20 de dec. de 2011

17 de dec. de 2011

Visitarán os Reis Magos ao Apalpador?

Carta aos Reis Magos,(descarga aquí a carta e o sobre)
 Os Servizos de Normalización Lingüística de varios concellos, colaboran coas súas maxestades de Oriente no reparto das cartas.
Os SNL ocuparanse de repartir nos centros de ensino dos seus concellos os modelos de cartas que lles fixeron chegar os Reis Magos.
A carta servirá para presentar oficialmente aos Reis co Apalpador, esa figura da tradición galega que baixa das montañas na noite de fin de ano visita as rapazas e os rapaces, apálpalles a barriguiña para ver se están ben mantidos e ademais dos agasallos déixalles unha presada de castañas e deséxalles que teñan un ano novo cheo de felicidade e farturaQue pasa na costa

16 de dec. de 2011

O corno do boi .Podedes ver este blogue de Carla, de A Coruña. Ten ao seu curmán Yerai, no noso colexio.

15 de dec. de 2011

Clasificacións de campo a través

No blogue "Fai deporte" podedes ver as clasificacións das probas de campo a través que tiveron lugar o pasado mércores 7 de Decembro no campo de fútbol de Cee.
TAMÉN podedes ver TRES FANTÁSTICOS "videos" de un encontro amistoso... no recreo...venres 16

8 de dec. de 2011

CONCURSO DE DEBUXOS E CARTAS DE AMIZADE

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos proporvos a participación no concurso de debuxos e cartas de amizade.


Prantexamos dous tipos de traballos según as idades:
  • Para Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria a realización de debuxos sobre o tema “A amizade”.
  • Para 2º e 3º ciclo de Primaria a realización de cartas de amizade.
Colocaranse buzóns de recollida dende o día 12 ata o 20 de Decembro nos pasillos de cada ciclo.

Os membros do EDLG seleccionarán as tres mellores cartas e os tres mellores debuxos que obterán un premio.
Grazas pola vosa colaboración.