25 de feb. de 2018

Como mola!


Xa chegamos aos 100.000! 
Moitas gracias aos que colaborades co blogue e por suposto aos nosos visitantes.
Celebrarémolo moi pronto .
O noso blogue sí que mola !!!!

22 de feb. de 2018

ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO CURSO 2018-2019


1.- Publicación de postos vacantes escolares: mércores, 28 de febreiro.
2.- Presentación da solicitude de admisión (anexo II): do xoves, 1 de marzo ata o martes, 20 de marzo.
3.- Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria: do martes, 12 de xuño ata o venres, 29 de xuño.

18 de feb. de 2018

O día de Rosalía

Rosalía é o símbolo da literatura galega, a figura máis representativa da nosa cultura e do noso idioma. Recordamos a Rosalía de Castro no día do seu nacemento o 24 de febreiro,  con este poema  recollido no seu libro " Cantares gallegos"

  As de Cé, ¡Virxe do Carme!,
¡que cariñas tan ben feitas!
Cando están coloradiñas 

no ruxe-ruxe da festa,
cada mirar dos seus ollos 
fire como cen saetas.
Nin hai man tan ben cortadas, 
tan branquiñas e pequeñas
como as que amostran finxindo 
que non queren que llas vexan.



5 de feb. de 2018

Coplas para o entroido


Na aula de música estamos preparando unhas coplas para cantar o día do desfile de entroido o venres 9 de febrero.  Botádelle un vistazo para aprender ben  a letra. Están  no blogue de música.