11 de xan. de 2019

Campo a través

Hoxe á mañá celebrouse en Cee a fase comarcal de campo a través. Tralas dúas datas aprazadas debido ao mal tempo, hoxe, cun pouco de frío á chegada, pero cun día espléndido disputáronse  as carreiras das distintas categorías masculina e feminina benxamin a cadete. Organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través do programa XOGADE preto de 900 nenos e nenas dos centros educativos e clubes de atletismos déronse cita no campo de fútbol San Paio de Refoxos en Cee. As entidades participantes foron as seguintes: CEIP Mar de Fóra e CPR Nosa Señora do Carme de Fisterra; CEIP Praia de Quenxe de Corcubión; CEIP Santa Eulalia de Dumbría; CEIP San Vicenzo e IES Terra de Soneira de Vimianzo; CEIP Virxe da Barca e CEIP Os Muíños de Muxía;  CEIP Canosa-Rus de Coristanco; CEIP de Baíñas; CPI Cabo da Area de Laxe; IES Pedra da Aguia de Camariñas; e por último a Agrupación Deportiva Olimpia, o CPR Manuela Rial Mouzo, o CEIP Eugenio López e o IES Agra de Raíces de Cee.
Comezaron as nenas de categoría benxamín feminino percorrendo unha distancia de 500 metros, cuns resultados excepcionais das cinco participantes do cole: Lucía, Paula, Helena Paz, Helena Otero e Beatriz, que acabaron na segunda praza por equipos e clasifican para a fase intercomarcal.


https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=3&uid=8458&mailbox=SU5CT1g&uniq=1547227100634

 A continuación foi o turno da categoría benxamín masculino, que realizou a mesma carreira que as nenas, e como non querían ser menos, os nenos tamén quedaron segundos clasificados por equipos e igualmente clasifican para a fase intercomarcal. Nesta proba Lois foi o vencedor. Os nenos participantes foron: Lois, Leo, Hugo, Raúl, Adrián e Sergio.


https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=4&uid=8458&mailbox=SU5CT1g&uniq=1547227344378

A seguinte carreira foi a de categoría alevín feminino, que debido a un erro na realización do percorrido, tiveron que repetir a proba, co cal acabaron bastante cansas. A distancia percorrida foi de 800 metros. Nesta categoría correron: Sheyla, Carla, Aldara, Sara, Paula,  Lucía, Laura, María, Ylenia, Helena, Ángela e Adriana. Destacar que Sheyla, sendo corredora alevín de primeiro ano quedou en séptima posición.


Na seguinte quenda os nenos alevins masculinos percorreron 1000 metros, e a medida que aumentan as distancias, aumenta o nivel dos corredores e nótase máis aqueles que practican atletismo ou outros deportes no que desarrollan a resistencia. Nesta proba participaron: Xabier, Pablo, Izan Rey, Yzan Caamaño, Marco, Xoel, Martín e Saúl.

A carreira de categoría infantil feminino foi unha das de maior participación, con 110 atletas. Do colexio acudiron á cita: María Luz, Sabela, Saray, Reyes e Sofía. Percorreron máis de 1000 metros  e dúas delas clasifican para a seguinte fase (Saray e María Luz).

E pecharon a participación do colexio Anxo, Unai, Sergio, Rubén, Roberto, David, Xián e Brais, de categoría infantil masculino. Neste caso a distancia percorrida foi de 1300 metros. O vencedor da proba foi Mauro (exalumno do cole). Como todos os rapaces o fixeron ben clasifican segundos por equipos para a fase intercomarcal.
Sinalar que tamén participaron nenos e nenas do colexio coa Agrupación Deportiva Olimpia, que como tódolos anos foi a que acadou os mellores resultados, clasificando equipos en tódalas probas e gañando moitas delas.

Queremos felicitar a tódolos nenos do cole que participaron tanto co colexio como con Olimpia, asi como o resto de alumnado participante dos outros centros educativos da comarca polo seu esforzo, a ilusión coa que compiten e o ben que o pasan e nolo fan pasar.






Ningún comentario:

Publicar un comentario