21 de dec. de 2017


O Tele Noticiario, a nova aventura audiovisual dos  iutubers do Eugenio López

21 Dic 2017Redacción

Impresionados quedamos co traballo audiovisual dos xa famosos “iutubers” do CEIP Eugenio López. O colexio ceés non para de facer accións relacionadas co mundo da creatividade audiovisual, e este ano abre un novo proxecto: o “Tele Noticiario”.
Coa intención de facer un “Tele Noticiario” semanal, xa levan 5 programas dende que comezou o mes de nadal. Cómpre destacar que a redacción e gravacións son completamente feitas polo alumnado, o que dá conta da canteira que temos na volta.
O “Tele Noticiario” conta con diferentes seccións como: As noticias, Libro recomendado, deportes e o tempo.
Así que sen máis, deixásmovos coas novas dos noso peque-xornalistas, https://quepasanacosta.gal/o-tele-noticiario-a-nova-aventura-audiovisual-dos-iutubers-do-eugenio-lopez/
MOITÍSIMAS GRAZAS A  QUE PASA NA COSTA!!!

Comida nadal2017


Comida nadal 2017

19 de dec. de 2017

NOVA EMISIÓN CONCURSO "COMA UN ALLO"

AVISO IMPORTANTE
O equipo directivo comunica que, según novos cambios na programación de Nadal da Televisión de Galicia, a emisión do concurso "Coma un allo" no que participan os/as nenos/as de 4º EP e 5º EP deste centro educativo será o venres 29 de decembro, o martes 2, o mércores 3, o xoves 4 e o venres 5 de xaneiro de 2018 na TVG dende as 15:50 h. ata as 16:20 h.

17 de dec. de 2017

Bo nadal

 Dende o equipo de Biblioteca queremos comunicar que o último día para solicitar ou devolver libros este trimestre será o mércores 20 de decembro.
Pronto entregaremos a guía con recomendacións de lecturas para o Nadal. 
Tamén podes ver a guía no blogue da Biblioteca


   

13 de dec. de 2017

EMISIÓN DO CONCURSO "COMA UN ALLO"


Resultado de imaxes para coma un allo

O equipo directivo comunica que a emisión do concurso "Coma un allo" no que participaron os/as nenos/as de 4º EP e 5º EP deste centro educativo será dende o luns, 1 ata o venres, 5 de xaneiro de 2018 na TVG dende as 15:50 h. ata as 16:20 h.

Fotos con Püssa


                 


                                                                   
                                         




10 de dec. de 2017

RECICLAXE

O 22 de novembro o alumnado de 1º a 4 curso asistiu a un taller de reciclaxe de tapóns de plástico.
Visitounos a mascota Püssa. Neste taller explicáronnos que ademáis de cuidar o planeta
se reciclamos tamén estamos axudando a outras persoas que o necesitan.
Reciclar tamén pode ter un fin social.
E cos tapóns reciclados podemos facer manualidades moi interesantes e divertidas.
En breve publicaremos as fotos do taller .

Tamén colocamos na entrada do colexio unha caixa para depositar os cartuchos vacíos de tinta .




 Da vida ao noso planeta!     RECICLA!!




