21 de dec. de 2017


O Tele Noticiario, a nova aventura audiovisual dos  iutubers do Eugenio López

21 Dic 2017Redacción

Impresionados quedamos co traballo audiovisual dos xa famosos “iutubers” do CEIP Eugenio López. O colexio ceés non para de facer accións relacionadas co mundo da creatividade audiovisual, e este ano abre un novo proxecto: o “Tele Noticiario”.
Coa intención de facer un “Tele Noticiario” semanal, xa levan 5 programas dende que comezou o mes de nadal. Cómpre destacar que a redacción e gravacións son completamente feitas polo alumnado, o que dá conta da canteira que temos na volta.
O “Tele Noticiario” conta con diferentes seccións como: As noticias, Libro recomendado, deportes e o tempo.
Así que sen máis, deixásmovos coas novas dos noso peque-xornalistas, https://quepasanacosta.gal/o-tele-noticiario-a-nova-aventura-audiovisual-dos-iutubers-do-eugenio-lopez/
MOITÍSIMAS GRAZAS A  QUE PASA NA COSTA!!!

Comida nadal2017


Comida nadal 2017

19 de dec. de 2017

NOVA EMISIÓN CONCURSO "COMA UN ALLO"

AVISO IMPORTANTE
O equipo directivo comunica que, según novos cambios na programación de Nadal da Televisión de Galicia, a emisión do concurso "Coma un allo" no que participan os/as nenos/as de 4º EP e 5º EP deste centro educativo será o venres 29 de decembro, o martes 2, o mércores 3, o xoves 4 e o venres 5 de xaneiro de 2018 na TVG dende as 15:50 h. ata as 16:20 h.

17 de dec. de 2017

Bo nadal

 Dende o equipo de Biblioteca queremos comunicar que o último día para solicitar ou devolver libros este trimestre será o mércores 20 de decembro.
Pronto entregaremos a guía con recomendacións de lecturas para o Nadal. 
Tamén podes ver a guía no blogue da Biblioteca


   

13 de dec. de 2017

EMISIÓN DO CONCURSO "COMA UN ALLO"


Resultado de imaxes para coma un allo

O equipo directivo comunica que a emisión do concurso "Coma un allo" no que participaron os/as nenos/as de 4º EP e 5º EP deste centro educativo será dende o luns, 1 ata o venres, 5 de xaneiro de 2018 na TVG dende as 15:50 h. ata as 16:20 h.

Fotos con Püssa


                 


                                                                   
                                         




10 de dec. de 2017

RECICLAXE

O 22 de novembro o alumnado de 1º a 4 curso asistiu a un taller de reciclaxe de tapóns de plástico.
Visitounos a mascota Püssa. Neste taller explicáronnos que ademáis de cuidar o planeta
se reciclamos tamén estamos axudando a outras persoas que o necesitan.
Reciclar tamén pode ter un fin social.
E cos tapóns reciclados podemos facer manualidades moi interesantes e divertidas.
En breve publicaremos as fotos do taller .

Tamén colocamos na entrada do colexio unha caixa para depositar os cartuchos vacíos de tinta .




 Da vida ao noso planeta!     RECICLA!!




5 de dec. de 2017

Comarcal de campo a través

Hoxe, un ano máis, e tal e como vén sendo habitual nos últimos anos, tivo lugar no campo de fútbol de San Paio de Refoxos de Cee a proba correspondente á fase comarcal de campo a través, cunha participación de máis de 900 nenos de idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.As entidades participantes foron as seguintes: o colexios Eugenio López e Manuela Rial asi coma o IES Agra de Raíces e a Asociación Deportiva Olimpia de Cee; o CEIP Santa Eulalia de Dumbría; o CEIP Praia de Quenxe de Corcubión; os colexios Mar de Fóra e Nosa Señora do Carme de Fisterra; o CEIP Virxe da Barca de Muxía; o CEIP San Vicenzo e o IES Terra de Soneira de Vimianzo; o CEIP de Baíñas; o CPI Cabo da Area de Laxe; o CEIP Canosa-Rus e o CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco; o CEIP Ramón Otero Pedrayo de Laracha e o IES Pedra da Aguia de Camariñas.
Estuvo un día fabuloso para a práctica deportiva e foi unha xornada lúdica na que os nenos e nenas puideron disfrutar dunha competición que sempre lles motiva moito. Do noso centro participaron 48 alumnos do colexio, ademais de máis alumnos do centro que adestran e compiten coa Asociación Deportiva Olimpia, que un ano máis volveu a poñer de manifesto o nivel dos seus compoñentes gañando e clasificando equipos na maioría das categorías e que reflexa o bo traballo realizado polo seu adestrador Jorge Lariño, sen deixar de lado o esforzo dos atletas.
Nós participamos con alumnos de categorías benxamín, alevín e infantil. Na categoría benxamín, tanto masculino coma feminino percorreron unha distancia de 500 metros. Como é a primeira vez que participan, tiveron a posibilidade de enfrontarse a outros nenos e nenas da súa mesma idade e ver cal é realmente o nivel que teñen eles mesmos, e tamén o resto de participantes. Logo foi o turno para as nenas de categoría alevín feminino, que percorreron 600 metros, continuando cos nenos da mesma categoría que percorreron 800 metros. Os últimos participantes do colexio foron os de categoría infantil percorrendo 800 metros en categoría feminina e 1.200 metros en categoría masculina. Nesta última categoría resúltalles máis complicado competir e acadar bos postos dado que compiten con outros nenos e nenas un ano maiores que eles.
O máis importante de todo e o que máis nos gusta ós mestres de educación física do cole é que todos o pasaron ben, que o fixeron o mellor que foron capaces e que o seu comportamento foi bo. Muitos dos nosos alumnos contaron ademais co apoio das súas familias que acudiron ó campo a velos e darlles ánimos. Noraboa a tódolos nosos alumnos pola carreira realizada.

1 de dec. de 2017

Coma un allo. TVG

Xián, 
Antón, 
Anxo, 
Uxía 

Iris 
de 4º e 5º
estiveron onte gravando no programa da TVG,
COMA UN ALLO

A emisión será dentro duns días.
Avisaremos da data.