22 de mar. de 2012

Día da poesía

Silvia Castro coa Concelleira Dª Mabel Fernández
Carme Ayala le a súa poesía
Con Darío Miranda, 2º premio. Noraboa Darío
CONCELLO DE CEE: V CONCURSO DE POESÍA: MULLERES DO NOSO TEMPO.22/03/2012 -
Fallado o V Concurso de poesía: "Mulleres do noso tempo". As persoas gañadoras son:

Silvia Castro e Carme Ayala
1º Premio: SILVIA CASTRO GARCÍA coa poesía: "As mulleres de hoxe en día". Premio 200€. (Alumna do CEIP Eugenio López de Cee.)
2º Premio: DARIO MIRANDA PASTORIZA coa poesía "Erguereime". Premio 150€. (Alumno do IES Maximino Romero Lema de Baio.)
3º Premio: CARME AYALA LAGO coa poesía: "Se os seus ollos...". Premio 100€. (Alumna do CEIP Eugenio López de Cee.)

Os premios serán entregados o día 28 ás 18:00h no Salón de Plenos do Concello pola Concelleira de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego Mª Isabel Fernández Durán. ESTADES TODOS E TODAS CONVIDADOS AO ACTO!


O Colectivo Sete+Tres
e o Colectivo Cinco+Cinco,
de 6º A recitan os seus propios poemas.
O 21 de marzo,
 dende as dez da mañá
ata as cinco da tarde,
poesía sen pausa

17 de mar. de 2012

"Axuda a usuarios"


A orixe dos servizos de axuda a usuarios está na Idade Media.Os monxes o iniciaron, e segue coa mesma filosofia ata os nosos días.

16 de mar. de 2012

Día Mundial da Poesía

O vindeiro mércores 21 de Marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Para conmemoralo o equipo de Dinamización  da Biblioteca organizou un maratón poético na biblioteca que durará toda a xornada lectiva deste día. En sesións de 15 minutos de duración, acudirán como oíntes tódolos grupos do colexio, tanto de Educación Infantil coma de Primaria, para escoitar poemas que lerán ou recitarán alumnos doutros cursos, persoal non docente e mestres.

Baile deportivo

Esta semana recibímola visita de Graciela, que veu ensinar baile deportivo aos nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

En primeiro lugar, na biblioteca, tódolos cursos viron un vídeo sobre a evolución do baile deportivo, as súas modalidades, categorías; asi coma outros tipos de baile existentes e que non se inclúen dentro desta modalidade que é a de maior importancia.
Logo viña a parte práctica, onde Graciela ensinaba os pasos a nenos e nenas, primeiro por separado,e logo para bailar en parella. Tódolos grupos practicaron samba e jive, e incluso algún practicou cha-cha-cha. Varios alumnos do colexio practican baile con Graciela, porque da clase en Arte e Movemento e notábanse as súas dotes, destacando sobre os demais. Pero foi unha actividade que lles gustou moito a todos.

Agradecemos a Graciela a súa visita polo ben que nos ensinou e como transmite o seu gusto polo baile aos alumnos.

 As fotografías son dos alumnos e alumnas de 6º de Primaria

14 de mar. de 2012

Visita d@s alumn@s de 6ºB ao Porto de Brens

O día 5 marzo de 2012 o alumnado de 6ºB fomos visitar a ampliación do Porto de Brens.


No percorrido vimos o Río Grande, a " Praia da Concha de Cee": din que se chama así porque é a imitación da Praia da Concha de San Sebastián."
Seguimos camiñando e pasamos polos antigos astilleros da S.I.C.A.R
Mais adiante atopámonos coa Depuradora de Cee E.D.A.R.

 


Ao chegar ó Porto, Eva, a policía portuaria guiounos polas instalacións.


Díxonos que había 5 zonas de atraque:
1º Madeira
2º Caolín 
3º Carga e Descarga
4º Manganeso 
5º En remodelación

Vimos o mercante WU CHANG HAI que mide 169 metros de eslora e foi escoltado por dous remolcadores: O Gaudí e O Roque S.

 

O capitán chámase Xu Jing Xiang e é natural de China, así como a súa tripulación.

O barco procedía de Sudáfrica e contiña 25.000 toneladas de manganeso para FerroAtlántica, das cales 9.000 serán enviadas para outra fábrica da mesma empresa en Monzón (Huesca).


Tamén vimos como cargaban madeira de eucalipto da zona, con destino a unha fábrica de celulosa.
Así mesmo, estaban pendentes de carga diversos materiais de construcción con destino a Mauritania.

Para finalizar a nosa visita, nos acercamos ata a instalación da nova grúa, cunha maquinaria procedente de Alemania de 360 toneladas de peso fronte as 40 da anterior; o que permite mover ata 80 toneladas dun viaxe ata 46 metros de distancia.



Para rematar, tras despedirnos de Eva fixemos estas fotos para recordar esta visita e voltamos a escola.

Pasámolo moi ben e aprendemos moito!!!!!!!!!!!!!

MOITAS GRAZAS EVA.