5 de dec. de 2017

Comarcal de campo a través

Hoxe, un ano máis, e tal e como vén sendo habitual nos últimos anos, tivo lugar no campo de fútbol de San Paio de Refoxos de Cee a proba correspondente á fase comarcal de campo a través, cunha participación de máis de 900 nenos de idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.As entidades participantes foron as seguintes: o colexios Eugenio López e Manuela Rial asi coma o IES Agra de Raíces e a Asociación Deportiva Olimpia de Cee; o CEIP Santa Eulalia de Dumbría; o CEIP Praia de Quenxe de Corcubión; os colexios Mar de Fóra e Nosa Señora do Carme de Fisterra; o CEIP Virxe da Barca de Muxía; o CEIP San Vicenzo e o IES Terra de Soneira de Vimianzo; o CEIP de Baíñas; o CPI Cabo da Area de Laxe; o CEIP Canosa-Rus e o CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco; o CEIP Ramón Otero Pedrayo de Laracha e o IES Pedra da Aguia de Camariñas.
Estuvo un día fabuloso para a práctica deportiva e foi unha xornada lúdica na que os nenos e nenas puideron disfrutar dunha competición que sempre lles motiva moito. Do noso centro participaron 48 alumnos do colexio, ademais de máis alumnos do centro que adestran e compiten coa Asociación Deportiva Olimpia, que un ano máis volveu a poñer de manifesto o nivel dos seus compoñentes gañando e clasificando equipos na maioría das categorías e que reflexa o bo traballo realizado polo seu adestrador Jorge Lariño, sen deixar de lado o esforzo dos atletas.
Nós participamos con alumnos de categorías benxamín, alevín e infantil. Na categoría benxamín, tanto masculino coma feminino percorreron unha distancia de 500 metros. Como é a primeira vez que participan, tiveron a posibilidade de enfrontarse a outros nenos e nenas da súa mesma idade e ver cal é realmente o nivel que teñen eles mesmos, e tamén o resto de participantes. Logo foi o turno para as nenas de categoría alevín feminino, que percorreron 600 metros, continuando cos nenos da mesma categoría que percorreron 800 metros. Os últimos participantes do colexio foron os de categoría infantil percorrendo 800 metros en categoría feminina e 1.200 metros en categoría masculina. Nesta última categoría resúltalles máis complicado competir e acadar bos postos dado que compiten con outros nenos e nenas un ano maiores que eles.
O máis importante de todo e o que máis nos gusta ós mestres de educación física do cole é que todos o pasaron ben, que o fixeron o mellor que foron capaces e que o seu comportamento foi bo. Muitos dos nosos alumnos contaron ademais co apoio das súas familias que acudiron ó campo a velos e darlles ánimos. Noraboa a tódolos nosos alumnos pola carreira realizada.

1 de dec. de 2017

Coma un allo. TVG

Xián, 
Antón, 
Anxo, 
Uxía 

Iris 
de 4º e 5º
estiveron onte gravando no programa da TVG,
COMA UN ALLO

A emisión será dentro duns días.
Avisaremos da data. 

22 de nov. de 2017

Pasos pola igualdade






      No  Ceip Eugenio López estos
días pisamos dun xeito diferente.
Porque os nosos pasos , que
son moitos, queren  fomentar 
a igualdade e a coeducación.






Que pasa na costa preme    “Máis boas cás patacas”, a banda de Teo que conseguiu co seu tema “Son muller” gañar o concurso “Quero Cantar” da área de Cultura da Deputación da Coruña. Na súa canción “Son muller”, as oito mozas de Teo, estudantes do IES de Cacheiras  reivindican os dereitos e a igualdade para as mulleres.

ALERTA LARANXA DURANTE O MÉRCORES, 22 DE NOVEMBRO DE 2017

Alerta laranxa por refachos de vento de ata 100/km durante o 22 de novembro na provincia da Coruña e mariña de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, dende as 9 horas en adiante (aproximadamente) do mércores 22 de novembro de 2017, por refachos de vento de ata 100km/h que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña e da Mariña de Lugo.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 9.00h das instalacións do centro escolar destas zonas afectadas, con seguimento das condicións climáticas.
Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares.
A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) 

19 de nov. de 2017

PLAN PROXECTA CURSO 2017/18




Foron concedidos para o noso centro 2 plans proxecta:
 2- CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES ( proxecto deportivo de centro)
10- DONAS DE SI ( ámbito igualdade)

Publícase a listaxe provisional dos proxectos admitidos en cada programa educativo no Plan Proxecta durante o curso 2017/18.    máis información

13 de nov. de 2017

XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A  Federación Provincial de ANPAS  Costa da Morte e a confederación de ANPAS Galegas, organiza durante os días 23, 24 e 25 de novembro unhas "Xornadas sobre a Atención á Diversidade " nas que poderán participar tanto pais e nais de alumnos como profesorado ou calquer persoa interesada
O Profesorado que participe, poderá apuntarse tamén a través do CEFORE co código C1702025 e terá un recoñecemento en horas.    mais información

1 de nov. de 2017

Xornadas de atención á diversidade


Xornadas de atención á diversidade


Informamos a toda a comunidade educativa que a Federación Provincial de ANPAS  Costa da Morte e a confederación de ANPAS Galegas, organiza durante os días 23, 24 e 25 de novembro unhas "Xornadas sobre a Atención á Diversidade " nas que poderán participar tanto pais e nais de alumnos como profesorado ou calquer persoa interesada.
Terás ao teu dispor servizo gratuíto de ludoteca, canguraxe, cátering...

