10 de xuño de 2016

Obras no Colexio

Educación destinará 1,3 millóns a reparar carencias en 27 centros. O delegado territorial desprazouse onte ao colexio ceense Eugenio López

10 de xuño de 2016. La Voz de Galicia.
Cee CEIP Eugenio López:  
Cuberta, fontanería, saneamento, cambio de caldeira, 83.193 euros.
"Na xornada de onte, o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, desprazouse precisamente ata o Eugenio López de Cee, un dos incluídos na lista de intervencións, para detallar as obras que alí se acometerán, e que pasan pola reforma da cuberta, a reforma de fontanería e saneamento e a substitución da caldeira, que nos últimos anos viña arranxándose de forma continua. Con Cabana, ademais do director do centro, Xosé Cañizo, estivo a exregidora ceense e edila popular, Zaira Rodríguez. «É unha noticia moi boa», valorou, recordando que, xa no seu tempo de goberno, emprendéronse algunhas melloras, como a instalación eléctrica ou os patios."

Ningún comentario:

Publicar un comentario