22 de feb. de 2020

ENTROIDO 2020

Como todos sabedes, este ano o  Entroido no noso cole, xirou en torno á temática do AGRO.
E ti...xa sabes bailar " A vaca Lola?





17 de feb. de 2020

XORNADA DE PORTAS ABERTAS CURSO 2020-2021


Ven a coñecer o cole!!
O vindeiro martes, 3 de marzo de 2020 desde as 16 h. ata as 18 h. abrimos as portas do noso colexio para todas as familias que no curso 2020-2021 iniciades unha nova aventura cos vosos fillos e fillas que empezan 2º Ciclo de Educación Infantil (a partir de 3 anos).
Así poderedes coñecer de primeira man a nosa liña pedagóxica, veredes as instalacións do colexio, creadas e adaptadas específicamente para esta etapa educativa, e recibiredes información sobre os servizos e actividades das que se poden disfrutar. Un cole vivo, que medra día a día con vós.

O noso equipo de profesionais de Educación Infantil estará á vosa disposición en todo momento para resolver calquera dúbida ou consulta.

15 de feb. de 2020

Maleta de banda deseñada

Resultado de imaxes para: maleta de banda deseñada primaria B
No mes de marzo chega a MALETA DE BANDA DESEÑADA.
Organizaremos actividades na BIBLIOTECA. Ten 52 títulos, entre eles:
ANIMALIA 1, BRUJEANDO 1,2,3, 
DETECTIVE CONAN, INAZUMA, MARCOPOLA 1,2,3,4,
OINK A REVISTA DO XABARÍN CLUB,
SUPERPATATA 1,2  , YAKARI 1,2, SIMBAD, SPIDERMAN

El invierno, de Vivaldi

13 de feb. de 2020

CURSO 2020-2021 RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN

Reserva de praza:
Do 3 ao 17 de febreiro de 2020: solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º EP.
Ata o 28 de febreiro de 2020: publicación adxudicación definitiva.

Admisión:
Do 2 ao 23 de marzo de 2020: solicitude de admisión por parte das familias para o novo alumnado.
Antes do 25 de abril de 2020: publicación provisional da lista de admitidos e non admitidos.
Antes do 15 de maio de 2020: publicación definitiva da lista de admitidos e non admitidos.



11 de feb. de 2020

Coplas para o entroido



Coa música da canción infantil  "La cucaracha"


Os disfraces deste ano
van referidos ao agro,
unha profesión moi dura
traballamos todo o ano.
Somos os agricultores,
tamén ímos os granxeiros,
hai tamén apicultores
espantallos e pastores.

Plantar sementes, regar as plantas,
abonar con fertimón.
Sachar patacas,
muxir as vacas.
Coller froitas 
con sabor. (bis)

Se ti queres comer san,
colle as plantas que hai no horto,
leitugas, nabizas, grelos,
patacas e coliflor.
Pasar tempo ao aire libre,
resulta máis descansado,
respirando aire puro,
sen exames nin leccións.

Se comes san, máis vitaminas,
e menos colesterol.
Pois as verduras,
do noso horto,
non poden sentar mellor.(bis)

Este ano ás profesoras
deulles pola reciclaxe,
e estamos todo o día
con residuos e envases.
Os plásticos no amarelo,
os papeis van no azul,
o orgánico no verde,
e o vidro no iglú.

Eu xa reciclo, e ti reciclas?
veña ímos reciclar.
No noso cole, 
na nosa vila,
reciclar e reciclar.(bis)

Y a mi me gusta el flow de la cucaracha,
cuando le echas fli hace así y se disfraza (bis)
Y se disfraza, y se disfraza, la cucaracha, se disfraza,
carnaval, carnaval, carnaval, a bailar, a bailar , a bailar.

    música para baile de "El combo dominicano"  y "La vaca Lola zumba"







1 de feb. de 2020

30 DE XANEIRO ...DÍA DA PAZ


Este ano celebramos o Día da Paz na Casa da Cultura.

As mestras do Equipo de Normalización Lingüística levan meses preparando con alumnos de diferentes aulas e idades unha representación teatral que leva por título : "Historia dunha sobreira".
Cremos que non hai mellor xeito de celebrar a Paz que cunha actividade de convivencia como esta.

Os nosos parabéns por este gran traballo!

Rematamos a xornada, como é tradición, cantando todos xuntos a canción de "TOC TOC" de Pablo Díaz, grazas á colaboración de Ana, a  mestra de música.