O Profesorado que participe, poderá apuntarse tamén a través do CEFORE e terá un recoñecemento en horas.    mais información

5 de out. de 2017


De ruta académica por Corcubión

5 OCT 2017LORENA MARTÍNEZ CANOSASempre hai un bo motivo para trasladar a aprendizaxe a fóra das aulas. E máis, cando o bo tempo acompaña ao grupo. E se non que llo pregunten ao alumnado de sexto de Educación Primaria do CEIP Eugenio López, de Cee, que visitou onte Corcubión para coñecer a historia e as rúas desta emblemática vila.
O antigo cárcere foi o punto no que os alumnos e alumnas foron recibidos pola súa guía quen lle falou polo miúdo deste edificio. Logo, documentou aos asistentes sobre o pazo dos Altamira e as distintas Casas dominantes, como os Traba. A igrexa de San Marcos tamén foi obxecto da visita onde o alumnado comprobou o traballo dos canteiros, as distintas fases da arquitectura da igrexa, San Marcos… Tamén tiveron tempo para coñecer algunhas das casas máis senlleiras da vila, o Campo do Rollo e incluso a orixe do seu nome.
Fonte  Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

3 de out. de 2017

Sinfonía de ballenas


El canto de las ballenas es la colección de sonidos que emiten las ballenas para comunicarse.
Los cetáceos tienen un sentido del oído muy elaborado.Por otra parte, la comunicación auditiva es muy efectiva dentro del agua por razones físicas. En los líquidos, que son más densos, el sonido se propaga a una velocidad mucho mayor, 1.500 m/s en el agua frente a 340 m/s en el aire


18 de set. de 2017

PLAN PROXECTA


Neste curso escolar ofrécense 45 programas educativos, que poden ser consultados na web de Proxecta (véx. Programas).
Prazo de solicitude: do 16/09/2017 - 16/10/2017 (no caso dos programas do CGAI, véx. a seguinte ligazón).
Solicitude: a traves da aplicación de Plan Proxecta (https://www.edu.xunta.es/programaseducativos/).

18 de xul. de 2017

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS DE FONDOLIBROS

Relación de alumnado con FONDO LIBROS

A ENTREGA DE LIBROS AO ALUMNADO de  3º, 4º, 5º e 6º  de Ed. primaria  realizarase o LUNS, 11 DE SETEMBRO, coincidindo co comezo do novo curso.
Recordamos a importancia de non forrar nin escribir o nome nos libros  de nova adquisición ata o comezo do novo curso pois sempre pode haber algún erro.
CURSOS: 3º  e  5º de  EDUCACIÓN PRIMARIA
   Todo o alumnado que solicitou o fondo solidario de libros de texto para o curso 2017-2018
   recibirá os seguintes libros:
1        1-  Lingua extranxeira-inglés
2        2- Matemáticas
3        3- Lingua castelá e literatura
4        4- Lingua galega e literatura
5        5- Ciencias sociais
6        6- Ciencias da natureza
     Como hai fondos de libros de texto suficientes, o alumnado que non solicitou o fondolibros tamén recibirá os 6 libros de texto anteriormente citados.

CURSOS: 4º   e 6º de Educación primaria : consultar as listas definitivas do fondo libros



12 de xul. de 2017

Libros de texto curso 2017-2018

A listaxe de libros de texto para o curso 2017-2018 de Educación Infantil e Primaria poden consultarse no blogue de Secretaría.
E importante que non se forren os libros nin se escriba neles ata que no mes de setembro se confirmen todos os libros. Pois sempre pode haber algún erro.

11 de xul. de 2017

Actividades extraescolares 2017.18

ABERTO O PRAZO PARA PREINSCRICIÓN !!!
Desde de o lúns 10 ao venres 14 , estaremos no local da ANPA.   Facebook Anpa Uxío
Horarios: mañàns de. 11:00 h a 13:00 h  Tardes de. 15:30h a 17:00 h


29 de xuño de 2017

HISTORIAL ACADÉMICO E FONDO LIBROS


ALUMNADO DE 6º EP QUE VAI PARA 1º ESO

Os días 4, 5 e 6 de xullo os pais/nais e titores legais do alumnado que remate 6º EP poderá recoller o HISTORIAL ACADÉMICO na secretaría do centro. Horario: de 10:30 a 13 h.

FONDO LIBROS
-      Publicación da lista provisional:  luns, 10/07/2017, prazo de reclamación de 2 días
-      Publicación da lista definitiva:    luns, 17/07/2017
-      A entrega dos libros ao alumnado de 3º EP, 4º EP, 5º EP e 6º EP terá lugar  en setembro, ao comezo do novo curso .
- O alumnado dende 3º EP ata 6º EP terán que mercar os cadernos de inglés. O caderno de música únicamente mercarase en 5º EP. En 6º E. Primaria  non é necesario mercar o libro de música.
   
