28 de xan. de 2017

Intercomarcal de campo a través

Onte celebrouse en Outes, no parque Horta do Muíño, a proba correspondente á fase intercomarcal de campo a través, coa participación de 25 alumnos do colexio entre os que participan co cole e coa agrupación Olimpia.
A xornada estivo marcada pola persistente chuvia, que se ben non foi mui intensa, non parou en ningún momento da competición. Isto supuxo unha verdadeira dificultade para os atletas, porque o chan estaba completamente encharcado ó comezar e a medida que iban transcurrindo as carreiras, todo quedou completamente embarrado e os esvaróns e caídas sucedéronse. Foi o único negativo, porque de estar bo día o lugar era moi adecuado para practicar este deporte.
Comezaron competindo as nenas de categoría alevín feminino que percorreron 500 m. de distancia, onde corría Eire, de Olimpia, quedando clasificada xunto coas súas compañeiras no 2º posto por equipos.
A continuación foi o turno dos nenos da mesma categoría co mesmo percorrido, un equipo formado por Aimar, Álex, Mateo, Xabier e Yzan. Unha mala saída onde quedaron un pouco rezagados impediulles acadar mellores posicións porque nunha distancia tan curta (500 m.) e sen apenas recorrido recto resulta complicado escalar posicións. Ainda asi fixérono moi ben.
Na proba alevín feminino participaron Carla, co cole; e Antía, Aroa, Candela, Noa e Sonia, con Olimpia e percorreron unha distancia de 600 m.Todas fixeron moi boa carreira e neste caso as nenas de Olimpia quedaron clasificadas no 1º posto por equipos.
Despois foi o turno dos nenos alevíns e o equipo estaba formado por Antón, David, Iván Blanco, Iván Villar, Mauro e Xián. O percorrido foi de 800 m. e as condicións do terreo continuaban empeorando. Neste caso tamén o fixeron moi ben, quedando nos primeiros postos, e Iván Blanco, como 8º clasificado individual participará na proba provincial.
As últimas participantes do colexio foron as nenas do equipo infantil feminino formado por Nerea, Noa e Pamela, que percorreron tamén 800 m. As tres quedaron ben clasificadas, arredor do posto 20.
Nesta fase o nivel increméntase moito con respecto á fase comarcal, e aínda asi todos e todas as participantes o fixeron moi ben e puideron medir o seu nivel contra nenos doutros colexios e de clubes de atletismo. Polo tanto noraboa a todos e a todas.
No referente á nosa vila, había moitos participantes: de Olimpia, do colexio Manuela Rial e do noso colexio. E das tres entidades houbo algún clasificado, e de feito o clube Olimpia foi o que sobresaiu entre a totalidade de entidades participantes. 




18 de xan. de 2017

XORNADA ÚNICA

Hoxe pola tarde vanse celebrar Claustro e Consello Escolar extraordinarios con motivo da votación da proposta da xornada única. Deste xeito, iníciase o proceso da xornada única solicitada pola AMPA Uxío. O calendario para a votación da XORNADA ÚNICA é o seguinte:

Mércores, 18 de xaneiro: votación Claustro e Consello Escolar.
    O Claustro e o Consello Escolar APROBARON A PETICIÓN DE XORNADA ÚNICA.
Venres, 20 de xaneiro: publicación do Plan específico de actividades extraescolares.
    Actividades extraescolares previstas, pola ANPA, para a xornada única:
Deseño de moda, costura, manualidades, Canto coral, judo, pimpón, inglés, francés, alemán, informática, clases de apoio.(Faltan propostas por concretar).
Mércores, 1 de febreiro: exposición do censo electoral, durante 10 días.
Do luns 13, ao venres, 17 de febreiro: reclamacións do censo electoral.
Martes, 14 de febreiro: sorteo público da mesa electoral.
Martes, 21 DE FEBREIRO: votación nais e pais ou titores legais dende as 9:30 h. ata as 20:00 h.
SÓ PODE VOTAR UNHA PERSOA POR FAMILIA. (É preciso a identificación co DNI ou outro documento análogo).