22 de mar. de 2017

Oceanógrafos por un día

La Voz de Galicia.es/noticia/cee/
Este venres deu comezo a votación popular do concurso "La mar de ciencia" 
Tres nenas de 1º C son FINALISTAS cuns preciosos relatos que podedes LER e VOTAR na páxina web do concurso.
No seu blogue tamén podedes ler os relatos finalitas e axudarlles a conseguir converterse en  "Oceanógrafos por un día".

https://ospequesdesimonblogueanmogollon.wordpress.com/

.

17 de mar. de 2017

APÚNTATE!!!











Referente educativo na diversidade
Valoración da ANPA
  O alumnado
Juan Creus
Inauguracion
ANPAS e CFR

Xornadas
/

O Centro de Formación e Recursos (CEFORE) e a Federación de ANPAS Provincial-Costa da Morte a que prepara as II Xornadas de Atención á Diversidade.
Que pasa na costa
Como xa vimos no programa (enlace), estas xornadas teñen o lema “Vivimos na diversidade”, e servirán para concienciar a familias e profesores da importancia de naturalizar a diferencia. O obxectivo é claro: mellorar as prácticas educativas, atendendo á diversidade do alumnado.
As xornadas desenvolveranse os 24, 25 e 26 de marzo na Casa da Cultura de Cee e necesitan inscrición.
 APÚNTATE no IES AGRA DE RAÍCES http://www.edu.xunta.gal/centros/iesagraraices/

Programa

VENRES 24 DE MARZO
  • 17:45 a 18:00 Recollida de documentación e sinaturas.
  • 18:00 a 18:20 Apertura. Representantes de: CFR, ANPAS, concello, centros de ensino.
  • 18:20: Conferencia inaugural “Territorio e arquitectura vs repetición e diferenza”.   Por  Juan Creus
  • 19:00 a 19:10 Pausa
  • 19:10 a 21:00 “Estratexias para unha escola inclusiva.” Por Lidia Ma Gómez Boga. Mestra de Pedagoxía Terapéutica do CEIP Galán de Oseiro- Arteixo
SÁBADO 25 DE MARZO
  • 09:45 a 10:00 Recollida de sinaturas
  • 10:00 a 10:40 “Boas prácticas”: Por Manuel Maseda Deán, director do IES Maximino Romero de Lema, de Baio
  • 10:50 a 11:30 “Iutubers”. Por Rubén Neira Caridad profesor do CEIP “ Eugenio López” de Cee
  • 11:40 a 12:20 “De ti a ti” Por Virginia Rodríguez Ålvarez e María Luz de la Iglesia García, profesoras do IES Fin do Camiño, Fisterra
  • 12:20 a 12:40 Descanso café
  • 12:40 a 13:40 ” Cats (musical)”Por Patricia Urrutia Rodríguez, mestra de lingua inglesa e José Manuel Ponte Somoza, mestre de música en CPI A Picota, Mazaricos.
  • 14:00 a 16:30 Pausa para xantar
  • 16:45 a 18:45 “Cooperar para Aprender/ Aprender a Cooperar”: Por Carmen Vaz Dapía, asesora CFR de Vigo.
  • 18:45 a 19:00 Descanso para café
  • 19:00 a 21:00 “A xestión das emocións. A Educación Emocional”. Por María del Carmen Loureiro licenciada en Psicoloxía
  • 21:00 “Concerto”: Dude (Carballo)
DOMINGO 26 DE MARZO
  • 11:00 a 13:00 visita á Fundación Fernando Blanco: O Colexio-Instituto da Fundación e a Escola de Nenas desenvolveron unha singular experiencia pedagóxica, equiparable ós máis avanzados institutos do seu tempo. O seu programa combinaba unha educación humanista e cientifíca co ensino de materias prácticas necesarias para o desenvolvemento económico da comarca. Guía: Darío Areas Domínguez

Máis información


7 de mar. de 2017

Dona Inés Castro Pose


   Dona Inés Castro Pose foi maestra no noso Colexio. Xubilouse no ano 2007. 
   Sempre estará na nosa memoria e no noso corazón.

5 de mar. de 2017

Podes inscribirte xa

consulta o: PROGRAMA 

XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS XORNADAS "VIVIMOS NA DIVERSIDADE"

COMO INSCRIBIRSE NAIS, PAIS E OUTROS COLECTIVOS INTERESADOS?
Na páxina web do IES Agra de Raíces:http://www.edu.xunta.gal/centros/iesagraraices/... 
Na páxina web do IES Agra de Raíces:http://www.edu.xunta.gal/centros/iesagraraices/
Pinchando no cartaz das xornadas accédese ao formulario que hai que cubrir.

COMO INSCRIBIRSE O PROFESORADO?
Na páxina web da Consellería. Con só acceder a 
 https://www.edu.xunta.es/fprofe/ 
O profesorado pode anotarse tecleando o título ou poñendo o código no campo referencia.

Data límite 15 - 03 - 2017. Certificación de 12 horas de formación.
Referencia: C1602022
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  24/03/2017  -  26/03/2017 
Data límite de inscrición: 15/03/2017
Lugar: Cee        Prazas:  50 

HAI SERVIZO DE LUDOTECA para nenas e nenos ata 10 anos ( GRATUÍTO)
Para solicitar este servizo, hai que facelo a través da páxina Web do IES Agra de Raíces, cubrindo o
mesmo formulario que as familias (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesagraraices/)