As axudas para a adquisición de libros de texto en 1º EP e 2º EP  : entregaranse os días    luns 10 e  martes 11  de xullo do 2017  en horario de 10:30 a 13:00 h.
    ____________________________________________________________
As axudas de 50 euros  para a compra de material escolar : entregaranse os días     luns 4 e  martes 5 de setembro do 2017  en horario de 10:30 a 13:00 h. 

14 de xuño de 2017

Gracias !!!

Dende o equipo de Biblioteca queremos  agradecer aos axudantes de biblioteca de 5º e 6º curso  a sua dedicación e o seu traballo durante todo este curso.




10 de xuño de 2017

Para Marta e Ángel

Desde a ANPA Uxio, queremos transmitirlle todo o noso cariño,ánimo e apoio a Marta, e Ángel, nestes tan duros momentos. Moito, moito ánimo.
Anpa Uxío enlace a facebook


Todos os que formamos este gran colectivo do colexio, sentimos esta perda e estamos, de todo corazón, con Marta e co noso alumno Ángel.
UN ABRAZO.


2 de xuño de 2017

Sorteo feito en Quinto

Efectuado o sorteo do reloxio para a viaxe de Quinto curso,
resultou premiado o número 0486. (A gañadora xa foi notificada).

GRAN SORTEO o día 22 de xuño:
Dúas noites en LIRES. 
MOITAS GRAZAS a "CABAÑAS DE LIRES"

31 de maio de 2017

Día do libro

O 23 de abril  celebramos o  día internacional do  libro. Dende a Biblioteca preparamos  a actividade dos apadriñamentos lectores, unha actividade  moi especial, que gusta tanto aos padriños coma os afillados.
Podes ver o video no blogue da Biblioteca

HORARIO XORNADA CONTINUA XUÑO 2017

Estimados pais, nais e titores legais:

O Centro comunica que a partir do XOVES, 1 DE XUÑO E ATA O VENRES, 23 DE XUÑO DE 2017 o horario lectivo será:

ENTRADA: 9:15 H.
SAÍDA:____14:15 H.
SAÍDA DE COMEDOR (SEN TRANSPORTE): 15 H.
SAÍDA DE COMEDOR (CON TRANSPORTE): 15:15 H.

26 de maio de 2017

Mercado solidario.

La Voz de Galicia

Éxito total do mercadillo solidario no colexio Eugenio López de Cee.Os produtos esgotáronse enseguida.  26/05/2017 

Volveu ocorrer, un ano máis. Foi un éxito absoluto e os produtos esgotáronse rapidamente. Escolares de infantil e primeiro do colexio Eugenio López de Cee puxeron en marcha onte un mercadillo solidario, como xa fixeran tamén no 2016. Entón, para Cáritas; agora, para axudar ao tratamento dunha compañeira. Foron meses de traballo nas aulas, onde os nenos elaboraron desde colares ata pergamiños, xogos ou marcos.

23 de maio de 2017

FONDO SOLIDARIO CURSO 2017/2018

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018.
Prazo: dende o martes, 23 de maio ata o venres, 23 de xuño de 2017 (incluído)

18 de maio de 2017

Formalización de matrícula

O documento de formalización de matrícula para o novo alumnado de Educación Infantil e Primaria pode cubrirse e imprimir accedendo a esta ligazón Premer nesta ligazón (anexo III-1).
Lembramos que a matrícula para o novo alumnado terá lugar durante todo o mes de xuño na Secretaría do Centro.

9 de maio de 2017

Biblioteca Francisco Mayán

Relación de alumnado premiado nos concursos da Biblioteca Municipal de Cee "Francisco Mayán"

Concurso de Achegamento ao Libro:

IRENE GONZÁLEZ MARCOTE, accésit. (1º curso). DAVID SANTABAYA PAZ, gañador (4º curso). CARLA MARTÍNEZ CASTREJE, accésit (5º curso)

En busca do noso marcapáxinas: RUBÉN CAAMAÑO VELO, gañador (6º curso)

Na procura do noso cómic: CARLA MARTÍNEZ CASTREJE, gañadora (5º curso), MARINA CALO BUJEIRO, accésit, (5º curso), ANDREA LÓPEZ LAGO, accésit, (5º curso)

   


25 de abr. de 2017

Reserva de prazas escolares

Solicitudes de praza: Todas as peticións de praza, nos diversos cursos de Educación Infantil e Educación Primaria, foron admitidas.

13 de abr. de 2017

Autorizada a Xornada única

RESOLUCIÓN DE XORNADA LECTIVA EN SESIÓN ÚNICA DE MAÑÁ
O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería, RESOLVE:
1. Autorizar a xornada lectiva en sesión única de mañá no CEIP. Eugenio López, de Cee. Horario de 9:30 a 14:30 h.
2. A xornada lectiva que se autoriza non poderá modificarse nun período de tres anos académicos, sern prexuizo da súa revogación de conformidade co apartado décimo primeiro da Orde do 20 de maio de 2008.
Santiago de Compostea, 30 de marzo de 2017
Asinado: d. José Manuel Pinal Rodríguez

22 de mar. de 2017

Oceanógrafos por un día

La Voz de Galicia.es/noticia/cee/
Este venres deu comezo a votación popular do concurso "La mar de ciencia" 
Tres nenas de 1º C son FINALISTAS cuns preciosos relatos que podedes LER e VOTAR na páxina web do concurso.
No seu blogue tamén podedes ler os relatos finalitas e axudarlles a conseguir converterse en  "Oceanógrafos por un día".

https://ospequesdesimonblogueanmogollon.wordpress.com/

.

17 de mar. de 2017

APÚNTATE!!!











Referente educativo na diversidade
Valoración da ANPA
  O alumnado
Juan Creus
Inauguracion
ANPAS e CFR

Xornadas
/

O Centro de Formación e Recursos (CEFORE) e a Federación de ANPAS Provincial-Costa da Morte a que prepara as II Xornadas de Atención á Diversidade.
Que pasa na costa
Como xa vimos no programa (enlace), estas xornadas teñen o lema “Vivimos na diversidade”, e servirán para concienciar a familias e profesores da importancia de naturalizar a diferencia. O obxectivo é claro: mellorar as prácticas educativas, atendendo á diversidade do alumnado.
As xornadas desenvolveranse os 24, 25 e 26 de marzo na Casa da Cultura de Cee e necesitan inscrición.
 APÚNTATE no IES AGRA DE RAÍCES http://www.edu.xunta.gal/centros/iesagraraices/

Programa

VENRES 24 DE MARZO
  • 17:45 a 18:00 Recollida de documentación e sinaturas.
  • 18:00 a 18:20 Apertura. Representantes de: CFR, ANPAS, concello, centros de ensino.
  • 18:20: Conferencia inaugural “Territorio e arquitectura vs repetición e diferenza”.   Por  Juan Creus
  • 19:00 a 19:10 Pausa
  • 19:10 a 21:00 “Estratexias para unha escola inclusiva.” Por Lidia Ma Gómez Boga. Mestra de Pedagoxía Terapéutica do CEIP Galán de Oseiro- Arteixo
SÁBADO 25 DE MARZO
  • 09:45 a 10:00 Recollida de sinaturas
  • 10:00 a 10:40 “Boas prácticas”: Por Manuel Maseda Deán, director do IES Maximino Romero de Lema, de Baio
  • 10:50 a 11:30 “Iutubers”. Por Rubén Neira Caridad profesor do CEIP “ Eugenio López” de Cee
  • 11:40 a 12:20 “De ti a ti” Por Virginia Rodríguez Ålvarez e María Luz de la Iglesia García, profesoras do IES Fin do Camiño, Fisterra
  • 12:20 a 12:40 Descanso café
  • 12:40 a 13:40 ” Cats (musical)”Por Patricia Urrutia Rodríguez, mestra de lingua inglesa e José Manuel Ponte Somoza, mestre de música en CPI A Picota, Mazaricos.
  • 14:00 a 16:30 Pausa para xantar
  • 16:45 a 18:45 “Cooperar para Aprender/ Aprender a Cooperar”: Por Carmen Vaz Dapía, asesora CFR de Vigo.
  • 18:45 a 19:00 Descanso para café
  • 19:00 a 21:00 “A xestión das emocións. A Educación Emocional”. Por María del Carmen Loureiro licenciada en Psicoloxía
  • 21:00 “Concerto”: Dude (Carballo)
DOMINGO 26 DE MARZO
  • 11:00 a 13:00 visita á Fundación Fernando Blanco: O Colexio-Instituto da Fundación e a Escola de Nenas desenvolveron unha singular experiencia pedagóxica, equiparable ós máis avanzados institutos do seu tempo. O seu programa combinaba unha educación humanista e cientifíca co ensino de materias prácticas necesarias para o desenvolvemento económico da comarca. Guía: Darío Areas Domínguez

Máis información