27 de nov. de 2014

O gato con botas

Noticias:


O mércores, 19 de novembro de 2014, os nenos e nenas de 4º  fomos ao Teatro Colón a ver: "O gato con botas", que estivo  moi ben.

Despois visitamos Afundación (Caixa Galicia) onde vimos a exposición de Isaac Díaz Pardo. E logo nun taller fixemos máscaras, colgantes, etc. con arxila.

      Angel Canosa  (4º B)


5 de nov. de 2014

Remuíño Express! outubro 2014, 5 AAAAA!!!!!

O Equipo de Dinamización da Língua Galega, ten o placer de presentar a primeira edición da revista Remuíño Express!. Un proxecto que ten como propósito, inspirar ós nosos alumn@s de 5º e 6º curso, darlles o gran labor de transmitirnos a súas inquedanzas e o gran traballo de informarnos sobre as novas do lugar, traballando así dunha maneira lúdica, a súa competencia escrita, ademais de competencias como aprender a aprender, tratamento da información ou neste caso a competencia dixital.
Este mes os encargados da actividade foron os alumnos de Don Xosé Cañizo de 5ºA, que fixeron un gran traballo na edición do exemplar. Desde o EDLG, queremos darlles o máis sincero agradecemento por esforzarse nesta tarefa, e acadar este estupendo resultado!.