22 de nov. de 2017

Pasos pola igualdade






      No  Ceip Eugenio López estos
días pisamos dun xeito diferente.
Porque os nosos pasos , que
son moitos, queren  fomentar 
a igualdade e a coeducación.






Que pasa na costa preme    “Máis boas cás patacas”, a banda de Teo que conseguiu co seu tema “Son muller” gañar o concurso “Quero Cantar” da área de Cultura da Deputación da Coruña. Na súa canción “Son muller”, as oito mozas de Teo, estudantes do IES de Cacheiras  reivindican os dereitos e a igualdade para as mulleres.

ALERTA LARANXA DURANTE O MÉRCORES, 22 DE NOVEMBRO DE 2017

Alerta laranxa por refachos de vento de ata 100/km durante o 22 de novembro na provincia da Coruña e mariña de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, dende as 9 horas en adiante (aproximadamente) do mércores 22 de novembro de 2017, por refachos de vento de ata 100km/h que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña e da Mariña de Lugo.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 9.00h das instalacións do centro escolar destas zonas afectadas, con seguimento das condicións climáticas.
Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares.
A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) 

19 de nov. de 2017

PLAN PROXECTA CURSO 2017/18




Foron concedidos para o noso centro 2 plans proxecta:
 2- CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES ( proxecto deportivo de centro)
10- DONAS DE SI ( ámbito igualdade)

Publícase a listaxe provisional dos proxectos admitidos en cada programa educativo no Plan Proxecta durante o curso 2017/18.    máis información

13 de nov. de 2017

XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A  Federación Provincial de ANPAS  Costa da Morte e a confederación de ANPAS Galegas, organiza durante os días 23, 24 e 25 de novembro unhas "Xornadas sobre a Atención á Diversidade " nas que poderán participar tanto pais e nais de alumnos como profesorado ou calquer persoa interesada
O Profesorado que participe, poderá apuntarse tamén a través do CEFORE co código C1702025 e terá un recoñecemento en horas.    mais información

1 de nov. de 2017

Xornadas de atención á diversidade


Xornadas de atención á diversidade


Informamos a toda a comunidade educativa que a Federación Provincial de ANPAS  Costa da Morte e a confederación de ANPAS Galegas, organiza durante os días 23, 24 e 25 de novembro unhas "Xornadas sobre a Atención á Diversidade " nas que poderán participar tanto pais e nais de alumnos como profesorado ou calquer persoa interesada.
Terás ao teu dispor servizo gratuíto de ludoteca, canguraxe, cátering...

O Profesorado que participe, poderá apuntarse tamén a través do CEFORE e terá un recoñecemento en horas.    mais información