Este ano celebramos o Día da Paz na Casa da Cultura.
As mestras do Equipo de Normalización Lingüística levan meses preparando con alumnos de diferentes aulas e idades unha representación teatral que leva por título : "Historia dunha sobreira".
Cremos que non hai mellor xeito de celebrar a Paz que cunha actividade de convivencia como esta.
Os nosos parabéns por este gran traballo!
Rematamos a xornada, como é tradición, cantando todos xuntos a canción de "TOC TOC" de Pablo Díaz, grazas á colaboración de Ana, a mestra de música.
Ningún comentario:
Publicar un comentario