Onte
tivo lugar en Noia, nas instalacións do campo de fútbol de Santa
Isabel, a proba correspondente á fase intercomarcal de campo a través,
onde participaban colexios, institutos e clubes de atletismo das
comarcas da Costa da Morte, Muros-Noia e do Barbanza. Do noso colexio
clasificaran na proba comarcal os equipos benxamín, alevín e intantil
femininos e o equipo alevín masculino. Dun total de 23 alumnos inscritos
foron á carreira dezasete.
As
primeiras participantes foron as nenas do equipo benxamín feminino
(Aldara, Helena, Sara e Xana, posto que finalmente Shaila non correu).
Foi a primeira das carreiras e completaron un percorrido de 500 metros.
Despois
de disputarse a proba benxamín masculina, foi o turno das nenas de
categoría alevín feminino, que completaron 600 metros de distancia.
Nesta carreira participaron catro nenas: Ethel, Érika, Iris e Lorena.
Na
seguinte carreira, os nenos alevíns masculinos pecorreron 800 metros e
acabaron moi cansos. Certamente o nivel era alto e polo tanto o esforzo
realizado por todos e todas as participantes foi moi grande. Os nosos
atletas foron Antón, Anxo, Brais e Unai.
Finalmente
as últimas participantes do cole foron a nenas do equipo infantil
feminino: Arwen, Carla, María Luz e Lúa. Fixeron a mesma carreira que os
alevíns masculinos, coa dificultade que a parte do percorrido que
transcurría por terreo estaba completamente embarrada, xa que a medida
que ían transcurrindo as probas o estado ía empeorando.
Ademais
deste alumnado, tamén participaron alumnas do colexio que compiten co
clube de atletismo Olimpia: Eire (en categoría benxamín feminino); Aroa
(en categoría alevín feminino) e Noa e Sonia (en categoría infantil
feminino). Todas elas conseguiron moi boas marcas e acadaron medalla.
Os
mestres de educación física queremos felicitar e dar a noraboa a todos
os participantes e agradecemos a entrega do noso alumnado, competindo
con outros nenos e nenas de gran nivel.
Tamén
felicitar ós nosos compañeiros de Olimpia, que acadou podium individual
e por equipos en practicamente a totalidade das categorías; asi coma os
compañeiros do colexio Manuela Rial, que clasificou o equipo cadete
masculino en primeira posición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario