Benvidos ao blogue escolar do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí atoparemos toda a información e novidades do noso centro educativo.
13 de dec. de 2016
Tenis de mesa
Hoxe recibímola visita de cinco persoas que nos viñeron a ensinar como se xoga ó tenis de mesa ós cursos 4ºC, 5ºA e 6ºA. Os monitores eran Estevo, Miguel Ángel, Nuria, Valeriy e Tikoof (non sei se este nome está ben escrito). Comezamos con Estevo sinalándonos por que a raqueta ten dúas cores, e é que o gravado é distinto nas dúas caras da pala e o golpeo que se realiza coas mesmas tamén (nun caso a pelota gaña altura e noutra sae cara abaixo). Logo aprendemos como se colle a raqueta, tal e como decía Valeriy, igual que unha pistola. Despois de realizar uns exercicios de manexo e golpeo da pelota individualmente, formamos cinco filas para practicar golpeos cos cinco responsables que nos ensinaron un montón de cousas. Para rematar puidemos disfrutar do xogo observando ós dous rusos que realizaban golpeos moi rápidos, de feito alucinamos coa velocidade coa que golpeaban e se movían. A continuación podedes ver algunhas imaxes do que fixemos. Se vos gusta este deporte podedes achegarvos a Corcubión onde dan clases os luns e os xoves de 18:00 a 19:00.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario