Rosalía é o símbolo da literatura galega, a figura máis representativa da nosa cultura e do noso idioma. Recordamos a Rosalía de Castro no día do seu nacemento o 24 de febreiro, con este poema recollido no seu libro " Cantares gallegos"
As de Cé, ¡Virxe do Carme!,¡que cariñas tan ben feitas!
Cando están coloradiñas
cada mirar dos seus ollos
fire como cen saetas.
Nin hai man tan ben cortadas,
tan branquiñas e pequeñas
como as que amostran finxindo
que non queren que llas vexan.
grande Rosalía!!!!
ResponderEliminar