30 de abr. de 2020

RECOMENDACIÓNS PASEOS CON MENORES

Bo día!

Os pequenos da casa xa poden saír a dar pequenos paseos dende o pasado domingo. Seguro que lles sentou fenomenal poder xogar un pouco ao aire libre e dar eses paseos que tanto desexaban.

Non debemos esquezer as medidas de hixiene e mantemento da distancia de seguridade. Neste vídeo explícannos as normas que debemos seguir nestes paseos a través da regra do un, sabedes que é? Premede no vídeo e o averiguarás!

Moito ánimo!


29 de abr. de 2020

Xogamos coa música

Ola a tod@s. Todo ben? Cada semana irei propoñendo actividades no blogue de música
Serán actividades comúns ou  actividades específicas 🎼 para algún  curso en concreto.
Así que non deixedes de facer unha visita semanal ao blogue
"Xogamos coa música"

24 de abr. de 2020

Nesta SEMANA do LIBRO CONTAMOS:


coa HISTORIA de KUSUMA (Premio Merlín 2018) de HÉCTOR CAJARAVILLE



UN POEMA con CALIGRAMAS:

e a HISTORIA que hai detrás do 23 de ABRIL, da man de TIK TAK DRAW:


E lembrade, un LIBRO é o voso amigo, o debuxo do voso pensamento e a inspiración orixinal de ideas, cancións, bailes, musicais, películas e moitas cousas máis. 

23 de abr. de 2020

" A TECA DOS LIBROS"


                                   PARA CELEBRAR A SEMANA DO LIBRO A NOSA COMPAÑEIRA, A VOSA PROFE GLORIA NOS SUXIRE ESTA POESÍA DE MARIO BENEDETTI "CUANDO LA TORMENTA PASE" RECITADO POR NACHA GUEVARA. DISFRUTADE DE ELA!


                                         
                                         
                                                                        ÁNIMO

22 de abr. de 2020

Mi misión quedarme en casa

Dende a "Teca dos libros" nosa proposta para hoxe:

Hoxe tócanos, levamos uns cantos días na casa pero seguimos a cumprir as nornas !!!! Merecémonos unha medalla, pero non unha calquera, unha ben GRANDE!  








Non te esquezas!

Recorda que esta semana te esperamos no blog da biblioteca!

Estamos a celebrar a Semana do Libro!

Hoxe lennos dúas historias novas.

Escoitaras algunha vez á cantante Rozalén lendo un libro?



Para acceder 
 pincha aquí :  O blog da nosa biblio

21 de abr. de 2020

Información para as familias

Estimadas familias:
O pasado venres a Consellería de Educación publicou orientacións provisionais para o desenvolvemento do terceiro trimestre, á espera de que o Ministerio estableza a normativa estatal correspondente.
A continuación fago un pequeno resumo delas:
-          Mantense o calendario escolar, e o curso finalizará o día 19 de xuño. A intención da Consellería é voltar ás aulas antes de que remate o curso sempre e cando a situación sanitaria o permita.
-          Coa finalidade de axudar ao alumnado a organizar as súas actividades escolares, autorregular a súa aprendizaxe e manter un bo estado emocional, os centros educativos adaptarán o modelo de titorías á nova situación, e organizarán accións de orientación académica e profesional cos medios dispoñibles, especialmente para o alumnado de 4º de ESO, 2º de FP Básica, 2º de Bacharelato e 2º de FP de grado medio.
No noso caso o profesorado está a contactar con vós a través de diversos medios: correo electrónico, whatsapp, chamada telefónica, abalar.
Se nalgún momento precisades contactar co colexio, en horario de 09:00 a 13:30, chamade ó número 881880456. Tamén podedes facelo por correo electrónico na dirección ceip.eugenio.lopez@edu.xunta.es
-          Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado. 
            Se enviamos o material da terceira avaliación é porque se pode utilizar para repasar contidos e, por se nalgún momento cambian as instruccións da Consellería e se pode avanzar materia, tedes o material no voso domicilio.
             Se algúns de vós recibíchedes material que non correspondía e outro material quedou na aula sen entregar, foi responsabilidade miña.
-          A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas.

