27 de xan. de 2018

Intercomarcal de campo a través

Onte tivo lugar en Noia, nas instalacións do campo de fútbol de Santa Isabel, a proba correspondente á fase intercomarcal de campo a través, onde participaban colexios, institutos e clubes de atletismo  das comarcas da Costa da Morte, Muros-Noia e do Barbanza. Do noso colexio clasificaran na proba comarcal os equipos benxamín, alevín e intantil femininos e o equipo alevín masculino. Dun total de 23 alumnos inscritos foron á carreira dezasete.
As primeiras participantes foron as nenas do equipo benxamín feminino (Aldara, Helena, Sara e Xana, posto que finalmente Shaila non correu). Foi a primeira das carreiras e completaron un percorrido de 500 metros.
Despois de disputarse a proba benxamín masculina, foi o turno das nenas de categoría alevín feminino, que completaron 600 metros de distancia. Nesta carreira participaron catro nenas: Ethel, Érika, Iris e Lorena.
Na seguinte carreira, os nenos alevíns masculinos pecorreron 800 metros e acabaron moi cansos. Certamente o nivel era alto e polo tanto o esforzo realizado por todos e todas as participantes foi moi grande. Os nosos atletas foron Antón, Anxo, Brais e Unai.
Finalmente as últimas participantes do cole foron a nenas do equipo infantil feminino: Arwen, Carla, María Luz e Lúa. Fixeron a mesma carreira que os alevíns masculinos, coa dificultade que a parte do percorrido que transcurría por terreo estaba completamente embarrada, xa que a medida que ían transcurrindo as probas o estado ía empeorando.
Ademais deste alumnado, tamén participaron alumnas do colexio que compiten co clube de atletismo Olimpia: Eire (en categoría benxamín feminino); Aroa (en categoría alevín feminino) e Noa e Sonia (en categoría infantil feminino). Todas elas conseguiron moi boas marcas e acadaron medalla.
Os mestres de educación física queremos felicitar e dar a noraboa a todos os participantes e agradecemos a entrega do noso alumnado, competindo con outros nenos e nenas de gran nivel.
Tamén felicitar ós nosos compañeiros de Olimpia, que acadou podium individual e por equipos en practicamente a totalidade das categorías; asi coma os compañeiros do colexio Manuela Rial, que clasificou o equipo cadete masculino en primeira posición.

22 de xan. de 2018

Un mundo mejor

UN MUNDO MEJOR de José Antonio del Olmo

Si todos juntos empujamos fuerte dando la cara
al fin del mundo llegará la fuerza de nuestra canción.
No habrá barreras que cierren el paso a la esperanza
de hacer todos unidos UN MUNDO MEJOR.
Quiero pintar una sonrisa limpia de felicidad.
Quiero borrar lágrimas de dolor y de soledad.
Quiero llevar toda la luz a la oscuridad.
Estribillo
Quiero cambiar las armas de la tierra por un poco de pan.
Quiero sembrar los campos y montañas de libertad.
Quiero lanzar al vuelo palomas de la paz.
Estribillo
Quiero lograr un mundo sin rencores, lleno de amistad.
Quiero dibujar todo con los colores de cielo y mar.
Quiero encontrar caminos donde poder cantar.
Estribillo dos veces

Canción que nos habla de solidaridad, de paz y esperanza en que juntos podemos construir un mundo mejor. Letra y…
youtube.com

20 de xan. de 2018

Libros para a semana da paz

Recorda que na  Biblioteca podes buscar un libro poñendo a materia de que trata.

Así podes buscar libros que falen de paz.
Para iso entra no blogue da Biblioteca ou preme neste enlace:paz

14 de xan. de 2018

Consulta de libros da Biblioteca

Recorda que podes consultar se na Biblioteca está ese libro que te interesa.
Podes facelo poñendo o título do libro ou escribindo o nome do autor/a.
Para iso entra no blogue da Biblioteca ou preme neste enlace: consulta na Biblioteca

12 de xan. de 2018

Antonio Martínez, posuidor do boleto 1326,
recolle o TV, sorteado o día 11 de xaneiro.
Moitas grazas a todos e todas!
Viaxe de fin de estudos de 6º

9 de xan. de 2018

Novidades na Biblioteca

Podes consultar no blogue da Biblioteca os últimos libros adquiridos:
 ***para lectores autónomos :  Os Cabezombis na Mansión EspelloO libro dos medosMuriel

     *para primeiros lectores :Violeta quere ser vampiro, O día que choveu do revés

Alerta nivel laranxa o mércores 10 de xaneiro

Fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA, durante o día 10 de xaneiro de 2018
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA, durante o día 10 de xaneiro de 2018, a partires das 9:00 h ata as 19:00, por fortes rachas de vento, que afectarán ás zonas de predición meteorolóxica Coruña Noroeste e Mariña Lucense.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou o seguinte:
A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR E EXTRAESCOLARES o día 10 de xaneiro de 2018 nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica da Coruña Noroeste e Mariña Lucensemáis información