16 de abr. de 2020

Agradecemento

O equipo directivo queremos dar as grazas ó profesorado pola colaboración na elaboración dos lotes do material do alumnado, que o fixo de maneira voluntaria e mesmo incumprindo a lei deste estado de alarma; pero sen a súa axuda houbera sido moi complicado facérvolo chegar.
Asimesmo, agradecer a predisposición do concello que sempre que demandamos algo, nos ofrece a súa axuda, e hoxe a concelleira Emilia Trillo, ademais de ser a que organizou como facer o reparto, implicouse no mesmo. Tamén a Policía Local (José e Eva) que traballaron mañá e tarde para facervos chegar os lotes; os voluntarios da Cruz Vermella, que de xeito completamente desinteresado nos botaron unha boa man; e como non, Marco, o noso conserxe, que organizou os lotes por rúas, aldeas, ... de xeito que tendo todo organizado facilitou o reparto.
Todos aqueles que non recibíchedes o material, seravos entregado mañá. Coas familias de concellos limítrofes poñerémonos en contacto para ver como podemos facer para entregar o material.

Ningún comentario:

Publicar un comentario