O traballo que estades a facer tanto as familias cos vosos fillos como o profesorado é novidoso e non é o propio porque non estamos preparados para esta situación. Os mestres e mestras conseguiron artellar unha forma de ensino-aprendizaxe de diversos xeitos, de feito continúan innovando e probando novas ferramentas: co blogue (do colexio e blogues privados), correo electrónico, whatsapp, google classroom, instagram, …
Rogo que sexades respectuosos á hora de enviar as tarefas evitando na medida do posible as fins de semana ou horario de madrugada; agás que vos poñan unha data límite para facelo.
Asimismo, prego que agardedes a que vaian correxindo as tarefas sen inmediatez, porque é un proceso lento descargar un arquivo, correxilo e reenvialo. 


Rubén Pérez Trigo, director

CORPO ON- PANTALLA OFF

Bo día!

Que vos parece se intentamos reducir o tempo que pasamos diante dos ordenadores, tablets ou móbiles? 

Nestes tempos de confinamento pasamos moito tempo diante das pantallas e o nosos rapaces tamén. Temos que intentar dentro das nosas posibilidades levar unha vida saudable, coidando a nosa alimentación, facendo algo de actividade física e axudar nas tarefas do fogar. 

Plantexamos un pequeno xogo para toda a familia, non só para os pequenos da casa. 

Anímadesvos a participar?






Martes 21, semana do libro

Hoxe propoñemos:
"El cazo de Lorenzo" : de Isabelle Carrier. Un libro que nos habla de personas especiales y de las que tenemos mucho que aprender

"El cocodrilo al que no le gustaba el agua" : de Gemma Merino. Este cocodrilo es diferente pues no  le gusta el agua para nada.  ⇒ A teca dos libros                                                       




20 de abr. de 2020

Semana do libro

Raposín e o equipo de Biblioteca queremos mandarvos unha mensaxe de ánimo. 😀
Este ano non poderemos  celebrar os apradiñamentos lectores, pero sí o Día do libro, así que esta semana no blogue da Biblioteca iremos propoñendo cada día duas lecturas a través da rede. 
Hoxe luns 20, propoñemos:
- "No es una caja". Un libro para desenrolar a creatividade , de  Antoinette Portis 

-  "Polar bear, polar bear": un libro en inglés ilustrado por Eric Carle ⇒ A teca dos libros

LEE ONLINE

   

AÍ VOS QUEDAN LIBROS QUE PODEDES LER ONLINE 


Información das teachers

Hello!

Dende o departamento de inglés queremos recordarvos que tedes traballo no noso blogue. Ide á entrada que se chama “Terceiro trimestre” para máis indicacións.

 
Unha aperta forte das teachers  


16 de abr. de 2020

Agradecemento

O equipo directivo queremos dar as grazas ó profesorado pola colaboración na elaboración dos lotes do material do alumnado, que o fixo de maneira voluntaria e mesmo incumprindo a lei deste estado de alarma; pero sen a súa axuda houbera sido moi complicado facérvolo chegar.
Asimesmo, agradecer a predisposición do concello que sempre que demandamos algo, nos ofrece a súa axuda, e hoxe a concelleira Emilia Trillo, ademais de ser a que organizou como facer o reparto, implicouse no mesmo. Tamén a Policía Local (José e Eva) que traballaron mañá e tarde para facervos chegar os lotes; os voluntarios da Cruz Vermella, que de xeito completamente desinteresado nos botaron unha boa man; e como non, Marco, o noso conserxe, que organizou os lotes por rúas, aldeas, ... de xeito que tendo todo organizado facilitou o reparto.
Todos aqueles que non recibíchedes o material, seravos entregado mañá. Coas familias de concellos limítrofes poñerémonos en contacto para ver como podemos facer para entregar o material.

Creando con Ali Vava

15 de abr. de 2020

Reparto de material escolar

Estimadas familias:
A partir de mañá comezarase co reparto de material escolar (libros, cadernos, ...) grazas á colaboración do concello de Cee e da Cruz Vermella. Este material será entregado no voso domicilio.
Por outra banda estamos agardando instruccións por parte da Consellería de Educación sobre como actuar durante este trimestre trala reunión que mantiveron hoxe o Ministerio de Educación cos consellerios das comunidades autónomas, e nas vindeiras datas tamén vos informaremos ó respecto. 

Rubén Pérez Trigo, director.

JUMAN-EF: XOGO EN FAMILIA

Bo día:

Como levades o confinamento? Estase a facer duro non poder saír, xogar cos nosos amigos e amigas, ver aos nosos seres queridos, practicar o noso deporte preferido..., pero temos que resistir, facer caso as indicacións e intentar levar o mellor posible esta etapa. Moito ánimo a todos, en especial aos pequenos da casa!

