31 de mar. de 2019

Maleta viaxeira de ciencias

Na biblioteca estamos a espera de que chegue a maleta 
viaxeira de ciencias. Se queres consultar o seu contido preme aquí . Con libros de 
 ficción, biografías de científicos/as , guías de ciencias naturais e 3 películas .




26 de mar. de 2019

Visita da escritora Anxela Loureiro

O mércores 10 de abril , na Biblioteca

Horario:
De 10:00 a 11:00 para 3º curso ,co libro "Ota quere voar"





De 11:00 a 12:00 para 4º curso, co libro "Choiva de ras"



25 de mar. de 2019

Unha mascota para a Biblioteca

Estimados alumnos/as: 
Necesitamos a vosa colaboración para que a Biblioteca do cole teña unha mascota

Todo aquel/a que estea interesado/a en participar debe deseñar ou debuxar a mascota que máis lle guste e poñerlle un nome.
O debuxo será en tamaño folio( DIN A4).
Os traballos presentados levarán o nome e o curso do alumno/a.

Haberá un agasallo para os 5 traballos finalistas que serán expostos na biblioteca. Entre eses traballos o alumnado deberá votar o que máis lle guste. O máis votado será o gañador. 

O traballo entregarase ao titor/a. O prazo de entrega na aula será ata o 30 de abril. 


  
     E para celebrar o día do libro,  na   semana do 23 dabril ,realizaremos 
 a actividade dos apadriñamentos lectores.