9 de dec. de 2013

Contos de Nadal

Miguel Ángel recibindo o seu premio no Pazo da Cultura de Carballo.

A décima edición do certame de Contos de Nadal que organizan La Voz de Galicia e Radio Voz Bergantiños xa ten gañadores. Tras ler os máis de 211 orixinais presentados por alumnos de toda a Costa da Morte, os integrantes do xurado composto para avalialos decantouse para o segundo premio por Miguel Ángel Iglesias García (do colexio Eugenio López) coa obra  O último pobo do Nadal.

30 de set. de 2013

Recomendable ler

Empeza o curso conxugando 9 verbos ou mellor 10.
<<Llegó el momento más deseado del año: el inicio de curso. Se desborda el ansia de conocimiento, que decía Bertrand Russell en su maravillosa Autobiografía; las hormonas veraniegas apenas flotan como cenizas en el recuerdo, y no hay un solo estudiante que no se tire cada mañana de la cama como un loco en dirección al aula. Un desbordamiento de energía creativa al que la canícula nos había desacostumbrado inunda los centros educativos y los escritorios de los chicos. El todopoderoso WhatsApp se adormece unas cinco milésimas de segundo, Facebook cae sepultado en el olvido, los móviles ni suenan ni vibran, los ecos de Atenea se apoderan de las aulas y todo parece haber vuelto a su ser.
¿O me he equivocado de planeta?

Quizá sí, puede que no sea todo tan luminoso, aunque estoy convencido de que, en algunos casos, (casi) lo es. Pero tratemos de dar unas paletadas cromáticas que eleven el ánimo y nos empujen hacia delante.
Para empujar necesitamos acción y no hay palabras que expresen tanta acción como los verbos. Así que me dirigiré directamente a los jóvenes a través de vosotros para plantearles un reto: conjugar el inicio de curso con 9 verbos (o quizá 10), para lo cual se necesitan algunos momentos para reflexionar y también algunos folios en blanco...>>  
(Para seguir lendo, pincha na Ligazón de arriba).

2 de set. de 2013

Bicis en Fisterra



A organización da Volta a España tiña previsto para Fisterra algo máis que unha simple carreira profesional, e toda a intendencia mobilizada para atender ás figuras e promocionar as marcas que, en boa medida, pagan o espectáculo serviu tamén para darlles unha alegría aos estudantes de primaria dos municipios polos que pasaba a etapa. Así, os pequenos, coas camisetas promocionais da rolda e provistos de cascos e todos os elementos das figuras, incluídas as motos de control e as cámaras de televisión para gravalos, empregaron as súas bicicletas para dar o máximo no último quilómetro antes de alcanzar a chegada no Faro de Fisterra.
Entre os gañadores houbo tamén representantes da comarca como o ceense Nicolás Montesino, que venceu na primeira carreira, ou Ana Oca, unha das fillas do tenente de alcalde de Cee, Daniel Oca, que tamén quedou a primeira na súa serie.Con todo, os resultados eran un pouco o de menos, porque os escolares co gozaron dun xeito especial foi cos agasallos e coa posibilidade de subir ao mesmo podio que horas máis tarde ocuparían Dani Moreno, Vicenzo Nibali e o resto de destacados da rolda.
La Voz de Galicia, 29 de agosto 2013.

6 de xuño de 2013

"Mejora tu Escuela Pública"

Mejora tu escuela publica.es: Construccion dun mapa en relevo
No blogue de "Mejora tu Escuela Pública", no apartado de "Buenas Prácticas" publican información de como no CEIP Eugenio López, elaboramos os mapas en relevo da nosa zona. Este traballo foi feito  grazas ao alumnado de 6º do curso pasado.
 

31 de maio de 2013

29 de maio de 2013

Viaxe a Madrid

 Visita o noso blogue "Sexto, a fume de carozo"
Empezamos a viaxe  o día 6 de maio ás oito da mañá. Estabamos todos e todas un pouco nerviosos, con mariposas no estómago. Cando pasou un rato empezamos a facer barullo cos móbiles,  MP3 e cámaras de fotos. Paramos a comer en Tordesillas, nun parque a orillas do río Douro, un río moi  grande  no que había gansos e patos


16 de maio de 2013

14 de maio de 2013

Premios da Biblioteca Municipal de Cee

Premios da Biblioteca Municipal "Francisco Mayán" de Cee:
Do 2º ciclo de Primaria: tiveron accésit 
UXÍA PAZ CAAMAÑO e
ANA FERNÁNDEZ DE LARRINOA QUINTELA (3º A), 
PAULA PÉREZ TRILLO (4º B).
Premio do marcapáxinas: 
ALEXIA FARIÑA PÉREZ (5ºA)

7 de maio de 2013

Letras Galegas 2013

Chega o tempo de recordar aos nosos autores...de celebrar o Día das Letras Galegas.(Ver blog biblio )

8 de abr. de 2013

A nosa biblioteca arranca motores para recibir a ABRIL, MES DO LIBRO (ver blog )

                                                             



         





                                                    


   


2 de abr. de 2013


    PRESENTACION     DA    SOLICITUDE    DE    ADMISION

    DE   MATRICULA      2013/2014  ( para novo alumnado)

    Visite o blogue de Secretaría

   Do  venres  5  de ABRIL   ata  o 17 de ABRIL   

 Ø  Presentación da solicitude de admisión  :   Modelo Anexo II
     Entregarase no colexio que figura no 1º lugar




