2 de set. de 2013

Bicis en Fisterra



A organización da Volta a España tiña previsto para Fisterra algo máis que unha simple carreira profesional, e toda a intendencia mobilizada para atender ás figuras e promocionar as marcas que, en boa medida, pagan o espectáculo serviu tamén para darlles unha alegría aos estudantes de primaria dos municipios polos que pasaba a etapa. Así, os pequenos, coas camisetas promocionais da rolda e provistos de cascos e todos os elementos das figuras, incluídas as motos de control e as cámaras de televisión para gravalos, empregaron as súas bicicletas para dar o máximo no último quilómetro antes de alcanzar a chegada no Faro de Fisterra.
Entre os gañadores houbo tamén representantes da comarca como o ceense Nicolás Montesino, que venceu na primeira carreira, ou Ana Oca, unha das fillas do tenente de alcalde de Cee, Daniel Oca, que tamén quedou a primeira na súa serie.Con todo, os resultados eran un pouco o de menos, porque os escolares co gozaron dun xeito especial foi cos agasallos e coa posibilidade de subir ao mesmo podio que horas máis tarde ocuparían Dani Moreno, Vicenzo Nibali e o resto de destacados da rolda.
La Voz de Galicia, 29 de agosto 2013.

Ningún comentario:

Publicar un comentario