28 de xuño de 2019

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2019-2020

Artigo 4.
Comedores escolares dos centros públicos (e Artigo 5 de Actividades lectivas teñen as mesmas datas):
Os comedores escolares funcionarán en Educación Primaria desde o día 11 de setembro de 2019 ata o 19 de xuño de 2020 e, en Educación Secundaria Obrigatoria, desde o día 16 de setembro de 2019 ata o 19 de xuño de 2020.

Artigo 6.
Períodos de vacacións

1. Nadal: desde o  21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive.
2. Entroido: días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020.
3. Semana Santa: desde o 4 ata o 13 de abril de 2020, ambos inclusive.
Establécese o Día do Ensino , día  non lectivo, o 31 de outubro de 2019.

23 de xuño de 2019

CURSO 2019-2020

COMEZO DO CURSO 2019-2020
MÉRCORES, 11 DE SETEMBRO DO 2019 co horario de 9:30 a 14:30                           h.fin-curso-convivencia-escolares-eugenio-lopez

22 de xuño de 2019

Laura Suárez

Laura Suárez,  presentou na librería Ler o seu libro LOS CUENTOS DE LA NIEBLA.
Laura foi alumna do noso colexio. Noraboa Laura¡¡¡

11 de xuño de 2019

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O martes, 18 de xuño de 2019 vaise celebrar a xornada de portas abertas. A xornada será desde as 11 h. ata as 12 h. Esta xornada está dirixida ao alumnado novo de Educación Infantil para que coñezan o colexio e estean cos nenos e nenas de Educación Infantil.

10 de xuño de 2019

Baúl Xogos Tradicionais

Boas!

Recibimos por parte da Secretaría Xeral para o Deporte un baúl moi especial, un baúl cheo de recordos da infancia dos nosos pais e avós, un baúl que nos leva á lembranza dos xogos tradicionais da nosa cultura.

O xogo é un elemento propio de todas as culturas, un transmisor de tradicións que os nosos nenos e nenas deben coñecer para o conservación do noso patrimonio cultural e artístico.

Dende a área de Ed. Física traballamos nas últimas semanas os xogos tradicionais galegos. Botamos un ollo ao pasado e xogamos a xogos como os péons, as canicas, as chapas, a comba, o aro ou os diferentes tipos de chave.
Traballamos de modo cooperativo facendo agrupacións con nenos/as de diferentes cursos, unha maneira diferente de facer Ed. Física que agardamos que lle gustara aos rapaces.

Deixámosvos unhas fotiños desta actividade!















FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2019-2020

O documento de formalización de matrícula para o novo alumnado de Educación Infantil e Primaria pódese cubrir e imprimir accedendo a esta ligazón: solicitude de matrícula.
Lembramos que a matrícula para o novo alumnado terá lugar desde o luns, 10 de xuño ata o venres 28 de xuño de 2019 na Secretaría do Centro.

6 de xuño de 2019

ALERTA LARANXA PARA O XOVES, 6 DE XUÑO DE 2019

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará mañá, xoves día 06.06.2019 ás 12.00 horas e prolongarase ata as 20:00 horas. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade da provincia da Coruña, e da totalidade da provincia de Pontevedra.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.
A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna&k=gal )