Dende a área de EF, animámosvos a que non deixedes de facer exercicio nestes días, sabemos que non é o mesmo xogar en grandes espacios e cos nosos amig@s que ter que facelo na nosa casa. Os nen@s necesitades movemento, soltar esa enerxía que tedes e xogar, xogar moito.

Ímosvos ir propoñendo diferentes actividades, retos, probas para que intentedes levar o mellor posible este confinamento. E cando todo isto remate, volveremos a facer Ed. Física como realmente nos gusta, no colexio e cos nosos compañeir@s!

O xogo que vos propoñemos hoxe é para xogar en familia. Trátase dun xogo de mesa adaptado a nosa asignatura. Nel teremos que ir facendo diferentes probas na que traballamos a expresión corporal, a creatividade, imaxinación..., pero sobre o que pretendemos e que pasades un bo rato en familia e xoguedes coas persoas que están convosco.

Moito ánimo a todos

XOGO JUMAN EF

8 de abr. de 2020

El vendedor de humo

Compartimos unha curtametraxe que o Servizo de Educación Infantil do concello de Cee vos propón para ver en familia. Esta obra, titulada "El vendedor de humo" trata sobre o consumismo (en moitas  ocasións dámoslle demasiada importancia ás apariencias).
Como ben din desde o concello, o cine, ademais de ser unha ferramenta lúdica, tamén pode ser unha ferramenta de aprendizaxe e motivador para as crianzas. 
Aproveitade para ver esta curta en familia e intercambiar opinións, falar sobre os valores, ...




3 de abr. de 2020

Aprende banda deseñada con Fiz

Kiko da Silva é o autor de Aprende Banda deseñada con Fiz. Este ano é o ilustrador homenaxeado do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
No vídeo que segue, Fiz, o neno máis porco do mundo, ensinaravos as orixes da banda deseñada que vos levará ata as pinturas rupestres das cavernas prehistóricas e ensinaravos a perderlle o medo a debuxar.
Agora que dispoñedes de tempo de lecer ó estar confinados nas vosas casas, talvez sexa un bo momento para aprender a debuxar historietas. Para iso tan só precisades:
- Folios din A4
- Lapis e goma de borrar
- Rotulador  negro
- Rotulador de cor clara ou acuarelas
- Papel vexetal


2 de abr. de 2020

Para todas

Recursos Edelvives para Educación Infantil






Sorteo Excursión 6º

Informamos de que el sorteo de una televisión que se iba a celebrar el día 2 de este mes de abril para la excursión de sexto, se suspende hasta que pase la situación actual.

2 DE ABRIL, QUE CELEBRAR HOXE ?




O DÍA DO LIBRO INFANTIL

COMO ?


Rexistrándote xa como usuario no portal 


para ler todos os libros que queiras.





Tamén podes visitar a web do 

Salón do Libro de Pontevedra.

No espazo virtual atoparás contacontos 

e propostas de actividades para estes días









O concello entrega impresións na casa

Gran iniciativa a do concello de Cee, que para facilitar o traballo na casa, imprime as fichas que lles digades e volas entregan no voso domicilio.

2 ABRIL. DÍA MUNDIAL DO AUTISMO


Neste día queremos recordárvos os múltiples beneficios da música e destacar que produce unha experiencia multisensorial que activa vínculos con varias partes do cerebro, ao mesmo tempo que permite crear vínculos sociais.
E outros como:
- estimular a INTELIXENCIA e desenvolver a CREATIVIDADE.
-mellorar a CONCENTRACIÓN E A SOCIABILIDADE.
-desenvolvemento AFECTIVO, EMOCIONAL, SOCIAL E INTELECTUAL.

Recordades que vos propoñíavos facer actividades en familia? Bailar pode ser unha delas.

Dende Orientación propoñémosvos celebrar este día cunha canción: “YO ME QUEDO EN CASA” de Ester Núñez. Unha cantante e musicoterapeuta que comparte este vídeo-historia social sobre a situación actual en relación ao Covid-19 coa canción de creación inédita (contén PICTOGRAMAS de ARASAC):
https://youtu.be/28cbd3ugM2A (neste enlace atoparédela)












Recordade: #euquedonacasa