desprazamentos.


Para máis información sobre as actividades de Educación Física e noticias sobre deporte e actividade física visitade o noso blogue http://faideporte.blogspot.com/


30 de nov. de 2019

OS VENDEDORES DE 6ºA

Chegou o Black Friday á clase de 6ºA, os seus membros ofrécennos uns productos que non encontrarás nas tendas, serán capaces de vendelos?


29 de nov. de 2019

NÓS TAMÉN SOMOS XORNALISTAS


"Un día coa radio"


O xoves 28 de novembro, veu ao CEIP Eugenio López un locutor de Radio Nordés a explicarnos como funciona a radio. Deu dúas charlas, unha para os 6ºs e a outra para 1º B e para nós, que somos 4º C.

Josiño, que así se chama, falounos de distintos tipos de programas : noticias, deportes, música...
Pareceunos unha experiencia moi interesante.
                                                                                  O alumnado de 4º C

28 de nov. de 2019

SEMANA DO AUDIOVISUAL

Esta semana comezou no colexio a semana do audiovisual organizada pola ANPA Uxío adicada á fotografía, radio, prensa escrita, prensa dixital e redes sociais.
Cada ponente realiza dúas sesións dunha hora de duración con distintos cursos de Educación Primaria.
Onte foi o turno do xornalista de La voz de Galicia Juan Ventura Lado, que deu dúas charlas de prensa escrita dirixidas ó alumnado de 3º A e 3º B (a primeira delas), e a continuación ó alumnado de 4º A e 4º B.



Hoxe foi o turno de José Manuel Mira (Josiño), periodista de radio Nordés, quen veu a falarnos da radio. Neste caso a actividade foi dirixida en primeiro lugar ó alumnado de 6º A e 6º B e posteriormente ó alumnado de 1º B e 4º C.
Ponencia de Josiño 

A vindeira semana continuarán as ponencias.

CAMIÑANDO CARA A IGUALDADE


Unha pequena mostra das actividades realizadas no noso centro con motivo da celebración do 25 de Novembro, día internacional contra a violencia de xénero. Dende pequenos queremos dar pasos cara a igualdade entre homes e mulleres, queremos que non haxa ningún tipo de violencia na nosa sociedade e ser libres.
As mensaxes que escribiron os nosos nenos e nenas nos seus zapatos  deben ser os valores e as formas de actuar que fagan que a nosa sociedade sexa máis xusta e igualitaria.

CONTRA AS VIOLENCIAS, EDUCACIÓN.


25 de nov. de 2019

TINGUIDOS DE MORADO

Esta é unha pequena mostra do que se estivo a traballar nas aulas a pasada semana.
No seguinte vídeo podedes escoitar queixas,protestas...pero tamén desexos e ilusións por camiñar cara a unha sociedade máis igualitaria.


24 de nov. de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTURA 25N

No blogue da Biblioteca, subimos unha lista de recomendacións de lectura para traballar nas titorías a conmemoración do 25 N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Se pinchades neste enlace accederedes directamente ao noso blogue 

👇

Recomendacións lectura 25N

18 de nov. de 2019

CAMPAÑA DE INVERNO 2020

O próximo 4 de Decembro remata o prazo de solicitude para a campaña de esquí que promove o concello de Cee en colaboración coa Deputación da. Coruña. Para máis información botade un ollo a páxina web do concello https://cee.gal/es/actualidade/campana-de-esqui-2020/5294/ ou na oficina do servizo de deportes.


14 de nov. de 2019

VOZ NATURA NO EUGENIO LÓPEZ

Este ano o noso centro sumouse ao Proxecto Voz Natura. Este programa consiste nunha serie de actividades e propostas dende os centros educativos para a concienciación e implicación da comunidade educativa na recuperación e defensa da natureza. É un proxecto que impulsa La Voz de Galicia dende o curso 1997/98 e que consiguiu numerosos premios, non só a nivel nacional se non tamén internacional.

Na páxina http://www.voznatura.com/ podedes atopar máis información sobre o mesmo.

Dende o noso centro  vanse plantexar diversas actividades e accións para a defensa e coidado do medioambiente, pouco a pouco iremos informando das mesmas.

Unha das primeiras medidas e que xa se están implementando nas aulas son as merendas sen plástico, a utilización das cantimploras inox para a auga, os tappers reutilizables ou a separación de restos orgánicos, plástico e de papel nas papeleiras de reciclaxe.



10 de nov. de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS



Raposín, a mascota da nosa Biblioteca, quere comentaros que en breve comenzará a actividade das mochilas viaxeiras.

En total, serán este curso  6 mochilas viaxeiras que viaxarán  nas aulas de  2ºA, 3ºA, 3ºB, 4ºA, 4ºB, 4ºC
Dentro delas  van distintos libros e tamén o caderno viaxeiro,
 no cal podedes escribir os vosos comentarios.

7 de nov. de 2019

O MES DA FUNDACIÓN NOVEMBRO 2019

No mes de Novembro a Fundación Fernando Blanco organiza unha serie de actividades culturais para os centros educativos da comarca así como para o público en xeral.

Onte o alumnado de 1º e 2º de Primaria asistiu a primeira das actividades, o concerto de Pakolas no que aprenderon cancións e moveron o esqueleto demostrando o rock and roll que levan dentro. 

