Cando algo o vemos
continuamente dicimos que “está de moda”, pois parece que os MANDALAS tamén.
QUE SON OS MANDALAS OU MÁNDALAS? Segundo o Dicionario da Real Academia Española:
“ No hinduísmo e no budismo,
debuxo complexo, xeralmente circular, que representa as forzas que regulan o
universo e que serve como apoio da meditación.”
En educación estanse
empregando porque aumentan a concentración e a atención xa que nos
centramos nunha cousa en particular e non nos dispersamos, trabállase a memoria, libérase estrés,
aumentan o desenvolvemento cognitivo e mellórase a capacidade mental.
Hai varios cadernos para
facer mandalas pero nesta entrada imos propoñervos que os CATIVOS E CATIVAS
creen os seus propios. Atopamos na web varias propostas de exemplo, para DIVERTÍRNOS CREANDO:
-- PINTAR MANDALAS EN SERVILLETAS DE PAPEL para todas as idades:
Asegúrovos que vos
entreteredes creando.
--MANDALAS CON FOLLAS E FLORES (para aqueles que
teñan o privilexio de ter un xardín na
casa): https://www.manualidadesinfantiles.org/mandala-con-hojas-y-flores
--MANDALAS CON PASTA: https://www.manualidadesinfantiles.org/mandalas-para-ninos-con-pasta
E moitos máis que atoparedes neste enlace: https://www.manualidadesinfantiles.org/como-hacer/mandalas
Seguide creando FAMILIAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario