29 de xan. de 2019

Campionato intercomarcal de campo a través

Preme nos seguintes enlaces do blogue de educación física para acceder á información referenta á proba do campionato intercomarcal de cross escolar celebrado o pasado venres no campamento Virxe de Loreto de Porto do Son.

Fase intercomarcal de campo a través

Escolma de fotos cedidas pola ANPA

20 de xan. de 2019

Cancións para o día da PAZ


SIENTE LA PAZ (Música y letra: Unai Quirós)
Tengo mis dos ojos abiertos
para estar muy atento por si te puedo ayudar.
Tengo una nariz que respira
si me visita la ira para poderme calmar por dentro.
SIENTE LA PAZ, SIENTE LA PAZ
ABRAZANDO A TUS AMIGOS LA DESCUBRIRÁS.
SIENTE LA PAZ, SIENTE LA PAZ,
ESCUCHANDO LOS LATIDOS DEL CORAZÓN
TODOS ME SUENAN IGUAL.
Puedo por mi boca echar fuego
pero prefiero dar besos para sentirme mejor.
Tengo un corazón que se anima
con palabras bonitas y con gestos de amor sinceros.
SIENTE LA PAZ, SIENTE LA PAZ
ABRAZANDO A TUS AMIGOS LA DESCUBRIRÁS.
SIENTE LA PAZ, SIENTE LA PAZ,
ESCUCHANDO LOS LATIDOS DEL CORAZÓN
TODOS ME SUENAN IGUAL.
Siente, siente, siente la paz conmigo…
                                                   " Baile da paz" de mamá cabra 

13 de xan. de 2019

Jane Goodall, primatóloga

El mensaje de Jane Goodall a las niñas que quieren ser científicas 
Si de verdad quieres hacer algo, no te rindas.
Tenemos que aspirar a la igualdad.

12 de xan. de 2019

Mochilas viaxeiras


Este venres comenzou a actividade das mochilas viaxeiras , dirixidas a todo o alumnado de 2º, 3º e 4º curso.
Esta actividade está organizada polo equipo de biblioteca, co fin de fomentar a lectura en familia.
Non vos olvidedes de deixar o voso comentario, opinión ou  debuxo no caderno viaxeiro que vai dentro da mochila.

11 de xan. de 2019

Campo a través

Hoxe á mañá celebrouse en Cee a fase comarcal de campo a través. Tralas dúas datas aprazadas debido ao mal tempo, hoxe, cun pouco de frío á chegada, pero cun día espléndido disputáronse  as carreiras das distintas categorías masculina e feminina benxamin a cadete. Organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través do programa XOGADE preto de 900 nenos e nenas dos centros educativos e clubes de atletismos déronse cita no campo de fútbol San Paio de Refoxos en Cee. As entidades participantes foron as seguintes: CEIP Mar de Fóra e CPR Nosa Señora do Carme de Fisterra; CEIP Praia de Quenxe de Corcubión; CEIP Santa Eulalia de Dumbría; CEIP San Vicenzo e IES Terra de Soneira de Vimianzo; CEIP Virxe da Barca e CEIP Os Muíños de Muxía;  CEIP Canosa-Rus de Coristanco; CEIP de Baíñas; CPI Cabo da Area de Laxe; IES Pedra da Aguia de Camariñas; e por último a Agrupación Deportiva Olimpia, o CPR Manuela Rial Mouzo, o CEIP Eugenio López e o IES Agra de Raíces de Cee.
Comezaron as nenas de categoría benxamín feminino percorrendo unha distancia de 500 metros, cuns resultados excepcionais das cinco participantes do cole: Lucía, Paula, Helena Paz, Helena Otero e Beatriz, que acabaron na segunda praza por equipos e clasifican para a fase intercomarcal.


https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=3&uid=8458&mailbox=SU5CT1g&uniq=1547227100634

 A continuación foi o turno da categoría benxamín masculino, que realizou a mesma carreira que as nenas, e como non querían ser menos, os nenos tamén quedaron segundos clasificados por equipos e igualmente clasifican para a fase intercomarcal. Nesta proba Lois foi o vencedor. Os nenos participantes foron: Lois, Leo, Hugo, Raúl, Adrián e Sergio.


https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=4&uid=8458&mailbox=SU5CT1g&uniq=1547227344378

A seguinte carreira foi a de categoría alevín feminino, que debido a un erro na realización do percorrido, tiveron que repetir a proba, co cal acabaron bastante cansas. A distancia percorrida foi de 800 metros. Nesta categoría correron: Sheyla, Carla, Aldara, Sara, Paula,  Lucía, Laura, María, Ylenia, Helena, Ángela e Adriana. Destacar que Sheyla, sendo corredora alevín de primeiro ano quedou en séptima posición.


Na seguinte quenda os nenos alevins masculinos percorreron 1000 metros, e a medida que aumentan as distancias, aumenta o nivel dos corredores e nótase máis aqueles que practican atletismo ou outros deportes no que desarrollan a resistencia. Nesta proba participaron: Xabier, Pablo, Izan Rey, Yzan Caamaño, Marco, Xoel, Martín e Saúl.

A carreira de categoría infantil feminino foi unha das de maior participación, con 110 atletas. Do colexio acudiron á cita: María Luz, Sabela, Saray, Reyes e Sofía. Percorreron máis de 1000 metros  e dúas delas clasifican para a seguinte fase (Saray e María Luz).

E pecharon a participación do colexio Anxo, Unai, Sergio, Rubén, Roberto, David, Xián e Brais, de categoría infantil masculino. Neste caso a distancia percorrida foi de 1300 metros. O vencedor da proba foi Mauro (exalumno do cole). Como todos os rapaces o fixeron ben clasifican segundos por equipos para a fase intercomarcal.
Sinalar que tamén participaron nenos e nenas do colexio coa Agrupación Deportiva Olimpia, que como tódolos anos foi a que acadou os mellores resultados, clasificando equipos en tódalas probas e gañando moitas delas.

Queremos felicitar a tódolos nenos do cole que participaron tanto co colexio como con Olimpia, asi como o resto de alumnado participante dos outros centros educativos da comarca polo seu esforzo, a ilusión coa que compiten e o ben que o pasan e nolo fan pasar.