Aquí tendes as diferentes actividades que nos propoñen, animámosvos a participar! 


4 de nov. de 2019

VISITA DE LAURA SUÁREZ


Moitas  gracias a Laura Suárez por visitar a nosa biblioteca e presentar ao alumnado de 5º e 6º de primaria  o seu primeiro comic "Los cuentos de la niebla".
Laura Suárez
Esperamos vela moi pronto  presentándonos o seu novo traballo "Conexión Macarrón", da autora Ledicia Costas, e ilustracións de  Laura Suárez.    


"Los cuentos de la niebla"
                                          
                                                               

   

                                                


SAMAÍN NO COMEDOR DO EUGENIO LÓPEZ

Preme no enlace

30 de out. de 2019

QUE ACONTECEU NA NOSA BIBLIO?


Se queres ver o que aconteceu na biblio esta semana, ven a visitar o noso blog !



      Pincha aquí             ➨  A TECA DOS LIBROS 

28 de out. de 2019

25 de out. de 2019

DÍAS NON LECTIVOS PARA O CURSO ESCOLAR 2019-2020

O CEIP PLURILINGÜE EUGENIO LÓPEZ comunica as datas dos días non lectivos para o curso escolar 2019-2020:

DÍA DO ENSINO:
- Xoves, 31 de outubro de 2019 (DOG xoves, 20 de xuño de 2019)

FESTIVO ESCOLAR NO CONCELLO DE CEE:
- Venres, 20 de marzo de 2020
(Tódolos centros educativos do concello de Cee)

FESTIVO LOCAL NO CONCELLO DE CEE:
- Martes, 16 de xuño de 2020

24 de out. de 2019

LECTURAS DE MEDO



LUNS 28
MARTES 29
MERCORES 30
11:30
a
12:00
Conta 1ºA
Escoita 3ºA
Conta 3ºA
Escoita 1ºA
Conta 1ºB
Escoita 4ºB
Conta : 4ºB
Escoita: 1ºB



RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
12:30

a
13:00
Conta: 5ºC
Escoita: Infantil
5 anos A e B 
Laura Suarez

Aulas 5ºA
e 5ºB (1/2)
Conta: 6ºA
Escoita: 6ºB
Conta: 6ºB
Escoita: 6ºA

13:00
a
13:30
Conta : 4ºA
Escoita: 5ºC
Conta: 5ºC
Escoita: 4ºA
Laura Suarez

Aulas de 5ºC
e 5ºB (1/2)
Conta: 2ºA
Escoita: 4ºC
Conta: 4ºC
Escoita: 2ºA
13:30
a
14:00

Laura Suarez

Aulas de 6ºA e 6ºB


** Laura Suárez, antigua alumna do colexio,  presentará o seu primeiro cómic "Los cuentos de la niebla" 




18 de out. de 2019

WELCOME¡


Estas primeiras semanas en inglés estivemos coñecéndonos, coñecendo ás profes e á auxiliar de conversa deste ano. Sabiamos que se chamaba Krista e viña de Canadá pero non sabiamos como era, así que, aproveitando que os de 4º estaban coas descripcións, xogamos a imaxinala. 
A que nos quedaron chulos os retratos?








Por votación popular houbo dúas gañadoras. Parabéns!



17 de out. de 2019

VISITA A STOUPA

O venres 11 de outubro o alumnado  de 3ºA visitou Stoupa. O motivo foi coñecer unha exposición de Mon Lendoiro "Trociños de papel e otros animais", realizada coa técnica de colaxe.
O ilustrador Mon Lendoiro utilizou esta técnica para crear uns animais con moita vida.
Begoña explicounos que hai artistas como Picasso que tamén utilizaron esta técnica.

Un remo decorado con colaxe.



















                                                                     
Para realizar unha colaxe necesitamos papeis, cromos, tarxetas,etc.
Esta actividade sirve para  reducir os residuos e darlles una segunda vida.
Logo a parte práctica consistiu en  decorar  un peixe utilizando a técnica de colaxe.

Realizando a actividade de colaxe                       


Aula de 3ºA




12 de out. de 2019

INAUGURACIÓN DA BIBLIO!

O próximo luns 21 de outubro abriremos a biblioteca do noso colexio, como cada ano os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria axudarán aos membros do equipo de biblioteca no préstamo de libros e no bo funcionamiento da mesma.

Os nosos pequenos bibliotecarios anímanvos a que gocedes dos libros e contos que vos están agardando!



3 de out. de 2019

WELCOME KRISTA

El lunes llega Krista, la auxiliar de conversación que tendremos este año en primaria.
 En 2ºA hicimos un cartel de bienvenida

                                                                   A welcome poster

20 de set. de 2019

HORARIO DE ATENCIÓN A NAIS/PAIS


O horario de atención a nais/pais de administrativa e orientación será de 09:35 a 14:00 horas.

                                            Horario do equipo directivo:


LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
1
DIRECCIÓN
SECRETARÍA

DIRECCIÓN

2
EQUIPO
DIRECCIÓN



3

XEFATURA
EQUIPO

DIRECCIÓN
SECRETARÍA






4


DIRECCIÓN
EQUIPO
DIRECCIÓN
XEFATURA
5

DIRECCIÓN
SECRETARÍA
DIRECCIÓN
XEFATURA

XEFATURA
SECRETARÍA