30 de xuño de 2016

Carmen Grille Trillo.

Un total de 36 anos, que se di pronto, levaba a ceense da Pereiriña Carmen Grille Trillo pondo en marcha a vida formativa de miles de nenos da zona. Primeiro en Moraime, Corcubión e A Pereiriña e xa desde o 2000 no colexio Eugenio López. Por iso é polo que na comida de despedida que lle tributaron os seus compañeiros no Praia de Estorde désense cita medio centenar de docentes. Por suposto, houbo tempo para as anécdotas como cando ía ao instituto en bicicleta desde A Pereiriña a diario.

REMUÍÑO 2016

11 de xuño de 2016

O Mercadillo da Historia



@s Grandes Solidari@s das aulas de 5 anos

Os nenos e nenas das aulas de 5 anos despois de traballar en diferentes Proxectos sobre o paso da nosa Historia, quixemos organizar un Mercadillo Solidario coas manualidades feitas ó longo do curso. Estes traballos podíanse adquirir a través dun donativo libre.

O pasado 31 de Maio o Patio de Infantil foi o lugar escollido para desenvolver o Mercadillo da Historia.















Querémosvos dar as Grazas pola vosa Participación e Solidariedade.

O pasado 7 de Xuño os nenos e as nenas fixeron a entrega do diñeiro obtido ao Equipo Directivo de Cáritas para o Comedor Social de Cee.


Contamos como foi a experiencia

Entrega do cofre


Grazas


10 de xuño de 2016

Obras no Colexio

Educación destinará 1,3 millóns a reparar carencias en 27 centros. O delegado territorial desprazouse onte ao colexio ceense Eugenio López

10 de xuño de 2016. La Voz de Galicia.
Cee CEIP Eugenio López:  
Cuberta, fontanería, saneamento, cambio de caldeira, 83.193 euros.
"Na xornada de onte, o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, desprazouse precisamente ata o Eugenio López de Cee, un dos incluídos na lista de intervencións, para detallar as obras que alí se acometerán, e que pasan pola reforma da cuberta, a reforma de fontanería e saneamento e a substitución da caldeira, que nos últimos anos viña arranxándose de forma continua. Con Cabana, ademais do director do centro, Xosé Cañizo, estivo a exregidora ceense e edila popular, Zaira Rodríguez. «É unha noticia moi boa», valorou, recordando que, xa no seu tempo de goberno, emprendéronse algunhas melloras, como a instalación eléctrica ou os patios."

5 de xuño de 2016

Fantástico campamento: NORABOA para a ANPA!!!

CAMPAMENTO da ANPA UXÍO CEE
De volta a casa toca repoñer forzas para a recta final.....
Grazas  Juan Manuel Trillo Caamaño, Jorge Pose, Pedro Lema, Nino, Emilio Trillo, Manel García Leal (Protección civil de Cee) José Manuel Vega ( F. Ambuiberica), grazas por contar un ano mais ca vosa axuda incondicional !!!   (Montse Canosa)
Me uno a los agradecimientos de Montserrat Canosa Vigo, gracias por vuestro tiempo, por dedicarlo a nuestros niños, por todo lo que aprenden y aprendemos con vosotros, por vuestra ayuda, por hacer que un año mas haya valido la pena el esfuerzo, sin vosotros no seria posible. Orgullosa de pertenecer a este equipazo ANPA UXÍO CEE . Mil gracias a todos lo que estuvisteis al pie del cañón y a los q por motivos ajenos no pudieron  Alejandro Manuel Míguez Cruz el año que viene te esperamos (se te echo de menos a ti y a tu colegas🐕)