1 de abr. de 2020

Axudas de comedor

Estimadas familias:
Recórdovos que estades en prazo (dende o pasado martes ata o vindeiro luns, ambos os dous incluídos) para facer a solicitude de axuda de compensación de becas de comedor. Recórdovos que está publicada a orde nunha publicación anterior no blogue.
Facede a solicitude e non dubidedes en chamar ó centro para que vola tramitemos. Trátase dunha axuda que en lugar de que a Consellería ingrese o diñeiro na conta do colexio para comedor, volo ingresa directamente ás familias (as que tendes fillos que teñen gratuidade de comedor ou facedes pagamento de 1 euro).
É un procedemento sinxelo para facer dende o centro, tan só tedes que identificarvos e darnos os datos bancarios.
Repito, non dubidedes, se sodes beneficiarios, en solicitar a axuda.

Rubén Pérez Trigo, director

Ningún comentario:

Publicar un comentario