28 de dec. de 2016

BO NADAL

   Dende secretaría desexamos a toda a
  comunidade educativa  un BO NADAL e FELIZ 2017.

Vémonos o luns, 9 de xaneiro de 2017



21 de dec. de 2016

Gran xantar.

Guía de Lecturas de Nadal

Achéganse días de lecer, de facer agasallos, de compartir tempo con amigos e familiares ... O libro e a lectura deberían estar presentes tamén neste días. Velaquí temos un bo feixe de títulos seleccionados polo equipo de Biblioteca para este tempo de inverno.
O alumnos de 4º A queremos desexarvos a todos unhas Felices Festas e un mellor Aninovo.

17 de dec. de 2016

Campo a través

Onte tivo lugar, como vén acontecendo os últimos anos, a proba de campo a través correspondente á fase comarcal que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte co programa Xogade. Estaban inscritos un total de 958 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e os 15 anos das seguintes entidades: Agrupación Deportiva Olimpia, IES Fernando Blanco, IES Agra de Raíces, Colexio Manuela Rial Mouzo e CEIP Eugenio López de Cee; IES Terra de Soneira, CEIP San Vicenzo e CEIP de Baíñas de Vimianzo; CEIP Praia de Quenxe de Corcubión; CEIP Santa Eulalia de Dumbría; Colexio Nosa Señora do Carme de Fisterra; CEIP Virxe da Barca de Muxía; IES Pedra da Aguia de Camariñas; CPI Xosé Pichel de Coristanco e CPI Cabo da Area de Laxe. Do noso colexio estaban inscritos máis de sesenta nenos entre os participante co centro e os participante coa agrupación deportiva Olimpia, pero catro deles non puideron acudir á proba por motivos de saúde.
A mañá estivo estupenda con sol e boa temperatura pero o terreo estaba mollado e esvaradizo debido á chuvia do día anterior. O campo de céspede artifical drena ben e non se notaba demasiado, pero na parte do percorrido que transcurría pola herba natural a medida que ían pasando as carreira empeoraba o seu estado. Comezaron correndo as nenas de categoría benxamín feminino realizando un percorrido de 500 metros e posteriormente serían os nenos da mesma categoría os que realizaron o mesmo percorrido. Estes alumnos foi a primeira vez que participaban nesta competición e estaban moi ilusionados. Fixérono todos e todas moi ben e mesmo algúns e algunhas conseguiron medalla. A continuación foi o turno das nenas de categoría alevín feminino que percorreron 600 metros. Tamén o fixeron xenial e igual que no caso anterior algunha coseguiu medalla tanto as que participaron co cole como as que o fixeron con Olimpia. Os nenos de categoría alevín masculino (de 4º e 5º curso de Primaria) e as nenas de categoría infantil feminino (nenas de 6º de Primaria e de 1º da ESO ) percorreron 800 metros. A dificultade que teñen os nenos e nenas destas categorías é que algúns deles e delas compiten con outros rapaces e rapazas que teñen un ano máis, e isto claramente inflúe na proba porque a altura, a zancada e o grao de desenvolvemento motor é diferente. Pero o bo é que coñecen o percorrido para o vindeiro ano e tamén aprenden a competir con nenos e nenas que teñen maior nivel. Os derradeiros participantes do colexio foron os nenos de categoría infantil masculino que están en 6º curso de Primaria e compiten cos nenos de 1º da ESO. A distancia percorrida foi de 1200 metros e despois da carreira acabaron esgotados porque a distancia é bastante máis esixente. Igual que nos casos anteriores todos o fixeron ben e hai que valorarlles o esforzo realizado para manter un ritmo de carreira máis ou menos constante durante o transcurso da mesms. Os mestres do colexio queremos felicitar a todos os participantes e en especial ós que foron do colexio tanto con nós coma con Jorge e Olimpia (quen fai un gran traballo cos rapaces e os resultads que acada son moi bos) pola ilusión que teñen por participar e as gañas e esforzo que realizan. E consideramos que é bo para eles tamén ademais de pasalo ben e divertirse, compararse con outros nenos e nenas das súas idades e ver que sempre vai haber nenos e nenas que corren igual que eles, outros que son máis rápidos e outros que menos, pero o importante é facelo o mellor que un é capaz (e eso dende logo que todos e todas o fan). Aqui podedes ver varias fotografías: o equipo benxamín feminino, o equipo infantil masculino e a foto de tódolos participantes co colexio.

13 de dec. de 2016

Tenis de mesa

Hoxe recibímola visita de cinco persoas que nos viñeron a ensinar como se xoga ó tenis de mesa ós cursos 4ºC, 5ºA e 6ºA. Os monitores eran Estevo, Miguel Ángel, Nuria, Valeriy e Tikoof (non sei se este nome está ben escrito). Comezamos con Estevo sinalándonos por que a raqueta ten dúas cores, e é que o gravado é distinto nas dúas caras da pala e o golpeo que se realiza coas mesmas tamén (nun caso a pelota gaña altura e noutra sae cara abaixo). Logo aprendemos como se colle a raqueta, tal e como decía Valeriy, igual que unha pistola. Despois de realizar uns exercicios de manexo e golpeo da pelota individualmente, formamos cinco filas para practicar golpeos cos cinco responsables que nos ensinaron un montón de cousas. Para rematar puidemos disfrutar do xogo observando ós dous rusos que realizaban golpeos moi rápidos, de feito alucinamos coa velocidade coa que golpeaban e se movían. A continuación podedes ver algunhas imaxes do que fixemos. Se vos gusta este deporte podedes achegarvos a Corcubión onde dan clases os luns e os xoves de 18:00 a 19:00.