7 de mar. de 2013

O libro viaxeiro...en marcha

Así empezaron os de 4 anos A, cunha gran idea e unha preciosa ilustración, o libro viaxeiro,
iniciativa do Equipo de Dinamización Ling:uística

6 de mar. de 2013

Día da muller traballadora


María Pita
Entra en: 
Mulleres que fixeron historia
podes facer unha actividade ilustrada para coñecer algunhas mulleres que fixeron historia:
HIPATÍA DE ALEJANDRÍA
TRÓTULA DE SALERNO
MARÍA PITA
GRACE O´MALLEY
MARY WOLLSTONECRAFT
MARY SHELLEY
ADA BYRON

1 de mar. de 2013

Roteiro por Cee. Segundo ciclo

Pulsa aquí
Segundo ciclo,
Hoxe fixemos un pequeno roteiro pola Vila de Cee: rúas de Domingo de Andrade, Alameda, Magdalena, Rúa de Arriba, Praciña do Olvido.

28 de feb. de 2013

Cancha Junior

No programa Cancha Junior, do canal TVG2, emitido o pasado sábado, realizaron unha reportaxe sobre a proba de campo a través correspondente á fase provincial, celebrada en Acea da Ma, na que participaron tres alumnos do colexio: Carlos, Nicolás e Xan. No seguinte enlace podedes ver o vídeo íntegro do programa.

17 de feb. de 2013

El vendedor de humos

   
 Este video, conta as dificultades dun simpático vendedor ambulante por camelarse aos habitantes dun pobo adormecido. Unha historia sinxela e tenra que naceu da chuvia de ideas de 20 estudantes.

13 de feb. de 2013

Semana da Paz

Na semana da Paz os rapaces de todos os curso do noso centro fixemos una serie de lecturas seleccionadas polas compañeiras da biblioteca relacionadas ca solidaridade, a amistade, axuda, colaboración, ca superación do racismo e da discriminación entre os sexos.
Participaron dende os máis cativos que comezan a ler, ata os rapaces máis experimentados. Dende a nosa clase disfrutamos un motón con esta experiencia que agardamos ata o próximo ano que se volva a repetir.

 

10 de feb. de 2013

1 millón de tapóns para salvar a Lola

1 millón por dicir unha cifra. Fagan as súas contas, máis de 150 bolsas de 1 metro de diámetro cheas ata rebentar de tapóns de plástico, recollidas no Colexio Eugenio López para unha causa solidaria.
Xa realizaran esta actividade a través dun centro da Coruña, pero este ano, dende a ANPA Uxío decidiron facer esta colleita na casa. De contado, a sociedade ceense tomou o relevo da campaña: alumnos, pais, comercios, negocios de hostelería e ata os sanitarios do hospital fixérona propia. Durante os últimos meses estiveron recolectando cada tapón de plástico que pasaba polas súas mans para destinalos a unha boa causa.
Falamos de costear os tratamentos médicos de Lola, unha pequena coruñesa nada o 2 de decembro do 2008, que sofre unha grave enfermidade cerebral. Parte dos coidados que necesita para paliar as consecuencias da súa dolencia e minimizar o atraso psicomotor que sofre, non lles cobre a Seguridade Social, polo que a súa nai, Paula Faro, o resto da familia e un grupo cada vez máis numeroso de colaboradores están pelexando para conseguir o diñeiro necesario.
A este gran movemento solidario, que recolle as roscas de plástico para que unha empresa de reciclaxe llos pague á familia da pequena, sumáronse enseguida centenares de persoas en todo Cee, que desde que empezou a campaña ata onte cando trasladaron un furgón cheo de tapóns a unha parcela do polígono de Cambre, non pararon de colaborar.
Desde unha imprenta de Corcubion que fixo os carteis gratis ata unha mueblería de Cee que cedeu a súa camioneta de xeito totalmente desinteresada, foron ducias os establecementos e as persoas implicadas, entre eles moitos bares, comercios locais, os placeiros do mercado municipal e os traballadores do Virxe da Xunqueira.
Nestas fotos vemos por exemplo aos pequenos do Eugenio xunto cos avós de Lola, cargando os tapóns para levalos a reciclar. Os propios avós trouxeron mostra de en que se estaban convertindo esas inútiles roscas gracias á súa reutilización.
Ademais, aproveitando a viaxe ata A Coruña, os representantes do ANPA fixéronse cunhas caixas de cartón específicas para o reciclado de móbiles, que distribuirán próximamente.
Con estas iniciativas, separadamente de colaborar en causas altruístas que serven para axudar a familias no momento que máis o necesitan, os escolares, os seus pais e quen lles apoian logran evitar que se centenares de quilos de materiais reutilizables acaben no cubo do lixo.

8 de feb. de 2013

30 de xan. de 2013

Fase intercomarcal de campo a través

Neste enlace podedes acceder á sección "fai deporte", onde hai un artigo cos resultados da carreira de campo a través celebrada na Pobra do Caramiñal.

20 de xan. de 2013

" A teca dos libros" O blog da túa biblioteca





“ Hora de Ler “ é o lema do programa para o fomento da lectura, que a Consellería de Educación botara a andar a comezos de 2006. 
Pero é tamén o lema escollido por moitos centros de ensino de Galicia para referirse a ese tempo dedicado á lectura nas aulas, que se vai estendendo por centros de infantil, primaria… institutos, onde o profesorado pon a imaxinación a andar para tratar de facer visible a biblioteca no espazo educativo e poñer en valor o libro e a lectura entre os máis novos.