14 de mar. de 2012

Visita d@s alumn@s de 6ºB ao Porto de Brens

O día 5 marzo de 2012 o alumnado de 6ºB fomos visitar a ampliación do Porto de Brens.


No percorrido vimos o Río Grande, a " Praia da Concha de Cee": din que se chama así porque é a imitación da Praia da Concha de San Sebastián."
Seguimos camiñando e pasamos polos antigos astilleros da S.I.C.A.R
Mais adiante atopámonos coa Depuradora de Cee E.D.A.R.

 


Ao chegar ó Porto, Eva, a policía portuaria guiounos polas instalacións.


Díxonos que había 5 zonas de atraque:
1º Madeira
2º Caolín 
3º Carga e Descarga
4º Manganeso 
5º En remodelación

Vimos o mercante WU CHANG HAI que mide 169 metros de eslora e foi escoltado por dous remolcadores: O Gaudí e O Roque S.

 

O capitán chámase Xu Jing Xiang e é natural de China, así como a súa tripulación.

O barco procedía de Sudáfrica e contiña 25.000 toneladas de manganeso para FerroAtlántica, das cales 9.000 serán enviadas para outra fábrica da mesma empresa en Monzón (Huesca).


Tamén vimos como cargaban madeira de eucalipto da zona, con destino a unha fábrica de celulosa.
Así mesmo, estaban pendentes de carga diversos materiais de construcción con destino a Mauritania.

Para finalizar a nosa visita, nos acercamos ata a instalación da nova grúa, cunha maquinaria procedente de Alemania de 360 toneladas de peso fronte as 40 da anterior; o que permite mover ata 80 toneladas dun viaxe ata 46 metros de distancia.



Para rematar, tras despedirnos de Eva fixemos estas fotos para recordar esta visita e voltamos a escola.

Pasámolo moi ben e aprendemos moito!!!!!!!!!!!!!

MOITAS GRAZAS EVA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario