28 de dec. de 2016

BO NADAL

   Dende secretaría desexamos a toda a
  comunidade educativa  un BO NADAL e FELIZ 2017.

Vémonos o luns, 9 de xaneiro de 2017



21 de dec. de 2016

Gran xantar.

Guía de Lecturas de Nadal

Achéganse días de lecer, de facer agasallos, de compartir tempo con amigos e familiares ... O libro e a lectura deberían estar presentes tamén neste días. Velaquí temos un bo feixe de títulos seleccionados polo equipo de Biblioteca para este tempo de inverno.
O alumnos de 4º A queremos desexarvos a todos unhas Felices Festas e un mellor Aninovo.

17 de dec. de 2016

Campo a través

Onte tivo lugar, como vén acontecendo os últimos anos, a proba de campo a través correspondente á fase comarcal que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte co programa Xogade. Estaban inscritos un total de 958 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e os 15 anos das seguintes entidades: Agrupación Deportiva Olimpia, IES Fernando Blanco, IES Agra de Raíces, Colexio Manuela Rial Mouzo e CEIP Eugenio López de Cee; IES Terra de Soneira, CEIP San Vicenzo e CEIP de Baíñas de Vimianzo; CEIP Praia de Quenxe de Corcubión; CEIP Santa Eulalia de Dumbría; Colexio Nosa Señora do Carme de Fisterra; CEIP Virxe da Barca de Muxía; IES Pedra da Aguia de Camariñas; CPI Xosé Pichel de Coristanco e CPI Cabo da Area de Laxe. Do noso colexio estaban inscritos máis de sesenta nenos entre os participante co centro e os participante coa agrupación deportiva Olimpia, pero catro deles non puideron acudir á proba por motivos de saúde.
A mañá estivo estupenda con sol e boa temperatura pero o terreo estaba mollado e esvaradizo debido á chuvia do día anterior. O campo de céspede artifical drena ben e non se notaba demasiado, pero na parte do percorrido que transcurría pola herba natural a medida que ían pasando as carreira empeoraba o seu estado. Comezaron correndo as nenas de categoría benxamín feminino realizando un percorrido de 500 metros e posteriormente serían os nenos da mesma categoría os que realizaron o mesmo percorrido. Estes alumnos foi a primeira vez que participaban nesta competición e estaban moi ilusionados. Fixérono todos e todas moi ben e mesmo algúns e algunhas conseguiron medalla. A continuación foi o turno das nenas de categoría alevín feminino que percorreron 600 metros. Tamén o fixeron xenial e igual que no caso anterior algunha coseguiu medalla tanto as que participaron co cole como as que o fixeron con Olimpia. Os nenos de categoría alevín masculino (de 4º e 5º curso de Primaria) e as nenas de categoría infantil feminino (nenas de 6º de Primaria e de 1º da ESO ) percorreron 800 metros. A dificultade que teñen os nenos e nenas destas categorías é que algúns deles e delas compiten con outros rapaces e rapazas que teñen un ano máis, e isto claramente inflúe na proba porque a altura, a zancada e o grao de desenvolvemento motor é diferente. Pero o bo é que coñecen o percorrido para o vindeiro ano e tamén aprenden a competir con nenos e nenas que teñen maior nivel. Os derradeiros participantes do colexio foron os nenos de categoría infantil masculino que están en 6º curso de Primaria e compiten cos nenos de 1º da ESO. A distancia percorrida foi de 1200 metros e despois da carreira acabaron esgotados porque a distancia é bastante máis esixente. Igual que nos casos anteriores todos o fixeron ben e hai que valorarlles o esforzo realizado para manter un ritmo de carreira máis ou menos constante durante o transcurso da mesms. Os mestres do colexio queremos felicitar a todos os participantes e en especial ós que foron do colexio tanto con nós coma con Jorge e Olimpia (quen fai un gran traballo cos rapaces e os resultads que acada son moi bos) pola ilusión que teñen por participar e as gañas e esforzo que realizan. E consideramos que é bo para eles tamén ademais de pasalo ben e divertirse, compararse con outros nenos e nenas das súas idades e ver que sempre vai haber nenos e nenas que corren igual que eles, outros que son máis rápidos e outros que menos, pero o importante é facelo o mellor que un é capaz (e eso dende logo que todos e todas o fan). Aqui podedes ver varias fotografías: o equipo benxamín feminino, o equipo infantil masculino e a foto de tódolos participantes co colexio.

13 de dec. de 2016

Tenis de mesa

Hoxe recibímola visita de cinco persoas que nos viñeron a ensinar como se xoga ó tenis de mesa ós cursos 4ºC, 5ºA e 6ºA. Os monitores eran Estevo, Miguel Ángel, Nuria, Valeriy e Tikoof (non sei se este nome está ben escrito). Comezamos con Estevo sinalándonos por que a raqueta ten dúas cores, e é que o gravado é distinto nas dúas caras da pala e o golpeo que se realiza coas mesmas tamén (nun caso a pelota gaña altura e noutra sae cara abaixo). Logo aprendemos como se colle a raqueta, tal e como decía Valeriy, igual que unha pistola. Despois de realizar uns exercicios de manexo e golpeo da pelota individualmente, formamos cinco filas para practicar golpeos cos cinco responsables que nos ensinaron un montón de cousas. Para rematar puidemos disfrutar do xogo observando ós dous rusos que realizaban golpeos moi rápidos, de feito alucinamos coa velocidade coa que golpeaban e se movían. A continuación podedes ver algunhas imaxes do que fixemos. Se vos gusta este deporte podedes achegarvos a Corcubión onde dan clases os luns e os xoves de 18:00 a 19:00.

26 de nov. de 2016

Premio para Mar Fernández



MAR FERNÁNDEZ DE LARRRINOA QUINTELA
Gañadora do Concurso de Cartéis contra a violencia de xénero CIM 2016. Concello de Cee
- Categoría 4°, 5°, 6° Primaria e 1° ESO: 80€ en vale escolar.
FELICIDADES, MAR

23 de nov. de 2016

25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero




 Desde as bibliotecas escolares apóiase a conmemoración deste día no que os actos han ser coherentes coa finalidade: desterrar o machismo da nosa sociedade,  a través da educación e a "tolerancia 0" coas actitudes e manifestacións que o expresan e o alimentan.

13 de nov. de 2016

Concentración en Cee

crtvg.es/informativos/concentracion-en-cee (premer aquí )
 Concentración en Cee contra a segregación de Ferroatlántica
Publicado o 12/11/2016 20:38
O comité de empresa lembrou que está en xogo o futuro industrial da zona e que 400 empregos directos e máis de 2.000 indirectos dependen da actividade da empresa
Ferroatlántica

25 de out. de 2016

Calendario electoral do Consello Escolar


ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS 
AO CONSELLO ESCOLAR.
Informamos das candidaturas presentadas polo sector de nais/pais:
Dona María José Castro Vázquez; Dona Marta Doce Cabana, Dona María del Pilar Insua Romero.
Data da votación: Luns, 28 de novembro. Horario: de 16,30 h ata as 19,30 h. 

RECTIFICACIÓN
O punto 1 da circular remitida a este sector queda modificada do seguinte xeito:
1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21, redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira 1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elexir no presente proceso electoral a TRES (3) pais/nais dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar, un será designado pola ANPA. Os outros DOUS representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no 2014.
CEE, 7 de novembro de 2016

CALENDARIO:
venres, 4 novembro:-Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores e das posibles reclamacións ao censo.
venres, 11 novembro -Remata o prazo de presentación de candidaturas.


 luns, 28 novembro: -Votación: -Pais / nais / titores. Mesa electoral de 16,30 h ata as 19,30 h.
 29 novembro:-Profesorado: Claustro extraordinario
Acta da xunta electoral do Consello Escolar (prema aquí)
Iniciamos o proceso de renovación do Consello Escolar. O primeiro paso é a constitución da xunta electoral que guiará o proceso de constitución do Consello Escolar.

7 de out. de 2016

Días festivos escolares

O CEIP Eugenio López comunica as datas dos días non lectivos:

Día do ensino: luns, 31 de outubro de 2016 (Calendario escolar curso 2016/2017)

Festivo escolar no concello de Cee : luns, 5 de decembro de 2016 (tódolos centros educativos do concello de Cee)

14 de set. de 2016

Jonathan Vázquez Abuelo

  Jonathan Vázquez Abuelo, alumno do noso colexio,  formou parte da promoción do ano 2006.                                                                                                                                     Morre en Austria un emigrante galego de 22 anos que residía en Liechtenstein. Jonny Vázquez Abuelo, de 22 anos, natural de Cee, perdeu a vida nun accidente de tráfico. 
                               O colexio Eugenio López, únese a dor da súa familia e amizades.

12 de set. de 2016

Apertura de curso

Pois si. Esta mañá de luns 12 de setembro, arrincou formalmente o curso nos centros de ensino da bisbarra. .
Emotiva foi, por exemplo, a presentación do novo curso no CEIP Eugenio López de Cee. Comezou coas verbas da secretaria da ANPA, Montserrat Canosa Vigo. Despois fui o turno de dúas antigas alumnas, Inés Fraga e Carmela Corbelle, que contaron as súas experiencias aos alumn@s do colexio. O acto foi presentado por outra antiga alumna Mercedes Rodríguez Fraga, técnico de Normalización Lingüística do Concello de Cee e contou coa presencia de Carmen Díaz Freire, Concelleira de Deportes e tempo libre do Concello de Cee, en representacion do goberno ceense.
quepasanacosta.gal/en-marcha-un-novo-curso-escolar/







"A volta o cole sempre foi para mín un día emocionante, novos compañeiros, novos profes, novos retos e aventuras…Agora sendo nai resulta que o vives novamente en primeira persoa e por partida doble! Si ademáis lle engadimos formar parte da inauguración do curso a mañá estaba servida!
Foi para min un enorme orgullo e pracer, a vez que una gran responsabilidade, que o director D. Pepe Cañizo houbera pensado en mín como antiga exalumna do cole e mostrarlle a miña experiencia a tódolos nenos!

Ademáis dun pequeno inciso aportando a miña humilde visión de cómo creo que debería ir enfocado un bo programa escolar de infantil e primaria, intentei transmitirlle os nenos a través da principal filosofía en Cabañas de Lires ( valores humanos e a concienciación co medio) , a ilusión, a aspiración a ser de maiores o que lles dicte o corazón, por suposto sin deixar nunca de estudar e formarse para que os seus soños sexan posibles!
Acabeille confesando que dende que era nena coma eles fixérame súper fan de Heidi! E que non só a admiraba polos valores que percibía dela, tamén porque aspiraba a ser igual de feliz! Con Cabañas de Lires o meu conto cheo de ilusión fíxose realidade!
Cas miñas nenas collidas da man e os nenos sorprendéndose co que alí lle mostraba e contaba…vai ser unha experiencia para mín chea de emoción difícil de olvidar!    (INÉS FRAGA)   Inés Fraga
 

10 de set. de 2016

"As tres no mesmo cole"

«As tres repetimos no mesmo cole»

Foto: Ana García. La Voz de Galicia"     As tres no mesmo cole" (premer)
Nada máis atravesar a porta do seu cole en Cee á escritora María Canosa pónselle un sorriso enorme. «Fun tan feliz aquí», «Teño tan bos recordos», «o cole para min foi unha prolongación da miña vida, porque vivo ao lado, moitas veces aínda escoitaba a serea desde o meu cuarto. Nun minuto estaba alí». Unha vida que a levou neste punto do tempo da man da nai, Concha , e da súa filla, Ana, a volver ás mesmas aulas. Porque as tres teñen un vínculo especial con este colexio, o Eugenio López, de Cee. Concha deu clase aquí 18 anos, María estudou toda a EGB e agora, nunha carambola que nunca se imaxinaron, Ana, a pequena da familia, tamén volverá estudar neste centro. «Nunca pensei que a miña filla empezaría en Cee, xamais; porque eu polo meu traballo de enxeñeira ando dun

6 de xul. de 2016

Escribir a man...

“Lo que defendemos es que se enseñe a los niños a ser escritores híbridos”, precisa Berninger. “Primero a escribir a mano, por la lectura, ya que la escritura manual facilita un mejor reconocimiento de las letras; luego, la letra cursiva para el deletreo y la redacción; a continuación, empezando en los últimos cursos de primaria, la mecanografía a ciegas”.
Publicado en EL PAÍS.  © New York Times News Service.

3 de xul. de 2016

30 de xuño de 2016

Carmen Grille Trillo.

Un total de 36 anos, que se di pronto, levaba a ceense da Pereiriña Carmen Grille Trillo pondo en marcha a vida formativa de miles de nenos da zona. Primeiro en Moraime, Corcubión e A Pereiriña e xa desde o 2000 no colexio Eugenio López. Por iso é polo que na comida de despedida que lle tributaron os seus compañeiros no Praia de Estorde désense cita medio centenar de docentes. Por suposto, houbo tempo para as anécdotas como cando ía ao instituto en bicicleta desde A Pereiriña a diario.

REMUÍÑO 2016

11 de xuño de 2016

O Mercadillo da Historia



@s Grandes Solidari@s das aulas de 5 anos

Os nenos e nenas das aulas de 5 anos despois de traballar en diferentes Proxectos sobre o paso da nosa Historia, quixemos organizar un Mercadillo Solidario coas manualidades feitas ó longo do curso. Estes traballos podíanse adquirir a través dun donativo libre.

O pasado 31 de Maio o Patio de Infantil foi o lugar escollido para desenvolver o Mercadillo da Historia.















Querémosvos dar as Grazas pola vosa Participación e Solidariedade.

O pasado 7 de Xuño os nenos e as nenas fixeron a entrega do diñeiro obtido ao Equipo Directivo de Cáritas para o Comedor Social de Cee.


Contamos como foi a experiencia

Entrega do cofre


Grazas