25 de mar. de 2019

Unha mascota para a Biblioteca

Estimados alumnos/as: 
Necesitamos a vosa colaboración para que a Biblioteca do cole teña unha mascota

Todo aquel/a que estea interesado/a en participar debe deseñar ou debuxar a mascota que máis lle guste e poñerlle un nome.
O debuxo será en tamaño folio( DIN A4).
Os traballos presentados levarán o nome e o curso do alumno/a.

Haberá un agasallo para os 5 traballos finalistas que serán expostos na biblioteca. Entre eses traballos o alumnado deberá votar o que máis lle guste. O máis votado será o gañador. 

O traballo entregarase ao titor/a. O prazo de entrega na aula será ata o 30 de abril. 


  
     E para celebrar o día do libro,  na   semana do 23 dabril ,realizaremos 
 a actividade dos apadriñamentos lectores. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario