29 de out. de 2018

DÍA NON LECTIVO

Este centro educativo comunica que o vindeiro venres, 2 de novembro de 2018 é día non lectivo, polo tanto, non hai ningunha actividade lectiva 

28 de out. de 2018

Cursos para profesorado

Ata o día 2 de novembro segue aberto o prazo para a inscrición nas IX XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES , a través da plataforma FPROFE, do Servizo de Formación do Profesorado, co código G1802025 



23 de out. de 2018

Entrega do desfibrilador

A ANPA UXÍO entrega o desfibrilador 
Volveron os membros do 061 Urxencias Sanitarias polas escolas de Cee. Noemadamente foi Juanma Trillo o que se achegou ao CEIP Eugenio López invitado pola ANPA Uxío, para facer unha xornada de RCP (reanimación cardiopulmonar), cos nenos e nenas de infantil e primaria.
Unhas sesións que comezaron este luns cos máis pequenos, os de infantil, que foron cargados cos seus peluches para facerlle os exercicios.
Ademais, tamén se fixo unha xornada de utilización do DESA, odesfibrilador conseguido a través do Proxecto Salvavidas coa venta das “pulseiras salvavidas” durante o curso pasado.
As visitas continúan cos de Primaria este martes e mércores.
https://quepasanacosta.gal/os-peques-do-eugenio-lopez-aprenden-a-salvar-vidas/

15 de out. de 2018

luns 22 de outubro

O  equipo de Biblioteca quere comunicar que xa está próxima a apertura da biblioteca, será
O luns 22 de outubro  

                   O  24 de outubro   conmemórase o   Día das bibliotecas escolares

4 de out. de 2018

DÍAS NON LECTIVOS

Establécense como días non lectivos para o curso 2018-2019: 

1. Venres, 2 de novembro de 2018
2. Luns, 18 de marzo de 2019